Gran Premio de Australia de 2014

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Australia Gran Premio de Australia de 2014
Detalles da carreira
Carreira 1 de 19 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014.
Trazado do circuíto de Melbourne.
Trazado do circuíto de Melbourne.
Data 16 de marzo de 2014
Localización Melbourne Grand Prix Circuit, Melbourne, Australia
Percorrido Circuíto urbano
5´303 km
Distancia 58 voltas, 307´574 km
Clima Seco
Pole position
Piloto Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes
Tempo 1:44.231
Volta rápida
Piloto Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Tempo 1:32.478 na volta 19
Podio
Primeiro Alemaña Nico Rosberg Mercedes
Segundo Dinamarca Kevin Magnussen McLaren-Mercedes
Terceiro Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes
Jordan F1 icon.png
A Galipedia ten un portal sobre:

O Gran Premio de Australia de 2014 (oficialmente 2014 Fórmula 1 Rolex Australian Grand Prix)[1] foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 16 de marzo de 2014 no Circuíto Albert Park en Melbourne.[2] Será a carreira 79 na historia do Gran Premio de Australia, que remontase á 100 Miles Road Race de 1928. Foi a primeira carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2014, e viu o debut dos novos regulamentos e a presentación dos motores de 1´6 litros turboalimentados V6[3] A carreira tamén conmemora o trixésimo ano de que o Gran Premio de Australia foi incorporado como unha proba do Campionato do Mundo.

Informe[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

A apertura da sesión iniciouse en condicións de seco, pero baixo a ameaza de choiva.

Daniel Ricciardo marcou o ritmo ao principio no seu debut co Red Bull Racing, Lotus loitou desesperadamente, pero Pastor Maldonado non estableceu un tempo e Romain Grosjean cualificou nun humilde 21º posto, que se converteu en vixésimo cando Esteban Gutiérrez recibiu un castigo por cambiar a súa caixa de cambios no Sauber. Max Chilton cualificou por diante do Marussia do seu compañeiro Jules Bianchi, non acadou un lugar na Q2 por unha centésima de segundo. O piloto de Caterham Marcus Ericsson foi o último piloto eliminado na Q1, o seu compañeiro de equipo Kamui Kobayashi logrou pasar á Q2.

A choiva fixo a súa aparición na Q2, a pista mollada tomou a súa primeira vítima en Kimi Räikkönen, quen trompeou co seu Ferrari ao final da Q2. O accidente de Räikkönen interrompeu a volta de varios pilotos, entre eles Jenson Button e o actual Campión do Mundo Sebastian Vettel, tanto que o accidente de Räikkönen impediulles pasar á Q3. Máis tarde descubriuse que Vettel tamén se viu obstaculizado por problemas no motor.[4] O Sauber de Adrian Sutil terminou o período no decimo cuarto posto, con Kamui Kobayashi decimo quinto logo de que Sergio Pérez trompeara o seu Force India na súa última volta lanzada.

A choiva intensificouse no período final, e varios pilotos saíron con pneumáticos de mollado. Os pilotos de Mercedes Lewis Hamilton e Nico Rosberg, xunto a Ricciardo, comezaron unha batalla a tres bandas pola pole que chegou ata as últimas voltas. Hamilton impúxose, con Ricciardo segundo. Rosberg partiu terceiro, xunto a Kevin Magnussen, quen cualificou o seu McLaren cuarto no seu debut na F1. Despois do accidente na Q2 Räikkönen quedou 12º, Fernando Alonso deu deu a Ferrari un bo resultado cando logrou o quinto posto logo de facer unha elección de pneumáticos equivocada ao principio do período e comezou xunto ao Toro Rosso de Jean-Eric Vergne. O Force India de Nico Hülkenberg e o debutante Daniil Kvyat ocuparon a seguinte fila da grella, por diante dos Williams de Felipe Massa e Valtteri Bottas, quen, do mesmo xeito que Gutiérrez, foi sancionado con cinco lugares por cambiar a caixa de cambios. Para Williams, foi a primeira vez desde o Gran Premio de Hungría de 2012 que os dous coches chegaron á Q3.

Carreira[editar | editar a fonte]

A carreira comezou as 17:00, hora local. Os pilotos de Marussia Max Chilton e Jules Bianchi quedaron parados na grella no comezo da volta de formación e comezaron a carreira desde o pit lane xunto a Romain Grosjean que foi sancionado por saír do garaxe antes do sinal de 15 minutos. Segundos despois da saída, Felipe Massa e Kamui Kobayashi chocaron na primeira curva, quedando ambos fóra da carreira.

