Invasión soviética de Polonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Invasión soviética de Polonia
Soviet invasion on Poland 1939.jpg
Forzas soviéticas marchan a través de Polonia.
Data: 17 de setembro6 de outubro de 1939
Lugar: Polonia
Conflito: Segunda Guerra Mundial
Desenlace: vitoria soviética
Resultado: o territorio de Polonia foi dividido e anexionado
Combatentes
Flag of Poland.svg Polonia Flag of the Soviet Union.svg Unión Soviética
Forzas en combate
20.000 Corpo de protección de fronteiras

250.000 Exército polaco

466.516 - 800.000 soldados

33 divisións
11 brigadas
4.959 canóns
4.736 tanques
3.300 avións

Efectos
Mortes: 3.000 - 7.000 mortos ou desaparecidos

máis de 20.000 feridos

Mortes: 1.475 - 3.000 mortos ou desaparecidos

2.383 - 10.000 feridos

A invasión soviética de Polonia de 1939 foi unha operación militar da Unión Soviética iniciada sen unha declaración formal de guerra o día 17 de setembro de 1939, durantes as primeira fases da Segunda Guerra Mundial. Dezaseis días despois de que a Alemaña nazi invadise Polonia dende o oeste, a Unión Soviética fixo o mesmo dende o leste. A invasión rematou o 6 de outubro de 1939 coa división e anexión de toda a Segunda República Polaca polos alemáns e os soviéticos.

A comezos de 1939 a Unión Soviética iniciou negociacións co Reino Unido, Francia, Polonia e Romanía para establecer unha alianza contra a Alemaña nazi. As negociacións fallaron cando os soviéticos esixiron a Polonia e Romanía dereitos de tránsito para as súas tropas no seu territorio como parte dun acordo colectivo de seguridade. O fracaso desas negociacións levaron á Unión Soviética a asinar o pacto Ribbentrop-Molotov coa Alemaña nazi o 23 de agosto; este era un pacto de non-agresión que contiña un protocolo segredo para dividirse o norte e o leste de Europa. Unha semana despois de asinar o tratado as forzas alemás invadiron Polonia dende o norte, oeste e sur. As forzas polacas retiráronse cara o sueste e preparáronse para a defensa na cabeza de ponte romanesa, agardando polo apoio francés e británico. O Exército Vermello invadiu o Kresy (as provincias da fronteira leste) segundo o protocolo segredo o día 17 de setembro. O goberno soviético anunciou que estaba actuando para protexer aos ucraínos e bielorrusos que vivían na parte leste de Polonia, debido a que o estado polaco colapsara polo ataque alemá e non podía garantir a seguridade dos seus propios cidadáns. Cunha segunda fronte, o goberno polaco chegou á conclusión de que a defensa da cabeza de ponte romanesa xa non era factible, e ordenou a evacuación de emerxencia de todas as tropas á neutral Romanía.

O Exército Vermello, moito máis numeroso que a resistencia polaca, acadou os seus obxectivos, e capturou a uns 230.000 prisioneiros de guerra. O goberno soviético anexionou o territorio baixo o seu control, e no mes de novembro fixo que os 13,5 millóns de cidadáns polacos das zonas controladas pasasen a ser cidadáns da Unión Soviética. Inmediatamente comezaron unha campaña de sovietización nos novos territorios adquiridos. Realizaron unhas eleccións coa intención de lexitimar a anexión do leste de Polonia, e sufocaron a oposición por medio de execucións sumarias e milleiros de detencións. A Unión Soviética enviou a centos de persoas a Siberia e outras zonas remotas do país en catro grandes ondas de deportación entre 1939 e 1941.

As forzas soviéticas ocuparon o leste de Polonia ata o verán de 1941, cando foron expulsados pola invasión do exército alemán durante a Operación Barbarossa. A zona estivo baixo a ocupación nazi ata que o Exército Vermello reconquistouna no verán de 1944. Un acordo na Conferencia de Ialta permitiu á Unión Soviética anexionarse case toda a súa porción da Segunda República Polaca segundo o Pacto Molotov-Ribbentrop, compensando á República Popular de Polonia coa metade sur de Prusia Oriental e territorios ao leste da liña Oder-Neisse. A Unión Soviética integrou os territorios invadidos nas Republicas Socialistas Soviéticas de Ucraína e Bielorrusia.

