Miecislao I de Polonia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Miecislao I 935 - 992 |
||||||
| Príncipe de Polonia | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
||||||
|
Miecislao I, en polaco Mieszko I, nado no ano 935 e finado o 25 de maio de 992, fillo de Siemomysł, foi o primeiro príncipe coñecido de Polonia.
Traxectoria [editar]
Gobernou entre 960 e 992. Converteu o país ao cristianismo e proclamouse Duque de Polonia (962). Comezou gobernando a tribo dos polanos, de onde provén o nome de Polonia, para ir conquerindo ao longo do seu reinado outras tribos, creando así o estado de Polonia sentando os alicerces do seu aparato administrativo. Cara 990 apoderouse dunha parte de Pomerania e de Silesia.
Casado con Dobrava de Bohemia, tiveron dous fillos:
- Boleslao.
- Świętosława, casada en primeiras nupcias con Erik VIII de Suecia e en segundas con Svend I de Dinamarca.
| Predecesor: Siemomysł |
Principe de Polonia 960 -962 |
Sucesor: — |
| Predecesor: — |
Duque de Polonia 962 - 992 |
Sucesor: Boleslao I o Bravo |