Liña Curzon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A liña Curzon en 1945.

A liña Curzon foi unha proposta de fronteira entre Polonia e a Unión Soviética. Debe o seu nome ao Secretario de Estado de Asuntos Exteriores do Reino Unido, Lord Curzon,[1] quen a planteou como unha probable fronteira de tregua durante a guerra ruso-polaca de 19191920 (8 de decembro de 1919 ).[1] Debía servir de base para as negociacións entre as dúas nacións enfrontadas.[1]

Tras a derrota soviética fronte a Varsovia a mediados de agosto de 1920, o seu proxecto non foi aceptado,[1] e o último tratado de paz de 1921 (18 de marzo de 1921 ) concedeulle a Polonia case 135.000 km² de territorio cara ao leste de dito confín.[1]

A liña partía de Grodno no norte, até Brest para seguir logo o curso do Bug e terminar nos Cárpatos.[1]

Na Segunda Guerra Mundial, a URSS reavivou a proposta liña divisoria, esixindo a volta de todo o territorio cedido. En 1945, un tratado soviético-polaco fixou como fronteira entre ambas nacións un límite equivalente ao da liña Curzon.

Notas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]