Wikipedia:Como escribir un bo artigo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Antes de xerar o teu primeiro artigo en Wikipedia deberías ter presentes algunhas ideas:

  1. Sé valente.
  2. Por favor, non escribas artigos de autopromoción, publicidade nin ensaios persoais.
  3. Ten coidado con: copiar cousas doutros sitios, material polémico, artigos redundantes ou artigos extremadamente curtos.

Índice

[editar] Sé valente

Queremos que os novos usuarios escriban artigos. Non te preocupes dos erros; pódense corrixir. Se non estás seguro do que vas facer, adiante, faino. Se outros wikipedistas cren que non cumpre coas nosas políticas, ten en conta que será reeditado ou retirado. Porén, aos galipedistas gústalles arranxar e mellorar artigos, así que non teñas medo de contribuír na Enciclopedia Libre.

[editar] Pero por favor, non escribas...

Páxinas de autopromoción
artigos sobre ti mesmo. Se es merecedor dunha mención na enciclopedia, deixa que outra persoa o faga por ti. Escribir sobre os teus amigos na enciclopedia pode parecer unha simpática sorpresa ou unha broma graciosa, pero eses artigos moi posiblemente serán borrados. Por favor evita iso para non ferir os sentimentos de ninguén.
Publicidade 
Por favor, non promociones o teu produto ou empresa. Por favor, non insertes ligazóns externas cara a páxina da túa empresa a non ser que de verdade mereza estar no artigo. Existen artigos sobre produtos ou grandes empresas como Intel, pero se escribes sobre un produto ou empresa, asegúrate de escribilo desde un Punto de vista neutral.
Ensaios persoais ou investigación orixinal 
Na Wikipedia escríbese sobre coñecemento humano existente; non é un lugar para publicar novos traballos. Non escribas artigos onde se presenten as túas teorías orixinais, opinións ou pensamentos.
Só unha liña ou só unha ligazón a outro sitio 
Os artigos necesitan máis contido e non ser só unha referencia a outro sitio.

Para máis información, por favor, le Wikipedia:O que a Wikipedia non é.

[editar] E ten coidado con...

  • Copiar cousas. Non violes dereitos de autor. Para estar seguros, non copies máis dunha oración de texto de calquera parte, e documenta calquera referencia que empregues. Podes copiar material do que esteas seguro que se encontre no dominio público, pero aínda para material no dominio público debes documentar as túas referencias. Tamén decátate de que a gran maioría das páxinas en Internet non están no dominio público e a maioría das letras de cancións tampouco o están. De feito, a maioría dos textos escritos desde 1976 están automaticamente baixo dereitos de autor aínda cando non teñan unha nota sobre dereitos de autor ou un sinal que o indique. Se cres que co que estás contribuíndo está no dominio público, menciona de onde o estás traendo, ben sexa no mesmo artigo ou na súa páxina de conversa, e aquí comenta por que cres que está no dominio público (por exemplo, "Publicárono no ano 1867...").
  • Boa investigación. Os artigos escritos sen bases son mellor que nada, pero é difícil verifica-la súa autenticidade. Por favor, investiga coas mellores fontes dispoñibles e cítaas.
  • Material polémico. Por favor, non escribas artigos que teñan un punto de vista en particular sobre política, relixión ou calquera outra cousa. Comprende o que queremos dicir con punto de vista neutral antes de empezar a escribir sobre un tema.
  • Artigos redundantes. Antes de xerar un artigo, é unha boa idea buscar un artigo xa existente sobre o mesmo tema. Algunhas veces un artigo simplemente ten un nome diferente do que pensabas. Tamén ten en mente que o artigo que queres escribir pode ser parte dun artigo máis xeral (por exemplo, se queres escribir sobre o Triángulo equilátero deberías buscalo primeiro en Triángulo), é unha boa idea buscalo nas categorías principais ubicadas na Portada. Se o artigo xa existe, encontralo aforrará un dobre esforzo, o que che permitirá dirixir a túa enerxía a expandir o artigo existente aínda máis. Podes axudar aos editores e lectores xerando redireccións desde o artigo que querías escribir ata o artigo que encontraches (se son sinónimos, ou falan do mesmo, por exemplo).
  • Artigos extremadamente curtos que son só definicións. Trata de escribir un bo parágrafo sobre un tema que diga algo. Os bos "esbozos" de artigos son benvidos, serven como base para escribir bos artigos. Se non tes suficiente material para iniciar un bo esbozo, probablemente non deberías crealo. As definicións pertencen a oturo proxecto, ao Galizionario.
Cuestionable
Mellor
Unha cámara fotográfica é un aparato para tomar fotografías. Unha cámara fotográfica é un dispositivo utilizado para tomar fotografías, xa sexa individualmente ou en secuencia. O seu nome deriva do latín camera obscura, que significa "cámara escura" e refírese a un mecanismo antigo para proxectar imaxes no cal unha habitación (ou cámara) funcionaba de maneira similar a como funciona unha cámara fotográfica actualmente.

{{esbozo}}

[editar] Ligazóns relacionadas

Ferramentas persoais