En agosto de 1945, tras o final da guerra en Europa, a Unión Soviética e Polonia asinaron un tratado de fronteiras. Este acordo recoñecía o status quo da fronteira oficial coa excepción da rexión ao redor de Bialystok e unha pequena parte da ribeira leste do río San ao seu paso por Przemyśl, en Galicia, que foi devolta a Polonia.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Antecedentes históricos[editar | editar a fonte]

O resultado da conferencia de paz de París fixo pouco para diminuír as ambicións territoriais das partes na rexión. Józef Piłsudski tratou de ampliar os límites de Polonia cara o leste como un intento de crear unha federación liderada polo país para contrarrestar calquera posible intención imperialista por parte de Rusia ou Alemaña. Ao mesmo tempo, os bolxeviques comezaron a gañar vantaxe na Guerra Civil Rusa e comezaron a avanzar cara o oeste, cara os territorios en disputa coa intención de aistir a outros movementos comunistas no leste de Europa. As escaramuzas fronteirizas de 1919 deron paso á Guerra polaco-soviética de 1920. Despois da vitoria polaca na batalla de Varsovia, os soviéticos pedirn a paz e a guerra rematou cun armisticio en outubro de 1920. As partes asinaron un tratado formal de paz, a paz de Riga, o 18 de marzo de 1921, dividindo os territorios disputados entre Polonia e a Unión Soviética. Nunha acción que en gran parte determinou a fronteira entre os dous países durante o período de entreguerras, os soviéticos ofreceron á delegación de paz polaca concesións territoriais nas áreas limítrofes en disputa, que se asemellaban moito á fronteira entre o Imperio Ruso e a República das dúas nacións antes da primeira partición de 1772. A raíz do acordo de paz, os líderes soviéticos abandonaron en gran medida a causa da revolución interacional e non retomaron o concepto ata pasados uns 20 anos.

Negociación do tratado[editar | editar a fonte]

A mediados de marzo de 1939, a Unión Soviética, o Reino Unido e Francia comezaron a suxerir propostas comerciais e plans on respect a un possible acordo politico e military contra unha potencial aggression alemá. Polonia non participou nesas conversas, actuando así sobre a crenza de que calquera alineamento polaco coa Unión Soviética podería levar a unha seria reacción xermana. As discusións entre as tres partes centráronse en garantías potenciais aos países do centro e o leste de Europa que podían ser agredidos por Alemaña. Os soviéticos non se fiaban da honra dos británicos e os franceses para asinar un acordo de seguridade colectiva, xa que non se moverán contra os fascistas durante a Guerra Civil Española nin protexeran Checoslovaquia dos obxectivos expansionistas da Alemaña nazi. A Unión Soivética tamén sospeitaba que o Reino Unido e Francia poderían manterse á marxe nun potencial conflito entre os soviéticos e os nazis. Como resultado, os soviéticos só buscaron unha alianza militar blindada que garantise apoio contra un ataque ao seu territorio. A Unión Soviética insitíu nunha esfera de influencia que fose dende Finlandia ata Romanía para que servise de como zona de amortiguamento, e apoio military no case de que outro país atacase a Unión Soviética ou un país da proposta esfera. Tamén insistíu no dereito de entrar neses países da súa esfera no caso de que a súa seguridade estivese ameazada. Cando as conversas militares comezaron a mediados de agosto, as negociacións rapidamente quedaron estancadas no tema do paso de tropas soviéticas a través de Polonia se os alemáns atacaban, e as partes agardaron a que oficiais británicos e franceses presionasen aos polacos para que aceptasen eses termos. Porén, os oficiais polacos rexeitaron permitir ás tropas soviéticas no seu territorio porque crían que unha vez o Exército Vermello entrase en Polonia nunca marcharía. Os soviéticos suxeriron que os desexos polacos fosen ignorados e que os acordos tripartitos rematarían a pesar das súas obxeccións. Os británicos negáronse a facelo porque crían que iso levaría a que se estableceses unhas fortes relacións entre Polonia e Alemaña.

División planeada e real de Polonia segundo o pacto Molotov-Ribbentrop

Mentres tanto, durante meses oficiais alemáns deron a entender segredamente aos diplomáticos soviéticos que eles poderían ofrecer unhas condicións mellores que os franceses e os británicos no caso de asinar un acordo político. A Unión Soviética comezou a negociar coa Alemaña nazi agardando establecer un acordo económico mentres que ao mesmo tempo seguía negociando con Francia e Reino Unido. A finais de xullo e principios de agosto de 1939, oficiais soviéticos e alemáns puxéronse de acordo na meirande parte dos detalles para un posible tratado económico, dirixido cara un potencial acordo politico. O 19 de agosto de 1939 concluíron o acordo comercial xermano-soviético de 1939, un tratado comercial para o intercambio de materias primas soviéticas a cambio de armas, tecnoloxía militar e maquinaria civil dos alemáns. Dous días despois, os soviéticos suspenderon as conversas militares do tripartito. O 24 de agosto, a Unión Soviética e Alemaña asinaron o tratado político e militar que acompañou ao acordo económico, o pacto Ribbentrop-Molotov. Este pacto foi un acordo mutio de non agresión que contiña protocolos segredos para dividirse os estados do norte e o leste de Europa en esferas de influencia alemás e soviéticas. A esfera soviética inicialmente incluía Letonia, Estonia e Finlandia. Alemaña e a Unión farina unha partición de Polonia, coas partes ao leste dos ríos Pisa, Narev, Vístula e San indo a parar ás mans dos soviéticos. O pacto proporcionaba aos soviéticos un espazo extra defensivo no oeste, presentando unha oportunidade para recuperar territories cedidos na paz de Riga e unir os pobos do leste e o oeste de Ucraína e Bielorrusia baixo un goberno soviético.

