Paul Ehrlich

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Ehrlich

Paul Ehrlich, nado en Strehlen, Silesia, hoxe chamado Strzelin, localizado en Polonia, o 14 de marzo de 1854 e finado en Hamburgo o 20 de agosto de 1915, foi un eminente bacteriólogo alemán, gañador do premio Nobel de Medicina en 1908, premio compartido co ruso Ilya Mechnikov en recoñecemento ao traballo de ambos os dous no terreo da química inmunolóxica.