Winterthur
| Winterthur | |
|---|---|
| Situación | |
| País | |
| Cantón | |
| Distrito | Winterthur |
| Nome | |
| Nome oficial | Winterthur |
| Francés | Winterthour |
| Italiano | Winterthur |
| Romanche | Winterthur |
| Xeografía | |
| Superficie | 67,93 km2 |
| Altitude • Máxima • Mínima |
439 m 687 m (Hulmen) 393 m (Kläranlage Hard) |
| Poboación | |
| Poboación | 101.203 (2010) |
| Densidade | 1.490 hab/km2 |
| Lingua | Alemán |
| Información | |
| Código postal | 8400 |
| Alcalde | Ernst Wohlwend (SPS) |
| Sitio na web | www.stadt-winterthur.ch |
Winterthur é unha cidade suíza situada no cantón de Zúric, ao norte do país. Con 101.203 habitantes, é a sexta cidade da Confederación por volume de poboación. Chamada abreviadamente polos seus habitantes Winti, hoxe Winterthur é unha cidade de servizos e un importante centro da industria de alta tecnoloxía.
Índice |
Xeografía [editar]
Situada a unha altitude media de 439 metros, Winterthur aséntase nas marxes sur e leste do río Töss. Outro río, o Eulach transcorre tamén pola cidade, motivo polo cal Winti recibe o nome de Cidade do Eulach. A cidade de Zúric está a tan só 30 kms en dirección suroeste.
Historia [editar]
A historia de Winterthur principia co asentamento romano de Vitudurum. As primeiras edificacións da cidade propiamente dita datan do século VII, e xa no XI era unha cidade amurallada con foxo e torres. No século XIII os Habsburgo adquiriron a vila, pertencendo aos seus dominios ata o ano 1467.
Foi o escenario da batalla homónima en 1799 entre Francia e Austria, no contexto das guerras revolucionarias francesas. Golpeada duramente pola Gran Depresión nos anos 30, Winterthur recuperou o seu pulo económico tras a Segunda Guerra Mundial.
Cultura [editar]
A Orquestra de Winterthur (Orchester Musikkollegium Winterthur), a máis vella orquestra de música clásica suíza fundada en 1875, posúe unha recoñecida traxectoria. En 1989 a cidade recibiu o Premio Wakker en recoñecemento pola súa posta en valor e preservación do patrimonio arquitectónico.
O Museo de Arte de Winterthur (Kunstmuseum Winterthur) é o máis importante da cidade. As súas exposicións son de arte comtemporánea, dende o Impresionismo ata os nosos días. Entre as súas pezas atópanse obras de Claude Monet, Paul Cézanne, Vincent van Gogh ou Pablo Picasso.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Listaxe | Cidade | Cantón | Pob. | Listaxe | Cidade | Cantón | Listaxe | Zúric Xenebra Basilea |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Zúric | Zúric | 372.047 | 11 | Thun | Berna | 42.330 | |
| 2 | Xenebra | Xenebra | 191.415 | 12 | Köniz | Berna | 38.793 | |
| 3 | Basilea | Basilea-Cidade | 169.019 | 13 | La Chaux-de-Fonds | Neuchâtel | 37.523 | |
| 4 | Lausana | Vaud | 133.280 | 14 | Schaffhausen | Schaffhausen | 34.587 | |
| 5 | Berna | Berna | 123.466 | 14 | Friburgo | Friburgo | 34.490 | |
| 6 | Winterthur | Zúric | 101.203 | 16 | Vernier | Xenebra | 33.517 | |
| 7 | San Galo | San Galo | 72.642 | 17 | Coira | Grisóns | 33.377 | |
| 8 | Lucerna | Lucerna | 59.509 | 18 | Neuchâtel | Neuchâtel | 32.770 | |
| 9 | Lugano | Tesino | 55.060 | 19 | Uster | Zúric | 32.285 | |
| 10 | Biel/Bienne | Berna | 50.455 | 20 | Sion | Valais | 29.718 | |
| Censo 2010 | ||||||||