Aleixo I de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Alexis I de Rusia")
Aleixo I de Rusia
Alexis I of Russia (Hermitage).jpg
Alexei Mikhailovich Romanov
Tsar de Rusia
Período: 12 de xullo de 1645 - 29 de xaneiro de 1676
Antecesor: Miguel I
Sucesor: Teodoro III
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 1596
Lugar: Moscova, Rusia
Falecemento: 1645
Lugar: Moscova, Rusia
Organización: {{{partido}}}
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Aleixo I de Rusia (en ruso: Алексей Михайлович Романов, Aleksei Mikhailovich Romanov), nado o 9 de marzo de 1629 (xuliano) e finado o 29 de xaneiro de 1676 (xuliano), foi Tsar de Rusia durante unha das décadas máis gloriosas da súa historia no século XVII. Foi pai de tres tsares, Teodoro III, Iván V e Pedro o Grande.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O Tsar Aleixo escolle noiva por Grigory Sedov.

Aleixo accedeu ó trono con dezaseis anos de idade, logo da morte do seu pai o 12 de xullo de 1645. A súa educación encargouselle ó boiardo Boris Morozov, un político astuto e sensible mentor, suficientemente educado para recoñecer as necesidades do seu país, e inaccesible ás ideas de occidente.

A política exterior de Morozov foi pacifista. Pechou un tratado con Polonia e evitou cuidadosamente complicacións co Imperio Otomán. A súa política interna procurou ser xusta, tentando aliviar as arcas públicas, limitando os privilexios dos comerciantes estranxeiros e abolindo moitas cortes caras e inútiles. O 17 de xaneiro de 1648, Morozov acordou o matrimonio do tsar con María Miloslavskaya; el mesmo casou coa irmá desta, dez días despois.

Morozov foi moi impopular, considerado como o típico boiardo ambicioso do século XVII, detestado e acusado de feiticería e bruxería. En maio de 1648 o pobo de Moscova alzouse na súa contra e do tsar no chamado Tumulto da Sal, víndose o tsar obrigado a exiliar a Morozov ó mosteiro de Kirilo-Belozersky por algúns meses. O tsar envíou moitas cartas ó seu mentor, e instou ós gardas a que o tratasen de xeito civilizado.

Asociados e política[editar | editar a fonte]

Alexei e Nikon diante da tumba de San Filipe.

No ano 1653 a debilidade e a desorde de Polonia, que acaba de saír da Revolta Khmelnytsky, é aproveitada polo tsar Aleixo para intentar xuntar as terras do seu rival da antiga Rusía. O 1 de outubro de 1653 unha Asemblea Nacional reuniuse en Moscova por mor da guerra e para atopar os medios para a súa realización, e en abril de 1654 bendecido por Nikon. A campaña de 1654 foi un triunfo ininterrompido, e ducias de cidades, incluíndo a importante fortaleza de Smolensk, caeu en mans dos rusos. Foi tamén durante esta guerra na que o ucraíno Hetman Bogdan Khmelnitsky acudiu ó tsar Aleixo pedindo protección contra os polacos, o que supuxo o dominio ruso da marxe esquerda de Ucraína.

En xaneiro de 1655 a derrota de Akhmatova detivo o progreso do tsar, pero en verán do mesmo ano, a invasión súbita por Carlos X de Suecia varreu o estado polaco da existencia, e, os rusos, por unanimidade, apropiáronse de todo o que non foi ocupado polos suecos. Cando os polacos ofreceron negociar, o tsar reclamou o Gran Ducado de Lituania. Afortunadamente para a Polonia, o tsar e o rei de Suecia xa discutiran sobre a repartición e, a finais de maio 1656 Aleixo, incentivado polo emperador de Habsburgo e os outros inimigos de Suecia, declarou guerra.

Grandes novas foron esperadas da guerra con Suecia, pero non se obtivo ningunha. Dorpat foi conquistado, pero incontables multides foron perdidas en van antes de chegar a Riga. Mentres tanto, Polonia recuperou forzas e poderío supondo un inimigo máis perigoso que Suecia, e como era imposible manter unha guerra cos dous países, Aleixo decidiu librarse primeiro dos suecos. Coa Paz de Kard (2 de xullo de 1661), Rusia perdeu todas as súas conquistas na guerra con Suecia.

Co Tratado de Andrusovo (1667), Vitebsk, Polotsk e a Livonia polaca foron devoltas a Polonia, pero Kiev e Smolensk quedaron en mans rusas xunto co resto da cunca do río Dnieper. Esta tregua foi obra de Afanasy Ordino-Nashchokin, o primeiro chanceler e diplomático ruso, no sentido moderno, que despois da vergoña de Nikon se converteu no primeiro ministro do tsar, ata 1670, cando foi substituído por Artamon Matveyev, cuxa influencia benéfica prevaleceu ata a fin do reinado de Aleixo.

Cando Carlos I de Inglaterra foi decapitado polos parlamentarios so as ordes de Oliver Cromwell no 1649, o tsar indignado rompeu as relacións diplomáticas con Inglaterra e aceptou os refuxiados realistas en Moscova. Prohibiu a todos os comerciantes ingleses no seu país e proporcionou asistencia financeira a Henriqueta María de Francia, viúva do rei Carlos.[1]

Familia e desdendencia[editar | editar a fonte]

O primeiro matrimonio de Aleixo con Maria Miloslavskaia foi un éxito, dando á luz a trece bebés en vinte e un anos de matrimonio: cinco nenos e oito nenas. Desgraciadamente, Maria morreu semanas despois do último parto. Sobreviviron catro fillos, Alexei, Teodoro, Semion, e Iván, aínda que dous deles morreron en seis meses, incluíndo o herdeiro de 16 anos Alexei.

Aleixo volve casar o 1 de febreiro de 1671, con Nataliya Kyrillovna Naryshkina (1 de setembro de 1651 - 4 de febreiro de 1694), da nobreza tátara. Creceu na casa de Artamon Matveyev e foi pupila da súa muller Mary Hamilton, de descendencia escocesa. Deste matrimonio tivo tres fillos, un neno e dúas nenas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Massie, Robert K. Peter the Great: His Life and World. Knopf: 1980. ISBN 0-394-50032-6. Page 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aleixo I de Rusia
Predecesor:
Miguel I de Rusia
Coat of arms of Russia in 17th century.gif
Tsar de Rusia

1645 - 1676
Sucesor:
Teodoro III de Rusia


 
Soberanos da Rusia preimperial
Coat of Arms of Moscow.png
Iván o Terrible | Simeón Bekbulatovich (O Tsar falso) | Teodoro I | Boris Godunov | Teodoro II | Demetrio II | Basilio IV | Ladislao IV | Miguel III | Alexis I | Teodoro III | Sofía Alexeiievna | Iván V (Soberano con Pedro o Grande)
 
Tsares da Rusia Imperial
Romanov Flag.svg
Pedro I | Catarina I | Pedro II | Ana Ivanovna | Iván VI | Sabela I | Pedro III | Catarina II | Paulo I | Alexandre I | Nicolao I | Alexandre II | Alexandre III | Nicolao II