Nico Rosberg liderou desde a primeira curva malia que Lewis Hamilton partía desde a pole. Durante as primeiras cinco voltas da carreira, Hamilton e Sebastian Vettel, retiráronse, ambos con problemas no motor. Rosberg dominante, gañou a carreira con case vinte e cinco segundos de vantaxe, logrando o seu primeiro triunfo desde o Gran Premio do Reino Unido de 2013. Daniel Ricciardo acadou o segundo posto diante do seu público, converténdose no primeiro piloto de F1 de Australia en terminar no podio na súa carreira de casa nunha carreira do campionato do mundo. John Smith terminou no podio en 1983, pero nese momento, aínda non era unha carreira oficial do campionato mundial de Fórmula Un. Kevin Magnussen terminou terceiro, dous segundos por detrás de Ricciardo. É o primeiro debutante na F1 que logra un podio na súa primeira carreira desde que o fixera Lewis Hamilton no Gran Premio de Australia de 2007 sete anos antes. Coincidentemente, Hamilton e Magnussen terminaron terceiro e correndo para McLaren.

Cuarto foi compañeiro de equipo de Magnussen Jenson Button, que terminou medio minuto detrás de Rosberg, seguido de Fernando Alonso quinto, Valtteri Bottas sexto, Nico Hülkenberg sétimo, Kimi Raikkonen nu decepcionante oitavo posto malia gañar a carreira un ano antes, os dous Toro Rosso de Jean-Eric Vergne e do debutante Daniil Kvyat foron noveno e décimo respectivamente. Daniil Kvyat convértese no piloto máis novo en puntuar, superando o anterior récord de Sebastian Vettel.

Post carreira[editar | editar a fonte]

Daniel Ricciardo foi descualificado dos resultados do Gran Premio de Australia. Kevin Magnussen ascendeu a segunda posición e Jenson Button ata a terceira.

Ricciardo foi descualificado por unha infracción do artigo 5.1.4 do Regulamento Técnico da Fórmula 1, que establece que, «o consumo de combustible non debe superar os 100 kg.[5]

Varios[editar | editar a fonte]

Sebastian Vettel e Felipe Massa lucían cascos especiais en homenaxe á Michael Schumacher. Mercedes e Ferrari tamén levaban mensaxes de apoio a Michael nos seus coches.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella
1 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 1:31.699 1:42.890 1:44.231 1
2 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 1:30.775 1:42.295 1:44.548 2
3 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 1:32.564 1:42.264 1:44.595 3
4 20 Dinamarca Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 1:30.949 1:43.247 1:45.745 4
5 14 España Fernando Alonso Ferrari 1:31.388 1:42.805 1:45.819 5
6 25 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 1:33.488 1:43.849 1:45.864 6
7 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:33.893 1:43.658 1:46.030 7
8 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 1:33.777 1:44.331 1:47.368 8
9 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 1:31.228 1:44.242 1:48.079 9
10 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:31.601 1:43.852 1:48.147 15[6]
11 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes 1:31.396 1:44.437 10
12 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 1:32.439 1:44.494 11
13 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:31.931 1:44.688 12
14 99 Alemaña Adrian Sutil Sauber-Ferrari 1:33.673 1:45.655 13
15 10 Flag of Japan.svg Kamui Kobayashi Caterham-Renault 1:34.274 1:45.867 14
16 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:34.141 1:47.293 16
17 4 Flag of the United Kingdom.svg Max Chilton Marussia-Ferrari 1:34.293 17
18 17 Francia Jules Bianchi Marussia-Ferrari 1:34.794 18
19 21 Flag of Mexico.svg Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:35.117 21[7]
20 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Caterham-Renault 1:35.157 19
21 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 1:36.993 20
107% tempo: 1:37.129
22 13 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado Lotus-Renault Sen tempo[8] 22
Fonte:[9]

