Período de entreguerras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Europa durante o período de entreguerras.

Coñécese como período de entreguerras ou interbellum ao período duns vinte anos comprendido entre o final da primeira guerra mundial (1918) e o inicio da segunda guerra mundial (1939). Foron dúas décadas marcadas polo cambio radical da relación entre as forzas internacionais, a consolidación de réximes autoritarios, os avances técnicos e polo marcado contraste entre un enorme desenvolvemento do capitalismo (anos 1920) e a súa maior crise (anos 1930).

Politicamente, este período viuse caracterizado pola crise das democracias liberais, o ascenso dos fascismos e os réximes autoritarios, así como o auxe dos movementos obreiros de inspiración socialista ou comunista que se inspiraban no triunfo bolxevique da Revolución Rusa. Economicamente, viu a recuperación da Gran Guerra e unha etapa de euforia económica durante os anos de 1920 que se vería truncada polo Crac do 29 e unha profunda crise que marcou os anos 30. Tradicionalmente, a historiografía sinalou esta época como o preludio que acabaría desembocando na Segunda guerra mundial e adoita dividilo en catro etapas: a recuperación postbélica (1919-1924), o auxe económico (1925-1929), a Gran Depresión (1929-1933/1936) e a xestación da segunda guerra mundial (1933/1936-1939).

Na primeira etapa os países capitalistas, cuxa cabeza era xa visiblemente Estados Unidos, viviron momentos de gran desenvolvemento económico. Este período é coñecido como os felices anos vinte.

Descrición[editar | editar a fonte]

Europa[editar | editar a fonte]

A nova configuración do mundo tras o final da primeira guerra mundial foi decidida polas potencias aliadas durante a Conferencia de Paz de París de 1919, e que marcaría o comezo desta época.[1][2][3] Os aliados empezaron os seus labores de negociación entre si o 18 de xaneiro de 1919 baixo a dirección do Comité dos Catro: Wilson, Clemenceau, Lloyd George e Orlando,[4][5][6] aínda que os que realmente dirixiron as negociacións foron os tres primeiros.[7] Con todo, o final da guerra non supuxo nin moito menos o comezo dun período estable ou pacífico: no caso de Europa, a situación político-social viuse inmediatamente axitada por feitos como a revolución de novembro de 1918 en Alemaña, a revolución húngara de 1919 ou a guerra de independencia turca (1919-1923). Estes sucesos non fixeron senón confirmar o fracaso da pretendida intención de instaurar un período de paz e estabilidade tras a "Gran Guerra", aínda que a creación da Sociedade de Nacións ía encamiñada a evitar o estalido de novos conflitos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La Conferencia de Paz en París (1919)". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 03 de febreiro de 2017. 
  2. Juan Carlos Ocaña. "Conferencia de París 1919". 
  3. "Conferencia de Paris (1919)". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 03 de febreiro de 2017. 
  4. "LA CONFERENCIA DE PAZ EN PARÍS (1919)". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 03 de febreiro de 2017. 
  5. Juan Carlos Ocaña. "Conferencia de París 1919". 
  6. "Conferencia de París (1919)". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2017. Consultado o 03 de febreiro de 2017. 
  7. "La Primera Guerra Mundial: La Conferencia de París 1919" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2008. Consultado o 03 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]