Poznań
Poznań (en latín: Posnania, en alemán: Posen, yiddish: פּױזן (Pojzn), tamén utilizado enocasión festivas o seu nome histórico: Stołeczne Miasto Poznań, "Cidade capital de Polonia") é unha das máis antigas e grandes cidades polacas (quinta por poboación absoluta con 567.000 habitantes e sexta por extensión xeográfica), situada a beiras do río Varta. Capital da rexión da Gran Polonia e arquidiocese de Poznań. Poznań atópase entre Berlín (270 km) e Varsovia (300 km) e é un importante nó ferroviario e vía de comunicación por estrada no país (estradas europeas E30 e E261), posúe ademais un aeroporto internacional.
Poznań é recoñecida por ser o berce da nación polaca, por cumprir no pasado a función de capital do estado e por ser a residencia dos monarcas polacos. Polo nomeamento do presidente da nación, Lech Kaczyński, con data 11 decembro de 2008 foi declarada, Poznań - conxunto histórico, en recordo da memoria histórica. Poznań é candidata a Capital Europea da Cultura en 2016.
Índice |
Historia [editar]
Poznań é unha das cidades máis antigas da actual Polonia. É un importante centro histórico e a capital de Voivodia de Gran Polonia. Algúns historiadores pensan que foi a capital de Polonia no século X, durante o goberno dun dos primeiros knyaz de dinastía de Piastas. O territorio de influencia da cidade de Poznań recibe en polaco o nome de Poznańia, territorio que ocupa o centro-oeste da rexión chamada Gran Polonia ou (en polaco) Wielkopolska.
É un lugar hipotético do acto simbólico de bautizar a todos os polacos, cando o príncipe Mieszko I converteuse ao cristianismo. Seguramente o primeiro bispo polaco, Jordan, instalouse en Poznań, na actual Illa da Catedral coa primeira das catedrais da cidade (968).
Poznań foi a capital da rexión da Gran Polonia até que esta pasou a converterse en posesión de Prusia en 1793 coa Segunda Partición de Polonia, cando a súa área administrativa pasou a denominarse Prusia Meridional. En 1797 os límites da cidade foron ampliados para incluír os asentamentos fóra das murallas, e en 1800 anexionouse a illa de Ostrów Tumski (incluíndo a cidade separada de Chwaliszewo) e áreas sobre a beira dereita do Warta, incluíndo Śródka e as máis pequenas cidades de Ostrówek e Łacina.
Durante o Levantamento da Gran Polonia de 1806, soldados polacos e voluntarios civís colaboraron cos esforzos de Napoleón por expulsar ás forzas prusianas. A cidade converteuse en parte do Ducado de Varsovia en 1807 e capital do Departamento de Poznań. Con todo, tras o Congreso de Viena, a Gran Polonia foi devolta a Prusia, e Pozna? pasou a ser a capital do autónomo Gran Ducado de Pousen. Despois das Revolucións de 1848, Poznań converteuse en capital da Provincia prusiana de Pousen. Posteriormente pasou a formar parte do Imperio Alemán coa unificación dos estados alemáns en 1871.
Trala derrota do Imperio Alemán na Primeira Guerra Mundial, tivo lugar o Alzamento da Gran Polonia (1918-1919) que liberou a cidade así como a maior parte da Gran Polonia. Durante a Segunda República Polaca de entreguerras, foi a capital do Voivodato de Pozna?. A Universidade de Pozna?, agora coñecida como Universidade Adan Mickiewicz, foi fundada en 1919. Durante a Segunda Guerra Mundial, Polonia sufriu a ocupación Nazi e a poboación foi reprimida con severidade. En 1945, Adolf Hitler declarou a cidade un Festung (un lugar fortificado no cal as forzas alemás conducisen unha última defensa). Como Poznań atópase na ruta directa entre Varsovia e Berlín, o Exército Vermello primeiro cercou para logo asaltar a defensa alemá na Batalla de Poznań, que culminou no asalto sobre a cidadela, causando graves danos á cidade. Desde o final da guerra, Pozna? foi a capital da súa área circundante, a pesar de que as fronteiras administrativas foron modificadas en 1957, 1975, e 1999. Así mesmo, Poznań é actualmente a sede do Voivodato de Gran Polonia, unha das dezaseis provincias de Polonia.
