Atamán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O atamán Krasnoschekov, segundo Alexei Antropov.

Un atamán (variantes: wataman, vataman, hatman, otaman; cirílico: атаман (ruso), ватаман (ruso, rexional), отаман (ucraíno) é un termo, posibelmente de orixe turco, adoptado nos idiomas ruso e ucraíno para designar ao xefe das súas comunidades cosacas respectivas, a partir do século X, en territorios das actuais Rusia e Ucraína.

Ten dous posíbeis significados:

  • Tradicional e historicamente:

Entre os cosacos en Rusia e en Ucraína, refiríase ao Comandante en xefe do Exército Cosaco ou dunha unidade militar cosaca en tempos de guerra; en tempos de paz, era a autoridade civil máxima dunha rexión poboada na súa maioría por cosacos de orixe. Elixíase democraticamente (aproximadamente desde o século X) polos integrantes dunha comunidad cosaca por un período de un ano.

Podía ser destituído do seu cargo por a unanimidade dos votos de toda a comunidade en cualquera momento por non cumpeir coas súas responsabilidades, abuso de poder, crimes e/ou delitos que perxudicaran á comunidade cosaca, así como reelixido por outros periodos indefinidamente. Xuridicamente un atamán non contaba con ningún tipo de impunidade ante o poder lexislativo da comunidade cosaca. Os requisitos eran: ser un cosaco nativo, maior de 18 anos e ter aptitudes, experiencia, respecto e a confianza dunha comunidade cosaca. En relación co anterior, formalmente o rango militar dun elixido para ser atamán non era un factor excluínte.

Tiña atribucións militares (Comandante en xefe) de todas as tropas compostas polos cosacos de orixe en tempos de guerra e/ou en misións militares especiais. En tempos de paz, a súa responsabilidade era velar polo benestar da comunidade, planificación, xestión e relacións administrativas cívicas e políticas externas e internas en representación e en beneficio dunha comunidade cosaca.

  • Interpretación subxectiva:

Comandante dunha unidade ou dun grupo paramilitar, independente do poder do Estado (en algunhas interpretacións, xefe dunha banda de asaltantes).

Un atamán famoso[editar | editar a fonte]

Retrato de Iván Mazepa nun billete de 10 grivnias ucraínas.

Entre os atamáns da historia destaca a figura de Iván Mazepa (1639-1709), que foi o atamán do Hetmanato cosaco desde 1697 a 1708, e que, na batalla de Poltava, desertou do exército do tsar Pedro I de Rusia, pasándose ao do rei de Carlos XII de Suecia, polo que durante toda a posterior historia de Rusia e da Unión Soviética foi considerado como o arquetipo da traizón.

Porén, os ucraínos considérano un heroe nacional, e a súa efixie represéntase, desde a independencia de Ucraína, nos billetes de 10 grivnias.

Mazepa é o protagnista de Mazepa (título orixinal en ruso, Мазепа), ópera en tres actos e seis escenas con música de Piotr Ilich Chaikovski e libreto en ruso de Víktor Burenin sobre o poema Poltava de Alexander Pushkin.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]