Jochen Mass

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jochen Mass
Mass, Jochen 1972-07-07.jpg
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Anos en activo 19731980, 1982
Escudería(s) Surtees, McLaren, ATS, Arrows, March
Grandes Premios disputados 114 (105 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 1
Podios 8
Pole positions 0
Voltas rápidas 2
Primeiro GP Gran Premio de Arxentina de 1973
Primeira vitoria Gran Premio de España de 1975
Derradeira vitoria Gran Premio de España de 1975
Derradeiro GP Gran Premio de Francia de 1982
Mass cun Ford Capri Turbo en Nürburgring en 1980

Richard Jochen Mass [1] (nado o 30 de setembro de 1946 en Dorfen, Baviera) é un ex-piloto de carreiras de Alemaña.

Participou en 114 grandes premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 14 de xullo de 1973, no Gran Premio do Reino Unido. Gañou unha carreira o (Gran Premio de España de 1975), non logrou ningunha pole position, logrou 8 podios, e anotou un total de 71 puntos no campionato. Tamén obtivo 32 vitorias no Campionato Mundial de Resistencia, destacando as 24 Horas de Le Mans de 1989 e as 12 Horas de Sebring de 1987, e foi subcampión en 1984, 1985, 1989 e 1990.

Andaina[editar | editar a fonte]

Mass é quizais máis coñecido pola súa parte de culpa na morte de Gilles Villeneuve. O 8 de maio de 1982, a só 10 minutos para o final da sesión de clasificación para o Gran Premio de Bélxica de 1982 en Zolder, Villeneuve chocou con Mass ao intentar adiantarlle. Os dous entraron á par nunha curva super rápida a esquerda, (Mass diante, detrás Villeneuve) Jochen arrimouse á parte dereita da pista para que Villeneuve pasara. Villeneuve intentaba pasar tamén pola dereita, e os dous coches tocáronse cas rodas, o canadense saíu voando. O coche de Villeneuve caeu ao chan violentamente de morro. O seu asento desprendeuse e botouno do coche, caendo pesadamente entre as barreiras no lado oposto da pista. Mortalmente ferido, a Villeneuve retiráronlle o soporte vital esa noite.

Logo de abandonar a Fórmula Un, Mass tivo un gran éxito nas carreiras, gañando fama internacional coa súa actuación nos campionatos de turismos e resistencia na década de 1980.

En 1972, con Hans-Joachim Stuck pilotando un Ford Capri RS2600 gañaron as 24 Horas de Spa a carreira de resistencia de Bélxica. Ese ano gañou o Campionato Europeo de Turismos.

Mass obtivo o segundo lugar tras Jean-Pierre Jarier nunha carreira de Fórmula Dúas en Nivelles, en xuño de 1973. Terminou segundo na primeira manga e terceiro na segunda.[2] Mass terminou a súa primeira carreira de Fórmula Un no Gran Premio de Alemaña de 1973 en Nürburgring, chegou en sétimo lugar nun Surtees.[3] E logrou unha terceira posición cun McLaren-Ford no Gran Premio de Brasil de 1975 en Interlagos.[4]

Mass gañou o Gran Premio de España de 1975 despois de que o coche do líder, Rolf Stommelen batera contra unha barreira de protección, estalara en chamas, e catapultarase sobre a multitude no Circuíto de Montjuïc. Catro espectadores resultaron mortos e doce feridos. Stommelen sufriu múltiples fracturas e quedou en estado crítico despois do accidente. Mass foi declarado o gañador no seu Texaco McLaren-Ford, cando a carreira foi detida inmediatamente despois do accidente.[5]

Mass deixou de competir con coches de Fórmula Un logo dun accidente con Mauro Baldi no Gran Premio de Francia de 1982 en Paul Ricard. O seu March e o Arrows de Baldi tocáronse a máxima velocidade no final da longa recta de Mistral entrando na curva de Signes, os dous coches voaron fóra da pista a través dunha barreira de contención, golpeando unha barreira de protección de pneumáticos, os obstáculos encontrados conseguiran frear o impulso do coche, que saíu da pista a unha velocidade de 275 km/h aproximadamente, finalmente foi a parar ao revés e no lume, nun área de espectadores. Sorprendentemente escapouse soamente con queimaduras leves, e Baldi resultou ileso.[6]

Entre as súas moitas vitorias, en 1985 gañou a carreira dos 1.000 km. no Circuíto de Mugello en Italia pilotando un Porsche 962C e en 1987 formando equipo con Bobby Rahal alzouse coa vitoria na carreira das 12 Horas de Sebring de 1987. Mass e Bobby Rahal combináronse para gañar a Champion Spark Plug Grand Prix no Mid-Ohio Sports Car Course, en Lexington, Ohio.[7] Mass gañou a máis prestixiosa carreira de resistencia, as 24 Horas de Le Mans en 1989 pilotando un Sauber Mercedes C9. Foi o segundo triunfo de Mercedes-Benz en Le Mans, a súa vitoria anterior fora en 1952.

