Gniezno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°32′09.24″N 17°35′45.24″E / 52.5359000°N 17.5959000°E / 52.5359000; 17.5959000

Gniezno
POL Gniezno COA.svg
Escudo
Mapa
POL Gniezno map.svg
Información
País Flag of Poland.svg Polonia
Superficie 40,9 km2
Poboación 71.040 (2005)
Densidade 1.737
Fundación século VIII
Alcalde Jacek Kowalski
Gniezno - rynek 01.JPG
Páxina Oficial

Gniezno (en polaco ['gɲȋεznɔ] (AFI)Pl-Gniezno.ogg escoitar; en alemánGnesen) é unha cidade no centro-oeste da Polonia, a uns 50 km ao leste de Poznań, con aproximadamente 73.000 habitantes. Situada na voivodía da Grande Polonia (Województwo wielkopolskie)(desde 1999), anteriormente na voivodía de Poznań. É a capital administrativa do Concello (powiat) de Gniezno.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai indicios arqueolóxicos, na área da cidade, de asentamentos humanos do final do Paleolítico. Os primeiros poboamentos eslavos ocorreron nos outeiros Lech e Maiden e son datados do século VIII e a fortaleza ducal foi fundada preto do ano 800 no outeiro Lech e rodeada por algúns suburbios fortificados e poboados abertos.

A lenda de Lech, Czech e Rus[editar | editar a fonte]

De acordo coa lenda, tres irmáns: Lech, Czech e Rus penetraron nunha fraga inexplorada na procura dun lugar onde poder estabelecer un poboado. De súpeto, avistaron un outeiro cun vello carballo e unha aguia pousada nel. Lech dixo: "Adoptarei esta aguia branca coma símbolo do meu pobo e ao redor deste carballo construirei a miña fortaleza, a que chamarei de Gniezdno [actualmente: Gniezno] por causa deste niño de aguia [en polonés: gniazdo]". Os outros irmáns continuaron a camiñada pola mata a fin de encontraren un lugar para os seus pobos. Czech seguiu cara o sur onde se estableceu, fundando o País dos Checos. Rus foi para o leste onde creará a Rusia e a Ucraína.

Berce do Estado polonés[editar | editar a fonte]

No século X Gniezno tornouse unha das principais cidades da antiga dinastía Piast, fundadores do Estado polaco.

Gniezno no ano 1000[editar | editar a fonte]

No ano 1000 ocorreu na cidade o Congreso de Gniezno, durante o cal Bolesław I, o Bravo (Bolesław Chrobry), duque da Polonia, recibiu ao Emperador Otón III do Sacro Imperio Romano-Xermánico. O emperador e o duque celebraron a fundación da provincia eclesiástica de Polonia (arcebispado) en Gniezno, coa creación de bispados en Kołobrzeg para a Pomerania, Wrocław para a Silesia, Cracovia para a Pequena Polonia (Małopolska) e máis tarde tamén, o xa existente desde 968, bispado en Poznań para a parte occidental da Grande Polonia (Wielkopolska). En 1024 Bolesław I coroouse rei da Polonia (segundo outra versión, isto tería acontecido no ano 1000 ou 1025).

A coroación real[editar | editar a fonte]

Catedral

A catedral de Gniezno, do século X, testemuñou as coroacións reais de Bolesław I, o Bravo e do seu fillo Mieszko II Lambert, en 1025. Gniezno e a cidade próxima de Poznań foron tomadas, saqueadas e destruídas no 1038, polo duque da Boemia, Brzetysław I, que obrigou o próximo rei de Polonia a mudar a capital do país a Cracovia. A catedral arcebispal foi reconstruída por este gobernante, o rei Bolesław II, que foi coroado nela en 1076.

No século seguinte Gniezno pasou a ser a sede rexional da parte oriental da Grande Polonia (Wielkopolska), e no 1238 foille dada a autonomía municipal polo duque Władysław Odonic. Gniezno foi novamente lugar de coroacións reais en 1295 e 1300.

Sede rexional da Grande Polonia (Wielkopolska)[editar | editar a fonte]

A cidade sería novamente destruída polos Cabaleiros Teutónicos no 1331 e despois dunha reforma administrativa transformouse nun Powiat (condado ou concello) dentro da voivodía de Kalisz (desde o século XIV ate 1768). Gniezno foi atinxida por varios incendios, destacando os de 1515 e 1613, foi destruída durante a invasión sueca das guerras dos séculos XVII e XVIII e sufriu a peste de 1708-1710. Todo iso causou a súa despoboación e o seu declive económico. A cidade rexurdiu durante o século XVIII e tornouse voivodía no 1768.

Arcebispado de Gniezno[editar | editar a fonte]

O arcebispo católico romano de Gniezno é tradicionalmente o Primaz de Polonia (Prymas Polski). Despois das particións de Polonia a sé foi frecuentemente combinada con outras, primeiro coa de Poznań e despois coa de Varsovia. En 1992, o Papa Xoán Paulo II reestruturou as dioceses polacas e a cidade obtivo un bispo propio. O cardeal Józef Glemp, que fora arcebispo de Gniezno-Varsovia, pasou a ser apenas arcebispo de Varsovia e foi nomeado como arcebispo metropolitano de Gniezno, o bispo Henryk Muszyński. O Papa decidiu que o título de Primado da Polonia debería permanecer vinculado ao lugar histórico de San Adalberto na arquidiocese de Gniezno e confirmado que o cardeal Józef Glemp, arcebispo de Varsovia, que tiña a custodia das reliquias do Santo, que son veneradas na Catedral de Gniezno, debería carregar o título de Primado da Polonia. O papa Bieito XVI estipulou que, a pesar da súa aposentadoria, o cardeal Glemp continuará sendo o primado ate que teña oitenta anos de idade.

Vista panoramica de Gniezno
Século XIX, vista panorámica de Gniezno

Coroacións reais na catedral de Gniezno[editar | editar a fonte]

Demografía[editar | editar a fonte]

Porta Regia-As portas da catedral
  • 1912: 25.339 habitantes
  • 1980: 62.400 habitantes
  • 1990: 70.400 habitantes
  • 1995: 71.000 habitantes

Educación[editar | editar a fonte]

  • Collegium Europaeum Gnesnense
  • Escola de Humanismo e Administración de Gniezno - Millennium (Gnieźnieńska Wyższa Szkoła Humanistyczno-Menedżerska Millennium)
  • Seminario Eclesiástico do Arcebispo (Prymasowskie Wyższe Seminarium Duchowne)

Artes e cultura[editar | editar a fonte]

  • Teatro Aleksander Fredro (Teatr im. A. Fredry)
  • Museo das Orixes do Estado Polonés (Muzeum Początków Państwa Polskiego)

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]