Aleksei Alekseevich Abrikosov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aleksei Alekseevich Abrikosov
Nobel prize medal.svg
AA Abrikosov ANL1.jpg
Datos persoais
Nacemento 25 de xuño de 1928
Lugar Moscova
Actividade
Campo Física
Alma máter Universidade Estatal de Moscova
Contribucións e premios
Premios Premio Nobel de Física (2003)
É fillo do patólogo Aleksei Ivanovich Abrikosov.

Aleksei Alekseevich Abrikosov (en ruso: Алексей Алексеевич Абрикосов), nado o 25 de xuño de 1928 en Moscova, é un físico de Rusia, fillo do patólogo Aleksei Ivanovich Abrikosov.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse na escola secundaria en 1943 e continuou os seus estudos en enxeñaría. En 1945 trasladouse ó Departamento de Física da Universidade Estatal de Moscova, de onde se graduou en 1948 cunha mestría. En 1951 presentou a súa tese sobre a difusión térmica en plasmas total e parcialmente ionizados; así obtivo o grao de Candidato de Ciencias (Ph.D.) e foi incorporado ó persoal do Instituto como científico junior.[1]

Foi premiado co Premio Nobel de Física en 2003 polas súas contribucións á teoría dos superconductores e superfluidos.

Recibiu o Premio Landau da Academia Rusa de Ciencias en 1989.[2]

Cargos[editar | editar a fonte]

  • 1950-1969: profesor titular na Universidade Estatal de Moscova.
  • 1970-1972: profesor da Universidade Gorkii.
  • 1976-1991: catedrático de física teórica no Instituto de Moscova de Aceiro e Aliaxes (Universidade Técnica).
  • 1987: foi nomeado membro da Academia Rusa de Ciencias.[2]
  • Profesor adxunto na Universidade de Illinois en Chicago e a Universidade de Utah.
  • Profesor adxunto na Universidade de Loughborough, Reino Unido.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Nobelprize.org. "The Nobel Prize in Physics 2003 - Autobiography" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Argonne National Laboratory (7 de outubro de 2003). "Argonne scientist wins 2003 Nobel Prize for Physics" (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Flag-map of Russia.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleksei Alekseevich Abrikosov