Consello de ministros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un consello de Ministros ou gabinete de ministros é, nun sentido institucional, parte do poder executivo dun goberno, e designa o conxunto dos ministros e mailo seu presidente ou primeiro ministro, quen compoñen o poder executivo dun Estado, exercendo como órgano colexiado. Con todo, a composición e funcións do gabinete é distinta en cada país.

A palabra gabinete, a parte do consello de ministros, tamén pode designar a outras entidades políticas ou administrativas.