John von Neumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John von Neumann foto da época do Proxecto Manhattan.

John von Neumann, ou polo seu nome orixinal húngaro Margittai Neumann János Lajos, nado en Budapest en 1903 e finado en Washington en 1957, foi un científico, físico e matemático húngaro. Considerado un dos máis importantes científicos do século XX[Cómpre referencia].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xa desde ben pequeno mostrou xenio e boa memoria, realizando complicadas operacións matemáticas ou puidendo incluso memorizar páxinas completas da guía telefónica. Sen ir moito a clase, obtivo brillantes cualificacións en matemáticas na Universidade de Budapest. De 1921 a 1923 estudou química en Berlín e, despois, graduase en Enxeñería química en Zúric. Doutorouse en Matemáticas aos vinte e tres anos e con vinte e cinco xa era considerado un xenio para a comunidade de matemáticos. En 1933 xunto a Alexander, Veblen, Einstein, Morse e Weyl converteuse nun dos grandes seis primeiros profesores de matemáticas do Instituto para o Estudo Adiantado de Princeton (USA) onde estivo o resto da súa vida. Durante a Segunda Guerra Mundial foi conselleiro das Forzas Armadas dos Estados Unidos, formou parte do Proxecto Manhattan e contribuíu á fabricación da bomba de hidróxeno.

Xunto a Oskar Morgenstern, en 1944 publicou, Teoría de xogos e comportamentos económicos, que revolucionou a área da economía, introducindo novos métodos matemáticos para a análise de problemas económicos, en concreto aplicou a teoría de xogos de suma cero. Foi un dos iniciadores das ciencias da computación, e precursor do primeiro computador, para os que definiu o bit -contracción de "binary digit"- como unidade de memoria, o seu último libro dedicouno a este campo O computador e o cerebro do 1958.

Obras fundamentais[editar | editar a fonte]

  • Fundamentos matemáticos da mecánica cuántica, 1932.
  • Teoría de xogos e comportamentos económicos, 1944.
  • O computador e o cerebro, 1958.