Costumismo
O costumismo foi un movemento artístico que primou na literatura ibérica do século XIX que pretendeu que a obra de arte fose unha exposición dos usos e costumes sociais.
Historia e características [editar]
O costumismo esténdese a todas as artes, podendo falar de pintura, relatos ou novelas costumistas, sendo o folclore a miúdo unha forma de costumismo. O costumismo ten unha consideración transversal ao longo da historia da arte, malia que a tendencia é a falar de costumismo especialmente relacionado cos autores a partir do século XIX.
O costumismo, a diferenza do realismo, co que se está estreitamente relacionado, non realiza unha análise deses usos e costumes que relata. Por tanto é un mero retrato sen opinión deses costumes, motivo polo que a miúdo se fala de cadros costumistas para referirse a calquera destas manifestacións, non só ás pictóricas.