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 6 Alemaña Nico Rosberg Mercedes 57 1:32:58.710 3 25
2 20 Dinamarca Kevin Magnussen McLaren-Mercedes 57 +26.777 4 18
3 22 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button McLaren-Mercedes 57 +30.027 10 15
4 14 España Fernando Alonso Ferrari 57 +35.284 5 12
5 77 Finlandia Valtteri Bottas Williams-Mercedes 57 +47.639 15 10
6 27 Alemaña Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 57 +50.718 7 8
7 7 Finlandia Kimi Räikkönen Ferrari 57 +57.675 11 6
8 25 Francia Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Renault 57 +1:00.441 6 4
9 26 Flag of Russia.svg Daniil Kvyat Toro Rosso-Renault 57 +1:03.585 8 2
10 11 Flag of Mexico.svg Sergio Pérez Force India-Mercedes 57 +1:25.916 16 1
11 99 Alemaña Adrian Sutil Sauber-Ferrari 56 +1 volta 13
12 21 Flag of Mexico.svg Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 56 +1 volta 21
13 4 Flag of the United Kingdom.svg Max Chilton Marussia-Ferrari 55 +2 voltas 17
NC[10] 17 Francia Jules Bianchi Marussia-Ferrari 49 +8 voltas 18
Ret 8 Francia Romain Grosjean Lotus-Renault 43 Unidade de potencia 20
Ret 13 Flag of Venezuela.svg Pastor Maldonado Lotus-Renault 29 Unidade de potencia 22
Ret 9 Flag of Sweden.svg Marcus Ericsson Caterham-Renault 27 Presión aceite 19
Ret 1 Alemaña Sebastian Vettel Red Bull-Renault 3 Motor 12
Ret 44 Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton Mercedes 2 Motor 1
Ret 19 Flag of Brazil.svg Felipe Massa Williams-Mercedes 0 Colisión 9
Ret 10 Flag of Japan.svg Kamui Kobayashi Caterham-Renault 0 Colisión 14
DSC 3 Australia Daniel Ricciardo Red Bull-Renault 57 Descualificado[11] 2
Fonte:[12][13]

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Clasificación no campionato de pilotos
Pos. Piloto Puntos
1 Alemaña Nico Rosberg 25
2 Dinamarca Kevin Magnussen 18
3 Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button 15
4 España Fernando Alonso 12
5 Finlandia Valtteri Bottas 10
Clasificación do campionato de construtores
Pos. Construtor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-Mercedes 33
2 Alemaña Mercedes 25
3 Italia Ferrari 18
4 Flag of the United Kingdom.svg Williams-Mercedes 10
5 Flag of India.svg Force India-Mercedes 9
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2014 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix". Formula1.com. Formula One Administration. http://www.formula1.com/races/in_detail/australia_914/circuit_diagram.html. Consultado o 9 March 2014.
  2. "World Motor Sport Council". FIA.com. Fédération Internationale de l'Automobile. 27 September 2013. http://www.fia.com/news/world-motor-sport-council-2. Consultado o 8 March 2014.
  3. Strang, Simon (29 June 2011). "FIA rubber-stamps new 1.6-litre V6 engine plans to be introduced in 2014". Autosport (Haymarket Publications). http://www.autosport.com/news/report.php/id/92727. Consultado o 8 March 2014.
  4. http://www.gpupdate.net/en/f1-news/307766/engine-software-issue-hinders-vettel/
  5. "Red Bull's Daniel Ricciardo disqualified from the results of the Australian GP". Skysports F1. http://www1.skysports.com/f1/news/24239/9216794/red-bulls-daniel-ricciardo-disqualified-from-the-results-of-the-australian-gp. Consultado o 16 March 2014.
  6. Valtteri Bottas foi sancionado ca perda de cinco postos por cambiar a caixa de cambios.
  7. Esteban Gutiérrez foi sancionado ca perda de cinco postos por cambiar a caixa de cambios.
  8. Pastor Maldonado non estableceu un tempo de volta dentro do 107% do mellor tempo establecido por Daniel Ricciardo na Q1. Máis tarde os comisarios deronlle permiso para participar na carreira
  9. "2014 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix". Formula1.com (Formula1.com). 15 March 2014. http://www.formula1.com/results/season/2014/914/7315/. Consultado o 15 March 2014.
  10. Jules Bianchi non completou o 90% da distancia da carreira, e polo tanto non clasificou.
  11. Daniel Ricciardo foi descualificado por incumplimir os límites do combustible
  12. "2014 Formula 1 Rolex Australian Grand Prix — Results". Formula1.com (Formula One Administration). 16 March 2014. http://www.formula1.com/results/season/2014/914/7317/. Consultado o 16 March 2014.
  13. "Race - selected team and driver quotes". Formula1.com (Formula One Group). 16 March 2014. http://www.formula1.com/news/headlines/2014/3/15581.html. Consultado o 16 March 2014.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Australia de 2014


Carreira anterior:
Gran Premio de Brasil de 2013
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2014
Carreira seguinte:
Gran Premio de Malaisia de 2014
Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2013
Gran Premio de Australia Carreira seguinte:
Gran Premio de Australia de 2015