Reino de Italia (1861-1946)
Regno d'Italia (it) | |||||
Himno | Marcia Reale (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Turín (1861–1865) Florencia (1865–1871) Roma (1871–1946) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.182.000 (1861) (71,51 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 310.196 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 17 de marzo de 1861: causado por Proclamation of the Kingdom of Italy | ||||
Disolución | 18 de xuño de 1946 | ||||
Sucedido por | Italia e Itália Fascista (pt) | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía constitucional Monarquía parlamentaria unipartidismo Autoritarismo ditadura | ||||
• Xefe de estado | Vítor Manuel II de Italia (1861–1878) Humberto I (1878–1900) Vítor Manuel III (1900–1946) Humberto II (1946–1946) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Lira italiana | ||||
O Reino de Italia (en italiano, Regno d'Italia) foi o nome asumido o 17 de marzo de 1861 polo estado surxido trala unificación nacional italiana (1848-1870) liderada por Vítor Manuel II que se coroou rei de Italia en 1861. A creación do Reino de Italia foi o resultado dos esforzos concertados dos nacionalistas italianos e monárquicos leais á Casa de Savoia, reinante ata ese momento no estado predecesor ao Reino de Italia, o Reino de Sardeña, para establecer un reino unido que abarcase toda a península italiana.
Dende 1922 ata 1943 denomínase Italia fascista, xa que é a época do goberno do Partido Nacional Fascista entre 1922 e 1943 con Benito Mussolini como xefe de goberno. Precisamente a súa participación na segunda guerra mundial levouno á súa desaparición, despois de celebrarse un referendo en 1946 no que o sistema republicano saíu gañador debido ao descontento civil e ao desprestixio deste durante a guerra. Finalmente o 2 de xuño de 1946 proclámase a República Italiana, a forma de estado que ten Italia hoxe en día.
Baixo a soberanía do Reino de Italia constituíuse un imperio colonial que comprendía amplos dominios en África oriental, en Libia e o Mediterráneo, e tamén en Tianjin, na China (neste caso de maneira compartida con outras nacións europeas e cos Estados Unidos e o Xapón).
Reis
[editar | editar a fonte]- 1861-1878: Vítor Manuel II
- 1878-1900: Humberto I
- 1900-1946: Vítor Manuel III
- 1946: Humberto II
Transformación política
[editar | editar a fonte]Transformouse nunha ditadura fascista con Benito Mussolini como primeiro ministro.
En política exterior, o Reino de Italia foi, mentres tanto, excluído (debido á súa tardía unificación) da repartición colonial de África na Conferencia de Berlín. Logrou porén establecer colonias en Eritrea, Somalia, Etiopía e Libia.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |