Saltar ao contido

Universidade Johns Hopkins

Universidade Johns Hopkins
Baltimore Editar o valor en Wikidata
Imaxe do emblema
Logotipo
Imaxe
 Nome orixinal
Johns Hopkins University (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Johns Hopkins University (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
 Texto lema
Veritas vos liberabit Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
 Industria
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
Ronald J. Daniels 2009
William Ralph Brody (en) Traducir agosto de 1996 - 3 de marzo de 2008
Daniel Nathans xuño de 1995 - agosto de 1996
William C. Richardson (en) Traducir xuño de 1990 - xuño de 1995
Steven Muller (pt) Traducir febreiro de 1972 - xuño de 1990
Milton S. Eisenhower (pt) Traducir abril de 1971 - febreiro de 1972
Lincoln Gordon xullo de 1967 - marzo de 1971
Milton S. Eisenhower (pt) Traducir xullo de 1956 - xuño de 1967
Lowell Reed (pt) Traducir setembro de 1953 - xuño de 1956
Detlev Bronk (pt) Traducir xaneiro de 1949 - agosto de 1953
Isaiah Bowman xullo de 1935 - decembro de 1948
Joseph Sweetman Ames (pt) Traducir xullo de 1929 - xuño de 1935
Frank Johnson Goodnow outubro de 1914 - xuño de 1929
Ira Remsen setembro de 1901 - xaneiro de 1913
Daniel Coit Gilman febreiro de 1876 - agosto de 1901 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1876 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Cadro de persoal19469 (setembro de 2020) Editar o valor en Wikidata
Estudantes21186 (1 de setembro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Ingresos totais10496742000 $ (2024) Editar o valor en Wikidata
Activos totais23021078000 $ (2024) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Publicado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
OpenStreetMap8043868 Editar o valor en Wikidata
VIAF141846012 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000121719311 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL159200A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09kvv Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI145311948 e P4310316510 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: johnshopkinsuniversity Twitter: JohnsHopkins Instagram: johnshopkinsu LinkedIn: johns-hopkins-university Youtube: UCeohrwR6-fO1EMk8FkJrlzw BNE: XX123578 Dialnet: 2982748 Discogs: 3981467 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Universidade Johns Hopkins, comunmente chamada Johns Hopkins, JHU ou, sinxelamente, Hopkins, é unha universidade privada situada en Baltimore, Maryland (Estados Unidos). Foi fundada o 22 de febreiro de 1876, sendo a primeira universidade dedicada á investigación nos Estados Unidos.

A Johns Hopkins ofrece programas de grao e posgrao no seu campus principal, o campus de Homewood, en Baltimore. Ademais, a universidade ten campus, entre outro lugares, en Rockville (capital do condado de Montgomery), Washington, D.C., Boloña (Italia) e Nanjing (China).

A Johns Hopkins está considerada como unha das institucións académicas e de investigación máis importantes do mundo e está entre as universidades máis prestixiosas dos Estados Unidos.

Johns Hopkins, quen dá nome á universidade, foi un empresario, abolicionista e filántropo estadounidense que naceu en 1795.[1] Johns, o seu nome de pía, ten un "s" ao final porque se tratabase do apelido de solteira da súa nai. Foi un home de negocios, presidente de banco e magnate dos ferrocarrís, e está considerado como un dos máis grandes financeiros de Baltimore no século XIX. Ao morrer solteiro, en 1873, estableceu no seu testamento a creación dunha universidade dedicada ao estudo e á investigación científica, e tamén dun hospital que brindara a mellor atención médica. Creáronse así o Hospital Johns Hopkins e a primeira universidade dos Estados Unidos dedicada especificamente á investigación científica e aos estudos de posgrao. Grazas a esta doazón de 7 millóns de dólares da época, quedaban por primeira vez directamente vinculados un hospital e unha universidade nos Estados Unidos.[1] Posteriormente establecéronse na universidade tamén estudos de grao.

Campus e centros docentes

[editar | editar a fonte]

Campus de Homewood

[editar | editar a fonte]
Biblioteca Milton S. Eisenhower.
Gilman Hall.
  • Escola de Artes e Ciencias Zanvyl Krieger. É a escola central da universidade e oferta programas de grao e posgrao.[2] con máis de 40 especialidades de licenciatura e máis de 40 programas de posgrao.
  • Escola de Enxeñaría Whiting. Oferta programas de grao e posgrao.
  • Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins. Chamada escola Carey, foi fundada en 1909 como Escola de Estudos Profesionais en Negocios e Educación. O 1 de xaneiro de 2007, separouse en dúas escolas, a Escola de Negocios Carey e a Escola de Educación da Universidade Johns Hopkins.[3]

Campus de Institucións Médicas do Leste de Baltimore

[editar | editar a fonte]
  • Escola de Medicina da Universidade Johns Hopkins. Esta esocola está situada canda o Hospital Johns Hopkins. A Escola de Medicina está amplamente recoñecida como unha das mellores facultades de medicina e centro de investigacións biomédicas do mundo.
  • Escola de Enfermaría da Universidade Johns Hopkins. A Escola de Enfermaría está ligada ao Hospital Johns Hopkins e á Escola de Medicina.
  • Escola Bloomberg de Saúde Pública. A Escola Bloomberg foi fundada en 1916 por William H. Welch e John D. Rockefeller e denominada Bloomberg debido ás xenerosas doazóns do político Michael Bloomberg, estimadas en 107 millóns de dólares.[4] É a primeira e máis grande escola de saúd pública do mundo, con 530 profesores a tempo completo, 620 a tempo parcial e 2.030 estudantes de 84 países.[5]

Campus de Harbor East

[editar | editar a fonte]
  • Escola de Negocios Carey.

Campus de Mount Vernon

[editar | editar a fonte]
  • Instituto Peabody. É a Escola de Música e Conservatorio da universidade.

Campus de Washington, D.C.

[editar | editar a fonte]
  • Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze. A Escola de Estudos Internacionais Avanzados Paul H. Nitze (SAIS) está localizada en Washington, D.C., cerca de Dupont Circle. A escola está dicada aos estudos internacionais, particularmente relacións internacionais, diplomacia e economía. A SAIS ten campus en Boloña (Italia) e Nanjing (China). Fundada en 1943, a Escola uniuse á universidade en 1950.

Gañadores do Premio Nobel relacionados coa Universidade

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "There is only one Johns Hopkins"[Ligazón morta] (Só hai un Johns Hopkins), na web da Universidade.
  2. "Krieger School of Arts & Sciences". Johns Hopkins University. 2006. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2006. Consultado o 21 de setembro de 2016.
  3. "Johns Hopkins Launches New Schools of Business, Education". Johns Hopkins University Office of News and Information. 2006. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de setembro de 2016.
  4. "Hopkins Names Public Health School for Michael Bloomberg".
  5. "Association of Schools of Public Health (ASPH) Profile" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2013. Consultado o 21 de setembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]