John Frankenheimer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Michael Frankenheimer, nado en Nova York o 19 de febreiro de 1930 e finado nos Ánxeles o 6 de xullo de 2002, foi un director de cine e televisión estadounidense, recoñecido polos seus dramas sociais e filmes de acción e suspense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As súas 30 longametraxes para cine e 50 obras para televisión foron notables pola súa influencia no pensamento contemporáneo, converteuse nun pioneiro do thriller político contemporáneo, comezando a súa carreira no cume da Guerra Fría.[1] En moitos dos seus filmes creou dilemas psicolóxicos que tiña que resolver o seu protagonista masculino así como un forte "sentido do contorno"[1] semellante en estilo aos filmes de Sidney Lumet, para quen traballou como axudante de director. Dirixiu a actores como Gregory Peck, Donald Sutherland, Jean Reno, Lee Marvin, Deborah Kerr, Eva Marie Saint ou Steve McQueen e entre as súas películas máis coñecidas están Birdman of Alcatraz (1962), The Manchurian Candidate (1962), Seven Days in May (1964), The Train, (1964), Grand Prix (1966), Black Sunday (1977) e Ronin (1998). Gañou catro Emmy consecutivos na década de 1990 polos telefilmes Against the Wall, The Burning Season, Andersonville e George Wallace, o cal tamén levou un Globo de Ouro. Considerado un dos últimos directores que levaban un control completo sobre todos os elementos da produción, o que facía o seu estilo único en Hollywood.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Yoram Allon, Yoram; Cullen, Hannah Patterson. Contemporary North American Film Directors, Wallflower Press (2000) pp. 181-183