Explosivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Símbolo eurocomunitario de explosivo segundo a Diretiva 67/548/EEC
1.25-lb M112 cargas de demolición consistentes nun C-4 explosivo de armamento degradado para destrución.

Un material explosivo, chamado tamén sinxelamente explosivo, é unha substancia reactiva que contén unha grande cantidade de enerxía potencial que produce unha explosión se é liberada de pronto, usualmente acompañada de produción de luz, calor, son, e presión. Unha carga explosiva é unha certa cantidade de material explosivo.

Sinal de precaución por explosivos

Hai moitos tipos de explosivo segundo a súa composición química.

Historia[editar | editar a fonte]

As antigas armas do estilo do fogo grego, antecesoras dos explosivos, teñen existido dende antigo, mais considérase que o primeiro explosivo amplamente usado en guerras e minería foi a pólvora negra, inventada no século IX na China (ver historia da pólvora). Este material era sensible á auga, e emitía unha grande cantidade de fume negro. O primeiro explosivo versátil máis forte que a pólvora negra foi a nitroglicerina, inventada no 1847. Como a nitroglicerina era inestable, foi remprazada por nitrocelulosa, pólvora sen fume, dinamita e gelignita (as dúas últimas, inventos de Alfred Nobel). A Segunda Guerra Mundial viu un uso extensivo de novos explosivos que, con posterioridade, foron remprazados na súa maioría por explosivos modernos como o trinitrotolueno (TNT) e o C-4.

A máis, a crecente dispoñibilidade de produtos químicos ten permitido a construción de improvisados aparellos explosivos.

Clasificación de substancias explosivas[editar | editar a fonte]

A clasificación das substancias explosivas de diferentes tipos pode efectuarse de moitos xeitos. Hai tres formas principais aceptadas de xeito xeral: por natureza, por sensibilidade e por utilización. Máis aínda, na clasificación é moi difícil e é frecuente atopar tipoloxías con base nun un grupo químico funcional e en nomes comerciais cando se trata de misturas de substancias explosivas.


Sustancias explosivas segundo a súa natureza explosiva[editar | editar a fonte]

Deflagrantes[editar | editar a fonte]

Son os explosivos nos que a reacción iníciase por mecanismos químicos tradicionais: activación termocinética. A velocidade destes no supera a velocidade do son (medida no medio explosivo, xa que, ó ser sólido ou líquido, é moi superior á do aire). A barreira do son modula a enerxía cedida, de xeito que non son moi potentes. O seu interese é pequeno: pirotecnia e algunhas aplicacións nas que se require baixa potencia.

Os propelentes considéranse subgrupo dos explosivos deflagrantes.

Exemplos:

Detonantes[editar | editar a fonte]

A reacción neste grupo autoabastécese por unha onda de choque, supersónica (no medio que percorre), que activa ó explosivo ó ir chegando ó lugar no que está. Pola alta velocidade de reacción, son explosivos moi potentes. Nesta clase pódense incluír tódalas substancias explosivas seguintes:

Sustancias explosivas por sensibilidade[editar | editar a fonte]

Primarios[editar | editar a fonte]

Son os explosivos que requiren cantidades mínimas de enerxía para activarse. Teñen un gran perigo e en xeral úsanse 'flegmatizados' (insensibilizados ou desensibilizados). De calquera xeito, a súa potencia é relativamente pequena en comparación coa dos demais subgrupos.

A enerxía liberada polos explosivos primarios na súa detonación nos casos máis comúns, representan calores de explosión arredor dos 1700 kJ/kg (400 kcal/kg), fronte a valores de 4000 kJ/kg, e superiores, típicos dos explosivos secundarios.

Secundarios[editar | editar a fonte]

Responden con enerxías de activación intermedias (aínda que son abondo inhomoxéneos). As potencias son moi altas, na orde dos GW.

Terciarios[editar | editar a fonte]

Familia constituída case exclusivamente por NAFOS (nitrato de amonio e fuelóleo), é coñecida pola súa grande insensibilidade.

  • ANFO (en inglés; correspondendo a NAFO en galego)

Ver tamén[editar | editar a fonte]