Saltar ao contido

Rivista italiana di numismatica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rivista italiana di numismatica
Imaxe
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Fundación / creación
1888 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A Rivista italiana di numismatica é unha publicación peiódica de edición anual especializada en materia numismática. Trátase da revista científica italiana máis antiga das existentes na actualidade.

A Rivista italiana di numismática fundouse en 1888 da man de Ercole e de Francesco Gnecchi. O seu primeiro director foi Solone Ambrosoli, quen asumiu o posto durante os primeiros dous anos da revista[1][2] Ambrosoli foi sucedido na dirección polos fundadores, os irmáns Gnecchi, durante os seguintes vinte e oito anos. Nos anos 1918 e 1919 dirixiu a revista o numismático Lodovico Laffranchi, que lle imprimiu unha modernización e a dotou de recoñecemento internacional.[3][4]

En 1892, o grupo de numismáticos que sostiña a revista fundou a Società Numismatica Italiana e, como consecuencia, a revista constituíuse no órgano oficial da nova sociedade.[3][5]

A partir de 1979, os primeiros números da revista pasaron a estar dispoñibles en fieis reproducións dos orixinais, baixo a responsabilidade do editor Aldo Ausilio di Padova.[3]

O seu director actual é Andrea Saccocci.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]