Pedro Martínez de la Rosa
Atención: Este artigo precisa dun traballo de revisión.
|
| Pedro Martínez de la Rosa | |
|---|---|
| Carreira na Fórmula 1 | |
| Nacionalidade | |
| Monopraza número | 22 |
| Escudería actual | Hispania |
| Escudería no 2013 | Hispania |
| Grandes Premios disputados | 87 (86 saidas) |
| Campionatos | 0 |
| Vitorias | 0 |
| Podios | 1 |
| Pole positions | 0 |
| Voltas rápidas | 1 |
| Primeiro Grand Prix | Gran Premio de Australia de 1999 |
| Posición no 2012 | |
| editar | |
Pedro Martínez de la Rosa (nado o 24 de febreiro de 1971) é un piloto de Fórmula Un que participou en 87 Grandes Premios cos equipos Arrows, Jaguar , McLaren e Sauber, debutou o 7 de marzo de 1999, converténdose nun dos poucos pilotos que anotaron un punto na súa primeira carreira. Leva un total de 35 puntos no campionato, que inclúe un podio no Gran Premio de Hungría de 2006.
O 21 de novembro de 2011, anunciouse que De la Rosa asinou un contrato de dous anos para pilotar co equipo HRT F1.[1]
Índice |
[editar] Inicios
De la Rosa naceu en Cardedeu, Cataluña, España, e, a diferenza da maioría dos pilotos, comezou a súa carreira en coches de radio-control, desde os 12 ata os 16 anos, acadando o subcampionato do mundo de radiocontrol e dúas veces campionato de Europa na especialidade de todo terreo. En 1988 o su pai comproulle un kart e empezou a competir con el gañando campionatos locais e finalmente o de Cataluña. En 1987 preséntase en España unha nova categoría de iniciación nos monoprazas, a Formula Fiat. Aproveitando o certame, a Real Federación Española de Automovilismo promoveu a formación de novos pilotos no mundo do motor. O obxectivo era establecer unha ponte entre o karting e as categorías superiores. A tutela da Federación e o soporte duns cantos patrocinadores fixeron posible o proxecto e Pedro Martínez de la Rosa foi escollido naquel programa de formación de pilotos chamado "Ofensiva Uno / Racing for Spain" proclamándose un ano máis tarde campión de España coa escudería Meycom, logrando 2 vitorias e tres podiums en 7 carreiras con monoprazas Fiat.
[editar] O proxecto "Racing for Spain"
Nos seguintes anos participou co Racing for Spain en máis campionatos nacionais, sendo campión en 1990 da Fórmula Ford 1600 coa escudería "Minister International", logrando 8 vitorias e un podio en 10 carreiras. Tamén corre nesta mesma categoría, pero na edición inglesa, na cal logra 2 podios en 6 carreras. A súa vez, é finalista no Formula Ford Festival (Brands Hatch) equivalente a Copa do Mundo de Fórmula Ford.
En 1991 compite no Campionato de España, fórmula Renault, outra vez baixo a plataforma Racing for Spain da Real Federación Española de Automovilismo. Logra 3 podios en 10 carreras e a cuarta posición final do campionato.
En 1992, Martínez de la Rosa trasládase a Gran Bretaña para competir na Fórmula Renault Británica, repetindo a mesma escudería que en anos anteriores. Neste caso logra 3 vitorias e 4 podios en 14 carreiras, co que logra a clasificación xeral. A súa vez compite na European Formula Renault Series, logrando 2 vitorias de 3 carreiras, e o campionato; finalmente álzase co "Privilege Formula 3 Festival".
En 1993 pasa á Fórmula 3 Británica, outra vez baixo a plataforma Racing for Spain, pero coa escudería "West Surrey Racing". Logra 3 podios sobre 17 carreras, e un sexto lugar na clasificación final. En 1994 continúa na Fórmula 3 Británica, e coa mesma escudería, pero non logra ningún resultado no campionato a excepción dunha pole no circuíto de Donington. Ó mesmo tempo, traballa no programa oficial de desenvolvemento de motores Renault.
[editar] A aventura xaponesa
En 1995 abandona a plataforma "Racing for Spain" e viaxa a Xapón competindo na All-Japan Formula 3 Championship, co equipo Toyota Team Tom´s. Logra 8 carreiras e un segundo posto de 9 carreiras, proclamándose campión absoluto a falta dun 40% das carreiras. Tamén compite na FIA F-3000 World Cup en Macao conseguindo un terceiro posto nesta, a súa primeira participación.
En 1996 entra na Fórmula Nippon F-3000, coa escudería Shionogi-Nova, logrando unha segunda praza e 6 puntuacións (entre os 6 primeiros), quedando oitavo no campionato. Á súa vez compite no All-Japan GT Championship, con Toyota Teram Tom´s, logrando 2 terceiros e un oitavo final que lle significaron un oitavo na xeral (sobre 6 carreiras + testing). Volve a competir na FIA F-3 World Cup de Macao con un 7º puesto, esta vez con Paul Stewart Racing.
