Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "República de Polonia")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Rzeczpospolita Polska
República de Polonia
Bandeira  de Polonia Escudo  de Polonia
Bandeira Escudo
Himno nacional: Mazurek Dąbrowskiego
 
EU-Poland.svg
 
Capital
 • Poboación
Varsovia
1.724.404 hab. (2013)
Cidade máis poboada Varsovia
Linguas oficiais
Polaco
Forma de goberno República parlamentaria
Bronisław Komorowski
Donald Tusk
Independencia
Reino de Polonia
— independencia
— declarada

966
1795 de Rusia, Austria-Hungría e Alemaña
11 de novembro de 1918
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 70º
312.679 km²
2,6 %
2.888 km km
491 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 34º
38.502.396 (30.06.2013)
123 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 22º
US$ 420,284 millóns[1]
US$ 11.041 (2007 est.)[1]
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 21º
US$ 620,868 millóns[1]
US$ 16.311 (2007 est.)[1]
IDH (2007) 0,870 (37º) – Alto
Moeda Złoty (PLN) = 100 groszy
Xentilicio Polaco/a[2] ou polonés/a[3]
Fuso horario
 • en verán
CET
CEST
Dominio de Internet .pl
Prefixo telefónico +48
Prefixo radiofónico 3ZA-3ZZ / HFA-HFZ / SNA-SRZ
Código ISO 616 / POL / PL
Membro de: UE, ONU, OTAN, OCDE, OSCE, GV, COE
Tódolos países do mundo

Polonia[2] (en polacoPolska[ˈpɔlska] (AFI)Pl-Polska.ogg escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Bielorrusia e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.679 km² [4], facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes[4], o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa[4].

O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da I Guerra Mundial, mais volveuna perder trala II Guerra Mundial; entón foi ocupada pola Alemaña Nazi e maila Unión Soviética. Durante a II Guerra Mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.

Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).


Xeografía[editar | editar a fonte]

A súa capital é Varsovia (Warszawa). Cidades importantes son Lodz (Łódź), Cracovia (Kraków), Wroclaw (Wrocław), Poznan (Poznań), Gdansk (Gdańsk), Szczecin, Bydgoszcz, Lublin e Katowice.

A paisaxe de Polonia consiste case enteiramente das terras baixas da planicie da Europa do Norte, cunha altitude media de 173 metros, incluíndo os Sudetes (incluíndo o Karkonosze) e os Cárpatos (incluíndo os montes Tatra, onde se encontra o punto máis alto da Polonia, o Rysy, com 2 499 m de altitude) forman a fronteira sur. Varios grandes rios atravesan a planicie, especialmente o Vístula (Wisła), o Oder (Odra), o Wadra, e o Bug Ocidental. Polonia contén máis de 9 300 lagos, especialmente no norte do país. A Masuria (Mazury) é a maior e máis visitada rexión da Polonia. Sobreviven restos dos antigos bosques.

Polonia tén un clima temperado, con invernos fríos, cubertos e moderadamente severos, con precipitacións frecuentes, e veráns suaves, con chuvascadas e treboadas frecuentes. SEO

Economía[editar | editar a fonte]

Véxase: Economía de Polonia.

Goberno[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política de Polonia.
O edificio do Sejm en Varsovia

Polonia é unha democracia, cun presidente como xefe de estado, cuxa constitución data de 1997. A estrutura do goberno céntrase no gabinete de ministros encabezado polo primeiro ministro. O presidente nomea o Consello de Ministros segundo as propostas do primeiro ministro, representante da coalición maioritaria do Sejm. O presidente elíxese por voto popular cada cinco anos. O actual presidente en funcións é Bronisław Komorowski. Komorowski reemprazou o Presidente Lech Kaczynski tralo accidente aéreo do 10 de abril de 2010 no que o Presidente Kaczynski, a súa dona, e 94 persoas morreron cando se dirixían ao oeste de Rusia para conmemorar o 70 aniversario da masacre de Katyn. O actual primeiro ministro é Donald Tusk.