Jochen Mass pilota agora os coches históricos do museo Mercedes-Benz. No 2004 participou na Mille Miglia, co Mercedes-Benz 300 SLR orixinal que Stirling Moss levara á vitoria na carreira de 1955. Para recadar diñeiro para a caridade, o asento do pasaxeiro ao seu lado foi poxado ao mellor ofertante.

De 1994 a 1998, retransmitiu tamén as carreiras de Fórmula Un para a cadea alemá RTL .

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en negra indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
1973 Team Surtees Surtees TS14A Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA RU
Ret
NED ALE
7
AUT ITA CAN USA
Ret
NC 0
1974 Team Surtees Surtees TS16 Cosworth V8 ARX
Ret
BRA
17
RSA
Ret
ESP
Ret
BEL
Ret
MON
NTS
SWE
Ret
NED
Ret
FRA
Ret
RU
14
ALE
Ret
NC 0
Yardley McLaren McLaren M23 AUT ITA CAN
16
USA
7
1975 Marlboro Team Texaco McLaren M23 Cosworth V8 ARX
14
BRA
3
RSA
6
ESP
1‡[8]
MON
6
BEL
Ret
SWE
Ret
NED
Ret
FRA
3
RU
7
ALE
Ret
AUT
4‡[9]
ITA
Ret
USA
3
20
1976 Marlboro Team McLaren McLaren M23 Cosworth V8 BRA
6
RSA
3
USW
5
ESP
Ret
BEL
6
MON
5
SWE
11
FRA
15
RU
Ret
ALE
3
AUT
7
ITA
Ret
CAN
5
USA
4
XPN
Ret
19
McLaren M26 NED
9
1977] Marlboro Team McLaren McLaren M23 Cosworth V8 ARX
Ret
BRA
Ret
RSA
5
USW
Ret
ESP
4
MON
4
BEL
Ret
SWE
2
FRA
9
25
McLaren M26 RU
4
ALE
Ret
AUT
6
NED
Ret
ITA
4
USA
Ret
CAN
3
XPN
Ret
1978 ATS Racing ATS HS1 Cosworth V8 ARX
11
BRA
7
RSA
Ret
USW
Ret
MON
NSC
BEL
11
ESP
9
SWE
13
FRA
13
RU
NC
ALE
Ret
AUT
NSC
NED
NSC
ITA USA CAN NC 0
1979 Warsteiner Arrows Arrows A1 Cosworth V8 ARX
8
BRA
7
RSA
12
USW
9
ESP
8
BEL
Ret
MON
6
18º 3
Arrows A2 FRA
15
RU
Ret
ALE
6
AUT
Ret
NED
6
ITA
Ret
CAN
NSC
USA
NSC
1980 Warsteiner Arrows Arrows A3 Cosworth V8 ARX
Ret
BRA
10
RSA
6
USW
7
BEL
Ret
MON
4
FRA
10
RU
13
ALE
8
AUT
NSC
NED
NTS
ITA CAN
11
USA
Ret
17º 4
1982 March Grand Prix March 821 Cosworth V8 RSA
12
BRA
8
USW
8
SMR
BEL
Ret
MON
NSC
DET
7
CAN
11
NED
Ret
RU
10
FRA
Ret
ALE AUT SUI ITA CPL NC 0

Resultados Completos en carreiras non de campionato de Fórmula 1[editar | editar a fonte]

(chave) (carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3
1974 Team Surtees Surtees TS16 Cosworth V8 PRE
4
ROC
NTS
INT
2
1975 Marlboro Team Texaco McLaren M23 Cosworth V8 ROC
Ret
INT
SUI
3
1978 ATS Racing ATS HS1 Cosworth V8 INT
DNA
1979 Warsteiner Arrows Arrows A1 Cosworth V8 ROC
4
DIN
1980 Warsteiner Arrows Arrows A3 Cosworth V8 ESP
2

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FIA Year Book of Automobile Sport 1979. Patrick Stephens Ltd.. white p. 39. ISBN 0-85059-320-4. 
  2. Jarier Wins Easily, Washington Post, June 11, 1973, Page D3.
  3. Stewart Captures Prix, Washington Post, August 6, 1973, Page D6.
  4. Pace Victor in Prix As 150,000 Cheer, Washington Post, January 27, 1975, page D7.
  5. 4 Die, 12 Injured As Race Car Hits Barcelona Crowd, Washington Post, April 28, 1975, page D2.
  6. "Germany's Mass Takes Look At Long Career", European Stars And Stripes, Thursday, May 2, 1985, Page 13.
  7. "Auto Racing", New York Times, June 8, 1987, Page C9.
  8. fóronlle adxudicados a metade dos puntos ao non cubrir o 75% da distancia de carreira.
  9. fóronlle adxudicados a metade dos puntos ao non cubrir o 75% da distancia de carreira.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jochen Mass Modificar a ligazón no Wikidata