En 1997 afiánzase coa vitoria na Fórmula Nippon F-3000, a pesar de repetir escudería. Logra 4 poles, 3 vueltas rápidas, 6 vitorias, 3 segundos postos e un terceiro en 10 carreiras, logrando a vitoria final a falta de 3 carreiras. Tamén gaña a All-Japan GT Championship, con Toyota Team Tom´s, logrando 2 poles, unha volta rápida, 2 vitorias, un segundo posto e outro terceiro sobre 6 carreiras + testing. É aquí onde empeza a xurdir a súa rivalidade con Ralf Schumacher, o cal recibía un trato preferente dada a exitosa carreira do seu irmán o campionísimo Michael Schumacher.
[editar] Inicios na Fórmula 1
En 1998 entra na Fórmula 1 como probador do equipo Benson & Hedges Jordan, no cal realiza máis de 4.500 km e traballa dentro do programa de desenvolvemento dos motores Honda F1.
Ó ano seguinte logra entrar nas parrillas da Fórmula Un coa escudería Arrows, e grazas ao patrocinio de Repsol, o seu compañero de escudería foi o xaponés Tora Takagi. O mundial non puido empezar mellor tralo primero punto o día do seu debut en Gran Premio de Australia o 7 de Marzo. Igualando así o record que mantiñan pilotos como Alain Prost, e que agora lograron outros pilotos como Mark Webber, Nico Rosberg ou Timo Glock, coa dificultade engadida de que, cando Pedro o conseguiu, só puntuaban seis, mentres que estes últimos pilotos puideron conseguir puntos entrando entre os oito primeiros. O resto da temporada foi para esquecer. Os recortes de orzamento deixáronos como a escudería máis feble da grella. Ao final da temporada quedou no puesto 18º.
En 2000 segue coa escudería Orange Arrows, cun coche algo máis competitivo, e en especial para os circuitos de máis velocidade, non para os máis ratoneiros, esta vez o seu compañeiro de equipo foi o holandés Jos Verstappen. Logra 2 sextos postos no Gran Premio de Europa (Nürburgring, 21/5/2000), e Gran Premio de Alemaña (Hockenheim, 30/7/2000). Ademais do esperpéntico Gran Premio de España en Montmeló onde non puido salir nunha 6ª praza tras un erro na composición dos carburantes, ou o abandono no Gran Premio de Austria trala rotura dun manguiño cuando levaba 32 vueltas en praza de podio. Logrou unha 15º posición final.
[editar] O paso por Jaguar
Así a todo, a tempada 2001 foi moi difícil para Pedro, Arrows comunicalle a súa decisión de prescindir dos seus servizos trala ruptura da escudería con Repsol, e nun momento en que tódolos asentos xa estaban collidos. Finalmente toma a decisión de fichar como piloto de probas de Prost Grand Prix, coa premisa de que pasará en seguida a ser piloto oficial, sendo susbtituído o arxentino Gastón Mazzacane. Finalmente Niki Lauda entrométese e ficha a Pedro para Jaguar, pasando a ser piloto titular nun intercambio co brasileiro Luciano Burti, o seu novo compañeiro de equipo pasou a ser Eddie Irvine. Ese mesmo ano logra un quinto posto no Gran Premio de Italia (Monza, 16/9/2001), e un sexto en Canadá (10/5/2001). Pedro pasaba a non depender de patrocinadores chegando a un equipo oficial.
En 2002 segue como piloto de Jaguar Racing, aínda que nesta difícil temporada non logra puntuar, ao final da temporada os 2 pilotos son cesados.
[editar] Probador en McLaren
En 2003, tralo inicio da eclosión de Fernando Alonso, De la Rosa é contratado como piloto de probas de McLaren-Mercedes, posto que abandonou ao final da tempada de 2009, e compartendo esta tarefa co austríaco Alexander Wurz. En 2005 tivo más relevancia ao instaurarse a sesión de entrenamentos do venres coa posibilidade de achegar un terceiro piloto, Pedro foi o principal líder nestas probas. Aínda que o seu momento foi durante o Gran Premio de Bahrain ao substituír ao colombiano Juan Pablo Montoya e lograr una quinta posición, sumando 4 puntos a escudería de Woking. A súa vez logrou a única volta rápida da súa carreira, e fixo un gran "show" de adiantamentos dos que nunca se esquecen, e complementaría coa fácil vitoria que a súa vez logrou Fernando Alonso.
[editar] Piloto oficial en McLaren
Debido a retirada de Juan Pablo Montoya da Fórmula 1 (volveu a Estados Unidos, para participar con Chip-Ganassi no Campeonato NASCAR a partir de 2007), McLaren confirmou a De la Rosa como piloto titular ata o final de la Temporada 2006.
No seu debut en dita temporada, no Gran Premio de Francia, logrou clasificarse no 8º lugar, terminando a carrera no 7º puesto. Na súa segunda carreira no Gran Premio de Alemaña, logrou clasificarse en 9º lugar, e tras 2 voltas o seu McLaren tivo un problema coa bomba da gasolina e tivo que retirarse. No Gran Premio de Hungría consegue a súa mellor clasificación, sae 4º desde a grella de saida e finaliza a carreira en segunda posición, co que consegue o primer podio da súa carreira deportiva na máxima categoría.
