John Warcup Cornforth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
John Warcup Cornforth
Nacemento 7 de setembro de 1917 (95 anos)
Sidney Australia Australia
Residencia Australia Australia
Nacionalidade australiano
Campo
Alma mater
Cónxuxe
  • Rita Harradence
Director tese Robert Robinson
Coñecido por
Influído por Leonard Basser


John Warcup 'Kappa' Cornforth nado o 7 de setembro de 1917 en Sidney (Australia) é un químico e profesor universitario australiano galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1975.

Índice

Biografía [editar]

Naceu en Sidney (Australia). O seu pai era inglés e estaba graduado en Oxford. A súa nai, chamada Hilda Eipper era descendente dun ministro alemán. John era o segundo de catro fillos.

Na súa infancia viviu en Sidney e na zona rural de Armidale, en Nova Gales do Sur.

Aos dez anos de idade diagnosticóuselle unha xordeira profunda (otosclerosis). O proceso de perdida de audición durou máis dunha década.

Graduouse no instituto de mozos de Sidney. Un dos seus mestres Leonard Basser influíu nel para que se decidise á química. John pensou entón que a súa xordeira podería ser un obstáculo superable na carreira da química.

Incorporouse ao campo da química orgánica na Universidade de Sídney aos 16 anos de idade onde coñecería á súa muller, Rita e graduouse en 1937. Entón gañou unha bolsa de Exposicións 1851 para traballar en Oxford con Robert Robinson. Rita e el trasladáronse á Universidade de Oxford, no Reino Unido, onde se doctoró en 1941 baixo a supervisión de Robert Robinson. Ese mesmo ano casou con Rita, coa que chegaría a ter tres fillos e dous netos.

A Segunda Guerra Mundial estalou cando viaxou a Oxford. John e Rita terían unha profunda influencia nos traballos con penicilina no laboratorio de Robinson.

Tras a guerra foi nomeado director do Medical Research Council, e entre 1962 e 1975 dirixiu o Laboratorio Milstead de enzimoloxía da Compañía Shell. Posteriormente foi nomeado profesor de química na Universidade de Sussex. Foi nomeado sir pola raiña Isabel II do Reino Unido en 1977.

Cornforth é membro da Royal Society e aínda segue activo na investigación química na Universidade de Sussex. Isto mostra a súa personalidade, e dános unha visión dun home sorprendente que venceu o obstáculo que supuña a súa xordeira para conseguir unha brillante carreira científica. foi galardoado, ademais de outros grandes premios, co premio ao Australiano do ano en 1975 e coa medalla Copley en 1982.

Investigacións científicas [editar]

Durante a Segunda Guerra Mundial quedou sorprendido sobre os traballos realizados acerca da penicilina. Colaborando coa compañía Glaxo, elaborou un procedemento práctico de obtención de cortisona. Posteriormente realizou investigacións sobre o espectro estereoquímico das reaccións encimáticas. Estableceu a secuencia xenética do ácido mevalónico utilizando técnicas de trazado radioactivo, así mesmo estudou a biosíntesis do ácido málico e o ácido cítrico.

En 1975 foi galardoado coa metade do Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a estereoquímica das reaccións catalíticas das encimas. A outra metade do premio recaeu no químico suízo Vladimir Prelog polos seus traballos sobre a estereoquímica de moléculas e as súas reaccións orgánicas.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Predecesor:
Paul J. Flory
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1975
con
Vladimir Prelog
Sucesor:
William Lipscomb