McLaren MP4-27

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MP4-27
Jenson Button 2012 Malaysia FP2 1.jpg
McLaren
Información
País Reino Unido Reino Unido
Fabricante McLaren
Deseñador
Produción
Predecesor MP4-26
Sucesor
Longo mm
Largo mm
Alto mm
Peso 640 Kg. minimo (con auga, lubricante e piloto)
Chasis Monocasco de niño de abella en fibra de carbono e material composto, incorpora estruturas de impacto frontal e lateral
Suspensión
Motor Mercedes-Benz FO 108Z 2.4 L V8 (90°). Atmosferico central.
Potencia 2400 cm³, limitado a 18000 RPM con KERS
Transmisión McLaren de sete velocidades e unha marcha atrás de accionamiento manual
Tracción Posterior
Freos
Prestacións
Pneumáticos Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[1]
Debut Gran Premio de Australia de 2012
Pilotos 3. Flag of the United Kingdom.svg Jenson Button
4. Flag of the United Kingdom.svg Lewis Hamilton
Carreiras 20
Gañadas 7
Poles 8
Voltas rápidas 3
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 0
* Páxina oficial de Vodafone McLaren Mercedes F1 Racing Team

O McLaren MP4-27 é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado por McLaren para a tempada de Fórmula Un de 2012.[2] O coche será pilotado polos ex campións do mundo Jenson Button e Lewis Hamilton. Presentouse o 1 de febreiro na base do equipo McLaren en Woking, Surrey, antes das primeiras sesións de probas de inverno en Jerez de la Frontera.[3]

Deseño[editar | editar a fonte]

O morro do MP4-27 (parte inferior), en comparación co do VJM05 de Force India (arriba), un deseño máis propio das especificacións dos coches do 2012

O MP4-27 é un dos tres coches de 2012 que non teñen o chamado morro de "ornitorrinco",[4] no seu lugar optaron por un morro inclinado gradual.[5] O Marussia F1 MR01 e HRT F112 tamén teñen un morro baixo similar, o F112 conta con con un paso menos pronunciado no morro do coche en comparación con outros da grella.

Rendemento[editar | editar a fonte]

Despois dos problemas de McLaren experimentados nos preparativos das tempadas 2009 e 2011, o MP4-27 demostrou resultados prometedores nas probas. Isto confirmouse na primeira carreira da tempada en Australia, cando Lewis Hamilton e Jenson Button, clasificaron primeiro e segundo da carreira, por primeira vez desde o Gran Premio de Europa de 2009. Button gañou a carreira, e Hamilton terminou terceiro a pesar de que o director do equipo Martin Whitmarsh admitiu que o equipo cometera un erro no cálculo na carga de combustible de Button, o que obrigou ao Campión do Mundo de 2009 a entrar nun "severo modo de aforro de combustible" na oitava volta da carreira.[6] O coche mostrou de novo o mellor ritmo, na pista do Gran Premio de Malaisia de 2012, unha vez máis lograron o primeiro e segundo posto na clasificación, con Hamilton na pole. As condicións de humidade durante a carreira, crearon resultados impredicibles. Ambos os coches mantiveron as súas posicións ata que a carreira foi detida. Logo a carreira reiniciouse e Button rompeu o alerón dianteiro quedando fóra dos puntos, mentres que Hamilton terminou terceiro. No Gran Premio de China de 2012 os coches de Mercedes atoparon o ritmo, o que permitiu que Nico Rosberg lograse a súa primeira pole, e a vitoria. Button comezou quinto e terminou en segundo lugar, Hamilton inicialmente clasificou segundo, pero un cambio na caixa de cambios relegouno ao sétimo lugar, par rematar no terceiro lugar na carreira. O resultado puxo a Hamilton na cabeza da clasificación de pilotos logo do seu terceiro lugar por terceira vez consecutiva nas tres primeiras carreiras. Button subiu ao segundo posto, dous puntos por detrás de Hamilton. As seguintes tres carreiras foron pobres para o equipo, sobre todo para o coche de Button que parecía perder a vantaxe de rendemento que mantivo no inicio da tempada. En Bahrein, Hamilton terminou oitavo e Button retirouse. En consecuencia, o equipo perdeu a súa vantaxe na clasificación de construtores por primeira vez en 2012 en favor de Red Bull, mentres que Sebastian Vettel gañou a carreira e superou a Hamilton para liderar a clasificación de pilotos. En España, Hamilton terminou en oitavo lugar (a pesar de que tivo que loitar na pista logo de ser sancionado desde a pole position á parte posterior da grella cando o seu coche quedou sen combustible para entrar nos boxes) e Button acabou noveno. Mark Webber gañou o Gran Premio de Mónaco de 2012, mentres que Hamilton comezou terceiro, pero terminou quinto. Button comezou duodécimo e caeu ao décimo cuarto durante gran parte da carreira antes de retirarse ao final, para ter a súa terceira clasificación fora dos puntos no ano 2012. O Gran Premio de Canadá de 2012 trouxo resultados opostos na cualificación e a carreira. Hamilton clasificou segundo, mentres que Button clasificou décimo, debido a un erro de estratexia de pneumáticos. Lewis Hamilton converteuse no sétimo piloto diferente en gañar unha carreira en 7 carreiras logo de terminar primeiro, ao mesmo tempo, conseguiu subir ao podio por primeira vez desde o Gran Premio de China de 2012. Button continuou a súa lamentable forma ao terminar décimo sexto, mentres loitaba cos problemas de pneumáticos que se traduciu nunha total falta de ritmo nunha pista na que gañara o ano anterior. O Gran Premio de Europa de 2012, resultou ser outra carreira decepcionante para o equipo. A pesar do 2º lugar de Lewis Hamilton na clasificación, non puido igualar o ritmo de Vettel e Alonso na carreira e logo, durante a súa segunda parada en boxes, o gato fallou, o que lle causou unha demora na súa parada en boxes. Para rematar o seu día, chocou con Pastor Maldonado, mentres loitaba polo 3º lugar, e bateu contra o muro nos últimos compases da carreira, pondo fin ás súas posibilidades de subir ao podio. Jenson Button só logrou a 8ª posición logo de comezar noveno, de novo loitando cos pneumáticos a pesar de anotou puntos por primeira vez desde o [Gran Premio España de 2012]].

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Puntos Pos.
2012 Vodafone
McLaren Mercedes
Mercedes-Benz
FO 108Z
P AUS MAL CHN BHR ESP MON CAN EUR RU ALE HUN BEL ITA SIN XPN COR IND ABU USA BRA 378
Jenson Button 1 14 2 18† 9 16† 16 8 10 2 6 1 Ret 2 4 Ret 5 4 5 1
Lewis Hamilton 3 3 3 8 8 5 1 19† 8 Ret 1 Ret 1 Ret 5 10 4 Ret 1 Ret

* Tempada en curso.
† Pilotos que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: McLaren MP4-27 Modificar a ligazón no Wikidata