Cracovia
Coordenadas: 50°03′42″N 19°56′14″L / 50.06167, -19.93722
Cracovia | |||
---|---|---|---|
Kraków | |||
Vistas da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Voivodato | Pequena Polonia | ||
Powiat | Condado de Polonia | ||
Xeografía | |||
Altitude | 219 msnm | ||
Superficie | 327 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 027 503 hab. (2013) | ||
Densidade | 3.100 hab/km² | ||
Xentilicio | Cracoviano/a[1] | ||
Outros datos | |||
Código postal | 30-024 a 31–962 | ||
Alcalde | Jacek Majchrowski | ||
Páxina oficial de Cracovia |
Cracovia[2] (en polaco Kraków, alemán Krakau) é a segunda cidade da Polonia actual, e unha das máis antigas cidades da Polonia histórica, cunha poboación de 1 027 503 habitantes no ano 2013 (1.4 millóns, tendo en conta a área de influencia metropolitana). Esta cidade histórica está situada á beira do río Vístula (Wisła) e aos pés do outeiro Wawel. É tamén a capital da rexión da Pequena Polonia (desde 1999).
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
Tradicionalmente afírmase que o nome de Cracovia deriva de Krakus (tamén Krak ou Grakch), o lendario fundador da cidade e líder da tribo dos Lechitians. En polaco, Kraków é unha forma posesiva arcaica de Krak e, esencialmente, significa "(cidade) de Krak". O nome de Krakus podería provir de "krakula", unha verba protoeslava que designa o bastón dun xuíz, ou da palabra protoeslava "krak", que significa carballo, árbore considerada sacra.
Historia[editar | editar a fonte]
Cracovia é tradicionalmente unha das cidades punteiras en educación, cultura e movementos artísticos e tamén achega un importante peso económico ao país. Foi fundada ó redor do ano 700, xa que a cidade existía xa no século VII, habitada pola tribo de Wislanie. A primeira fonte documentada en que aparece mencionado o Príncipe Krakus (escrito Grakch) data de 1190. Foi atacada e devastada polos mongois en 1241, 1259 e 1287, e capital de Polonia entre 1320 e 1596. Formou parte do Imperio austríaco, co nome de Krakau, de 1795 a 1809 e de 1846 a 1914. Durante a invasión de Polonia por parte da Alemaña nazi foi a capital do Goberno Xeral e a poboación xudía foi movida a un recinto fechado chamado Gueto de Cracovia desde onde os foron trasladando aos campos de exterminio de Auschwitz-Birkenau ou Płaszów.
Patrimonio[editar | editar a fonte]
O Centro Histórico de Cracovia foi inscrito pola UNESCO en 1978 na lista do Patrimonio da Humanidade, o mesmo ano en que Karol Wojtyła, ata entón arcebispo de Cracovia, foi elixido Papa. A cidade é sede dunha das máis antigas e prestixiosas universidades de Europa, a Universidade Iaguelónica, universidade que conta ademais cun Centro de Estudos Galegos.
Centro histórico de Cracovia | |
---|---|
![]() Vista do centro histórico | |
Krakow-Old-Town(Stare-Miasto-Planty)Royal-Route.jpg Plano do centro histórico | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | Cracovia |
Tipo | Cultural |
Criterios | IV |
Inscrición | 1978 (II sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 29 |
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Definición de cracoviano - Dicionario da Real Academia Galega". Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2013. Consultado o 24 de outubro de 2013.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Cracovia (Polonia)
- ↑ "Twin and Partner Cities". City of Edinburgh Council. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 16 January 2009.
- ↑ "Sister Cities, Public Relations". Guadalajara municipal government. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o March 12, 2013.
- ↑ "Rochester's Sister Cities". City of Rochester. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2010. Consultado o 2010-12-06.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Cracovia Travel
- Información turística esencial de Cracovia Arquivado 06 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
- Protect Kraków Heritage Campaign
- krakowmiasto.pl (en polaco)
- Comunidade xudía en Cracovia
- Map: Kraków Heritage Under Threat
- Kraków Jewish guide and genealogy in Poland
- Tourismo en Cracovia
- Webcams de Cracovia
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cracovia |
Predecesor:![]() |
![]() Capital Europea da cultura xunto con ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() 2000 |
Sucesor:![]() ![]() |
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cracovia ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Satellite photograph of the Old Town from Google Maps
- Kraków Old Town Arquivado 22 de abril de 2012 en Wayback Machine. from Krakow-Poland.com Arquivado 06 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.