Aarau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cidade vella de Aarau

Aarau, cidade de Suíza (15.600 habitantes no 2004), capital do cantón de Argovia, na ribeira do río Aar. Fundada no 1415 como fortaleza de Berna.
Foi capital da República Helvética do 22 de maio ao 20 de setembro de 1798.
A súa economía baséase na industria téxtil, na fabricación de instrumentos de precisión e de produtos químicos e alimenticios.
A maioría da poboación é de fala alemá (85%), hai minorías de lingua serbiocroata e italiana.
A relixión protestante (43.5%) é a maioritaria, con minorías de católicos (29.2%), musulmáns (4.8%), ortodoxos (3.2%).
A biblioteca cantonal contén valiosos manuscritos procedentes dos mosteiros suprimidos no cantón durante a Reforma Protestante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aarau