Kaliningrado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaliningrado
Flag of Kaliningrad.png Kgd gerb.png
Situación xeográfica
Kaliningrado en Óblast de Kaliningrado
Kaliningrado
Kaliningrado
País Flag of Russia.svg Rusia
Distrito Federal Distrito Federal Noroeste
Óblast Flag of Kaliningrad Oblast.svg Óblast de Kaliningrado
Xeografía
Altitude 4,8 msnm
Superficie 215.7 km²
Poboación
Poboación 441,376 hab. (2013)
Densidade 1.964 hab/km²
Xentilicio reximontano/a[Cómpre referencia]
Información
Código postal 236010
Alcalde Iurii Savenko
Páxina web http://www.klgd.ru/

Kaliningrado (en rusoКалининград, tr. "Kaliningrad"[kəlʲɪnʲɪnˈgrat] (AFI)), Królewiec en polaco, Karaliaučius en lituano, antigamente chamada Königsberg (pronuncia en alemán [ˈkøːnɪçsˌbɛʁk] (AFI)), é a capital da provincia rusa de Kaliningrad, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico. A cidade tamén é célebre polo problema topolóxico das Sete pontes de Königsberg, resolvido por Euler no 1736.

Historia[editar | editar a fonte]

O Königsberg alemán[editar | editar a fonte]

O castelo de Köningsberg.

Kaliningrado foi fundada no 1255 polos Cabaleiros teutónicos baixo o nome de Königsberg (a montaña do rei), foi a capital da Prusia ata a unificación de Alemaña, da que pasou a formar parte. Tras a Primeira Guerra Mundial, o territorio pruso, xunto con Köningsberg, quedou aislado do resto de Alemaña polo corredor polaco de Danzig.

Na Segunda Guerra Mundial, libráronse duros combates nos aredores da cidade entre o Exército Vermello e as forzas alemás, que remataron coa vitoria soviética e a captura de case 100.000 soldados alemáns. No final da Segunda Guerra Mundial a poboación sufríu severos bombardeos aliados, que foron seguidos dunha represión intensa dos soviéticos, que tentaron exterminar ou expulsar a poboación.

Kaliningrado na Unión Soviética[editar | editar a fonte]

Ao rematar a guerra, Köningsberg foi renomeado como Kaliningrado (do nome do presidente do Comite Central do Partido Comunista, Mikhaíl Kalinin), cando a URSS anexou os territorios da rexión (rexión de Kaliningrado). Como compensación pola anexión deste territorio, Polonia anexionouse as rexións alemás de Silesia e Pokerania oriental. A súa vez, a Prusia Oriental foi dividida en dúas partes: a meridional que pasou a máns polacas, e a setentrional que foi incluída na Unión Soviética.

A maior parte dos residentes alemáns, foron expulsados da cidade. A Unión Soviética seguíu enton unha política de rusificación do territorio, sen incorporar a rexión da República Socialista Soviética de Lituania. Kaliningrado foi unha das principais bases navais soviéticas do Mar Báltico, xunto con Riga e a illa de Kronstadt.

Tras a caída da Unión Soviética e a independencia de Lituania no 1991, o territorio quedou baixo a soberanía rusa e separado do resto do país.

Kaliningrado na Federación Rusa[editar | editar a fonte]

A catedral de Kaliningrado

Tras a caída da Unión Soviética e a independencia de Lituania no 1991, o territorio quedou baixo a soberanía rusa e separado do resto do país. Kaliningrado converteuse entón nun enclave ruso illado do resto de Rusia, feito que se acentuou aínda máis cando Polonia e Lituania ingresaron na OTAN e máis tarde na Unión Europea. Por estas razóns todos os rusos desta rexión que queren pasar desta rexión ao resto de Rusia teñen que facelo a través de países membros da OTAN e da UE que lles esixen un visado. O primeiro ministro ruso Vladimir Putin declarou que este requirimento de visado era unha violación da soberanía rusa; ademais, propuxo a creación dunha zona de libre comercio na rexión, para converter a Kaliningrado no "Hong Kong do Báltico". Pouco despois, Rusia e Lituania chegaron a un acordo: os rusos que desexen cruzar Lituania recibirán un permiso especial para cruzar as fronteiras ruso-lituanas.[1]

No 2004, Alemaña estableceu a súa primeira misión diplomática na cidade, feito que é interpretado como un símbolo de confianza entre Alemaña e a Federación Rusa. [2]

En xullo de 2007, o viceprimeiro ministro de Rusia Sergéi Ivánov declarou que se Estados Unidos despregaba un sistema de defensa contra misís en Polonia, despregaríanse armas nucleares en Kaliningrado.[3] Kaliningrado é unha importante base naval para Rusia, xa que é o único porto ruso no mar Báltico no que as augas non se conxelan durante o invierno.

Personaxes famosos nacidos na cidade[editar | editar a fonte]

Estatua de Immanuel Kant en Kaliningrado.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Kaliningrado está irmandada con:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Acuerdo sobre Kaliningrado. BBC Mundo. Consultado o 16/02/2008.
  2. Germany starts Kaliningrad link. BBC News. Consultado o 16/02/2008.
  3. Rusia ameaza de novo con misís. BBC Mundo. Consultado o 16/02/2008.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kaliningrado