As manifestacións obreiras e os combates contra as forzas de seguridade do 28 e 29 de xuño de 1956 (Protestas de Poznán de 1956) foron algúns dos acontecementos principais da historia recente de Polonia.
Economía [editar]
Poznań é un dinámico centro empresarial, académico, científico e cultural. Centro industrial (grandes empresas - Volkswagen, MAN, Unilever, Beiersdorf, Bridgestone, Imperial Tobacco, Kompania Piwowarska) e de servizos, coa anual Feira Internacional de Poznań e oitenta exposicións diversas. As feiras de mostras, xutnanzas e congresos atraen cada ano 500 mil de visitantes (o que representa 50% do mercado feiral en Polonia), garantindo á cidade o segundo lugar entre as cidades máis importantes do turismo de negocios en toda Europa Central e do Leste).
En Poznań hai oito institutos públicos de ensino superior (entre eles 4 universidades) e dezasete escolas privadas, onde estudan aproximadamente preto de 142 mil estudantes. Por cada 1000 habitantes hai 221 estudantes, o que provoca que Poznań sexa neste sentido, a primeira cidade polaca que conte coa comunidade estudantil máis extensa. O mercado de traballo é moi favorable aos cidadáns. Poznań tiña en 2009 a menor taxa de desemprego de tódalas cidades polacas (2%), e o Voivodato da Gran Polonia menos do 10%.
Demografía [editar]

Festividades [editar]
A festa máis importante da cidade é 11 de novembro, a festa de San Martiño. Unha das rúas máis importantes da cidade chámase "Św. Marcin" (San Martiño).
Entre as festas máis importantes destaca a Feira de San Xoán (Jarmark Swietojanski) na semana do 23 de xuño, na que se desgustan Bigos compostos de col agre, moi similar ao sauerkraut alemán e varios tipos de carnes frescas, embutidos e cogomelos.
Monumentos [editar]
Entre os sitios máis destacados para visitar en Poznań están:
- Illa da Catedral de Poznań; A Catedral coa Capela Dourada.
- Antiga Praza Maior (Stary Rynek).
- A Casa do Concello do século XVI.
- Igrexa Parroquial da Cidade.
- O Castelo do Emperador (século XIX), construído polos Prusianos.
- A Biblioteca dos Raczyński (século XIX) e arredores da Praza da Independencia (Plac Wolności).
- Monumento ao Xuño de Poznań.
- Feira Internacional de Poznań (a máis importante de Polonia)
- O lago Malta.
- O Parque Wilson e invernadoiro.
- Xardíns zoolóxicos (co Zoo Antigo e Novo)
Universidades [editar]
A cidade de Poznań é un importante núcleo académico en Polonia. Hai até oito universidades públicas e dezaoito privadas. Algunhas das universidades de Poznań continúan coa longa tradición de ensino, tales como a Academia Lubranski, o Colexio Xesuíta ou a Universidade de Poznań.
Universidades públicas:
- Universidade Adam Mickiewicz
- Universidade de Medicina "Karol Marcinkowski"
- Universidade de Ciencias Naturais
- Universidade de Ciencias Económicas
- Academia de Educación Física "Eugeniusz Piasecki"
- Academia de Belas Artes
- Academia de Música
- Universidade Politécnica
Institutos públicos científicos e investigación:
- Instituto Occidental "Zygmunt Wojciechowski"
- Biblioteca Kórnicka
- Instituto de Física Molecular
- Instituto de Qímica Biorgánica
- Instituto de Xenética Humana
- Instituto de Xenética Vexetal
- Centro de Investigación Cósmica, "Observatorio Astroxeodinámico en Borowcz preto de Poznań"
Deporte [editar]
O equipo do fútbol máis importante de Poznań é o Lech Poznań, que xoga na primeira división polaca. Poznań é unha das cidades da Eurocopa 2012. Os partidos xogaranse no Estadio Municipal de Poznań.
Outros eventos internacionais:
- 2009: XXXIV Campionato Mundial de Remo, no Lago Malta
- 2010: XXXVIII Campionato Mundial de Piragüismo, no Lago Malta
- 2011: Campionato Mundial de hóckey sobre herba en pista cuberta.
Ciudades irmandadas [editar]
A cidade está irmandada con:[1]