[editar] Titular en Sauber
O día 19 de xaneiro de 2010, Sauber anuncia a fichaxe de De la Rosa para ocupar un asento oficial tendo como compañeiro ao xaponés Kamui Kobayashi durante o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2010.
[editar] Regreso a McLaren e Sauber 2011
O 9 de marzo de 2011, McLaren anunciou que De la Rosa regresaba ao equipo como piloto de probas e reserva..[2]
Logo do accidente de Sergio Pérez en Mónaco, de la Rosa substituiuno no Sauber no Gran Premio de Canadá de 2011, logo de que Pérez decidira non correr logo da primeira sesión de adestramentos libres do venres..[3] De la Rosa logrou rematar na 12º posición nunha carreira afectada por fortes choivas.
[editar] HRT 2012
O 21 de novembro de 2011, anunciouse que De la Rosa asinou con HRT F1 nun contrato de dous anos.
[editar] Resultados Completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
| Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Pos. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1999 | Repsol Arrows | Arrows A20 | Arrows T2-F1 3.0 V10 | AUS 6 |
BRA Ret |
SMR Ret |
MON Ret |
ESP 11 |
CAN Ret |
FRA 11 |
RU Ret |
AUT Ret |
ALE Ret |
HUN 15 |
BEL Ret |
ITA Ret |
EUR Ret |
MAL Ret |
XPN 13 |
18º | 1 | |||
| 2000 | Arrows F1 Team | Arrows A21 | Supertec FB02 3.0 V10 | AUS Ret |
BRA 8 |
SMR Ret |
RU Ret |
ESP Ret |
EUR 6 |
MON Ret |
CAN Ret |
FRA Ret |
AUT Ret |
ALE 6 |
HUN 16 |
BEL 16 |
ITA Ret |
USA Ret |
XPN 12 |
MAL Ret |
16º | 2 | ||
| 2001 | Jaguar Racing | Jaguar R2 | Cosworth CR-3 3.0 V10 | AUS | MAL | BRA | SMR | ESP Ret |
AUT Ret |
MON Ret |
CAN 6 |
EUR 8 |
FRA 14 |
RU 12 |
ALE Ret |
HUN 11 |
BEL Ret |
ITA 5 |
USA 12 |
XPN Ret |
16º | 3 | ||
| 2002 | Jaguar Racing | Jaguar R3/R3B | Cosworth CR-3 3.0 V10/CR-4 3.0 V10 | AUS 8 |
MAL 10 |
BRA 8 |
SMR Ret |
ESP Ret |
AUT Ret |
MON 10 |
CAN Ret |
EUR 11 |
RU 11 |
FRA 9 |
ALE Ret |
HUN 13 |
BEL Ret |
ITA Ret |
USA Ret |
XPN Ret |
21º | 0 | ||
| 2005 | West McLaren Mercedes | McLaren MP4-20 | Mercedes FO 110R 3.0 V10 | AUS PP |
MAL PP |
BHR 5 |
SMR PP |
ESP PP |
MON | EUR | CAN PP |
USA PP |
FRA PP |
RU PP |
ALE | HUN | TUR PP |
ITA PP |
BEL | BRA | XPN PP |
CHN PP |
20º | 4 |
| 2006 | Team McLaren Mercedes | McLaren MP4-21 | Mercedes FO 108S 2.4 V8 | BHR | MAL | AUS | SMR | EUR | ESP | MON | RU | CAN | USA | FRA 7 |
ALE Ret |
HUN 2 |
TUR 5 |
ITA Ret |
CHN 5 |
XPN 11 |
BRA 8 |
11º | 19 | |
| 2010 | BMW Sauber F1 Team | Sauber C29 | Ferrari 056 2.4 V8 | BHR Ret |
AUS 12 |
MAL NTS |
CHN Ret |
ESP Ret |
MON Ret |
TUR 11 |
CAN Ret |
EUR 12 |
RU Ret |
ALE 14 |
HUN 7 |
BEL 11 |
ITA 14 |
SIN | XPN | COR | BRA | ABU | 17º | 6 |
| 2011 | Sauber F1 Team | Sauber C30 | Ferrari 056 2.4 V8 | AUS | MAL | CHN | TUR | ESP | MON | CAN 12 |
EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | BRA | 20º | 0 |
[editar] Véxase tamén
[editar] Notas
- ↑ "Pedro de la Rosa will drive for HRT F1 Team in 2012", hispaniaracing.com, HRT F1, 21 November 2011. Consultado o 21 November 2011.
- ↑ Elizalde, Pablo. "De la Rosa returns to McLaren", Autosport, Haymarket Publications, 9 March 2011. Consultado o 9 March 2011.
- ↑ Benson, Andrew. "Sergio Perez to miss rest of Canadian Grand Prix", BBC Sport, British Broadcasting Corporation, 10 June 2011. Consultado o 10 June 2011.