Os votantes polacos elixen un Parlamento bicameral que consta dunha cámara baixa de 460 (Sejm) e unha cámara alta de 100 membros (Senat). O Sejm elíxese baixo unha representación proporcional segundo o método d'Hondt, método semellante ao empregado en moitos sistemas políticos parlamentarios. O Senat, porén, elíxese baixo un raro método de escrutinio maioritario plurinominal onde os candidatos con maior apoio son elixidos por cada circunscrición.

Coa excepción dos partidos que representan as minorías étnicas, só os candidatos dos partidos políticos cun 5% do voto nacional poden obter representación no Sejm. Nas sesións conxuntas, os membros do Sejm e do Senat forman a Asemblea Nacional (Zgromadzenie Narodowe). A Asemblea Nacional reúnese en tres ocasións: cando o novo presidente xura o cargo; cando se presenta unha imputación ao presidente no Tribunal do Estado (Trybunał Stanu); e cando se declara a incapacidade do presidente para exercer os seus deberes por motivos de saúde. Até o de agora tan só se produciu o primeiro caso.

O poder xudicial xoga un papel importante na toma de decisións. As súas maiores institucións inclúen a Corte Suprema (Sąd Najwyższy); a Corte Suprema administrativa (Naczelny Sąd Administracyjny); o Tribunal Constitucional (Trybunał Konstytucyjny); e o Tribunal Estatal (Trybunał Stanu). Coa aprobación do Senat, o Sejm nomea ao valedor do pobo ou inspector para a protección dos dereitos civís (Rzecznik Praw Obywatelskich) por un período de cinco anos. O valedor do pobo ten o deber de garantir a observación e implementación dos dereitos e liberdades dos cidadáns polacos e residentes, da Lei e dos principios da vida comunitaria e a xustiza social.

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Os actuais voivodatos ou voivodías (provincias) están baseados principalmente nas rexións históricas do país, mentres que aqueles que se formaron nas dúas décadas anteriores a 1998 creáronse e nomeáronse a partir de cidades. Os voivodatos creados teñen unha superficie que vai dende os 10.000 km2 até os 35.000 km2. A autoridade administrativa a nivel do voivodato compártese entre o voivoda (governor elixido polo goberno), unha asemblea rexional electa (sejmik) e un executivo elixido pola asemblea.

Os voivodatos subdivídense en powiats (condados ou comarcas), e estes en gminas (concellos). As cidades principais adoitan ter o status de gmina e powiat á vez. Actualmente Polonia divídese en 16 voivodeships, 379 powiats (incluíndo 65 cidades co status de powiat), e 2.478 gminas.

Voivodato Cidade capital
en galego en polaco
Gran Polonia Wielkopolskie Poznań
Cuiavia-Pomerania Kujawsko-Pomorskie Bydgoszcz / Toruń
Baixa Polonia Małopolskie Kraków
Łódź Łódzkie Łódź
Baixa Silesia Dolnośląskie Wrocław
Lublin Lubelskie Lublin
Lubusz Lubuskie Gorzów Wielkopolski / Zielona Góra
Masovia Mazowieckie Warsaw
Opole Opolskie Opole
Podlaskie Podlaskie Białystok
Pomerania Pomorskie Gdańsk
Silesia Śląskie Katowice
Subcarpacia Podkarpackie Rzeszów
Świętokrzyskie Świętokrzyskie Kielce
Varmia-Masuria Warmińsko-Mazurskie Olsztyn
Pomerania Occidental Zachodniopomorskie Szczecin

Cultura[editar | editar a fonte]

A lingua oficial da República de Polonia é o polaco. Existen minorías que falan linguas oficiais nos países veciños: ucraínos, belarusos, lituanos, checos, eslovacos e alemáns. Cómpre destacar unha lingua eslava autóctona e minorizada, o caxubo. En 2005 aprobouse a Lei de Minorias Étnicas e Linguas Rexionais que recoñece a certos concellos con minorías lingüísticas significativas o dereito a establecer unha segunda lingua auxiliar que se pode utilizar xunto co polaco en contextos oficiais. Ata 2008 son 20 os concellos que estableceron esa segunda lingua: 16 o alemán, 2 caxubio, 1 lituano e 1 bielorruso.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Polonia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]