High Energy Astronomy Observatory 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Observatorio Einstein»)
HEAO 2 / High Energy Astronomy Observatory 2 / Observatorio Einstein
Representación artística de HEAO 2.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento13 de novembro de 1978, 5:24 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAtlas-Centaur[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 36B[2][5]
Obxectivo da misiónObservación astronómica no rango dos raios X e dos raios gamma.[2][5]
Decaemento25 de marzo de 1982[1]
NSSDC ID1978-103A
Masa3130,0 kg[2][4][5]
DimensiónsForma de poliedro de seis caras de 5,68 m de longo e 2,67 m de diámetro

HEAO 2 (acrónimo de High-Energy Astronomy Observatory 2), renomeado máis tarde como observatorio Einstein, foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 13 de novembro de 1978 mediante un foguete Atlas-Centaur desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

HEAO 2 formou parte dunha serie de tres observatorios espaciais adicados á observación no rango dos raios X e raios gamma, continuando o traballo feito por satélites como o ANS, os satélites das series OSO e SAS e os satélites Vela.[2][4]

A misión de HEAO 2 era estudar fontes de raios X específicas e o fondo cósmico de raios X, localizar con precisión fontes no rango de enerxías entre 0,2 e 4,0 keV, facer medicións espectrais de alta sensibilidade e facer medidas de alta precisión de fontes transitorias de raios X.[2][4]

HEAO 2 era idéntico a HEAO 1, coa diferenza de levar volantes de inercia para permitir un apuntado cunha precisión de 1 minuto de arco. Estaba composto por un módulo de equipo (SEM, spacecraft equipment module), onde ía aloxado o equipo de control do satélite, e un módulo de experimentos (EM, experiment module) aloxando parte do sistema eléctrico e catro experimentos.[2][4]

HEAO 2 tiña forma de poliedro de seis caras de 5,68 m de longo e 2,67 m de diámetro, cun peso duns 3130 kg, incluíndo 1450 kg dos experimentos. A taxa de transmisión de datos era de 6,5 kb/s para transmisión en tempo real e de ata 128 kb/s para transmisións desde calquera das dúas cintas de almacenamento de datos de a bordo. Reentrou na atmosfera o 25 de marzo de 1982.[1][2][4]

Experimentos[editar | editar a fonte]

HEAO 2 levaba a bordo un telescopio de incidencia de raios X en cuxo plano focal podía colocarse un de varios experimentos posibles:[2][4]

  • High Resolution Imaging (HRI): unha cámara dixital de raios X para o rango entre 0,15 e 3,0 keV.
  • Imaging Proportional Counter (IPC): contador proporcional sensible á posición para o rango entre 0,4 e 4,0 keV.
  • Solid State Spectrometer (SSS): detector de litio e silicio arrefriado crioxénicamente para o rango entre 0,4 e 4,5 keV.
  • Bragg crystal spectrometer (FPCS): un espectrómetro de cristal de Bragg.
  • Monitor Proportional Counter (MPC): monitor para o rango entre 1 e 20 keV.
  • Un espectrómetro de banda larga, Broad Band Filter (BBFS).
  • Objective Grating Spectrometer (OGS): un espectrómetro de incidencia.

Resultados[editar | editar a fonte]

HEAO 2 foi o primeiro observatorio en raios X en facer espectroscopía de alta resolución e estudos morfolóxicos de remanentes de supernovas. Ademais descubriu que as emisións das coroas de estrelas normais son máis intensas do esperado e resolveu varias fontes individuais na galaxia de Andrómeda e nas nubes de Magallanes. Tamén fixo o primeiro estudo de emisións de raios X por parte do gas galáctico e extragaláctico e detectou os chorros de raios X de Centauro A e de M87.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HEAO 2" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (27 de marzo de 2013). "HEAO 2" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  3. Claude Lafleur (2010). "HEAO 2 / Einstein Observatory" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "HEAO 2 (Einstein)" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "HEAO" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  6. HEASARC, ed. (26 de xuño de 2003). "The Einstein Observatory (HEAO-2)" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]