O día despois de que os alemáns e os soviéticos asinasen o pacto, a delegación militar francesa e británica pediron unha reunion urxente co negocador military soviético Kliment Voroshilov. O 25 de agosto Vo-roshilov díxolles “en vista de que a situación política cambiou, non hai ningún propósito útil para continuar as conversas”. Ese mesmo día, Reino Unido e Polonia asinaron o Pacto de asistencia mútua anglo-polaca. Neste acordo, o Reino Unido comprometeuse coa defense de Polonia, garantindo preserver a súa independencia.

Invasión alemá de Polonia[editar | editar a fonte]

O 26 de agosto Hitler intentou disuadir aos británicos e aos franceses para que non interferisen no próximo conflito, incluso comprometéndose a que o Reino Unido tivese forzas da Wehrmacht á súa disposición nun futuro. Na medianoite do 19 de agosto, o ministro de exteriores alemán, Joachim von Ribbentrop, entregou ao embaixador británico, Neville Henderson, a lista de termos que supostamente garantiría a paz co respecto a Polonia. Baixo eses termos, Polonia devolvería Danzig a Alemaña e debería haber un referendum no corredor polaco, baseado na residencia en 1919, dentro do ano. Cando o embaixador polaco Lipski foi ver a Ribbentrop o 30 de agosto, anunciou que el non tiña o poder para asinar e Ribbentrop despedíuno. Os alemáns anunciaron que Polonia rexeitara o otrecemento xermano e as negociacións remataron. O 31 de agosto unidades alemás disfrazadas de polacas escenificaron o incidente Gleiwitz preto da cidade fronteiriza de Gleiwitz. Na mañá seguinte Hitler ordenou que as hostilidades contra Polona comezasen ás 4:45 do 1 de setembro.

Os gobernos aliados declaráronlle a Guerra a Alemaña o 3 de setembro pero non aportaron ningún apoio significativo. A pesar de que algúns polacos tiveran éxito en zonas fronteirizas menores, a superioridade técnica, operacional e numérica dos alemáns forzaron aos polacos a retroceder cara Varsovia e Lwów. O 10 de setembro o comandante en xefe polaco, o mariscal Edward Rydz-Śmigły, ordenou unha retirada xeral ao o sueste, cara a cabeza de ponte romanesa. Pouco despois de que comezasen a súa invasión de Polonia, os líderes nazis comezaron a urxir aos soviéticos para que cumprisen o acordó e atacasen dende o leste.

Os gobernos aliados declaráronlle a Guerra a Alemaña o 3 de setembro pero non aportaron ningún apoio significativo. A pesar de que algúns polacos tiveran éxito en zonas fronteirizas menores, a superioridade técnica, operacional e numérica dos alemáns forzaron aos polacos a retroceder cara Varsovia e Lwów. O 10 de setembro o comandante en xefe polaco, o mariscal Edward Rydz-Śmigły, ordenou unha retirada xeral ao o sueste, cara a cabeza de ponte romanesa. Pouco despois de que comezasen a súa invasión de Polonia, os líderes nazis comezaron a urxir aos soviéticos para que cumprisen o acordó e atacasen dende o leste. O ministro de exteriores soviético Vyacheslav Molotov e o embaixador alemán en Moscova Friedrich Werner von der Schulenburg intercambiáronse unha serie de mensaxes diplomáticas sobre a material, pero os soviéticos porén atrasaron a súa invasión do leste de Polonia. A Unión Soviética estaba distraída por eventos cruciais relacionados coas súas disputas fronteirizas con Xapón. Precisaba tempo para mobilizar ao Exército Vermello e viron unha vantaxe diplomática agardando que Polonia se desintegrase antes de realizar o seu movemento. O 17 de setembro de 1939 entregou a seguinte declaración de Guerra ao embaixador polaco en Moscova:

A Guerra xermano-polaca revelou a quebra interna do estado polaco. Durante o curso de dez días de hostilidades Polonia perdeu todas as súas áreas industriais e centros culturais. Varsovia, como capital de Polonia, xa non existe. O goberno polaco desintegrouse, e xa non amosa signos de vida. Isto significa que o estado polaco e o seu goberno, de feito, deixaron de existir. Do mesmo xeito, os acordos entre a Unión Soviética e Polonia deixaron de estar vixentes. Deixando os seus propios recursos e falta de liderazgo, Polonia converteuse nun campo apto para todo tipo de perigos e sorpresas, o que pode constituír unha ameaza para a Unión Soviética. Por esas razóns o goberno soviético, que ata o de agora foi neutral, non pode seguir mantendo unha actitude neutral cara eses feitos.

O goberno soviético non pode ver con indiferenza o feito de que os habitantes afíns de Ucraína e a Rusia Branca, que viven en territorio polaco e que están a mercede do destino, poidan quedar indefensos.

Nestas circunstancias, o goberno soviético solicitou ao Alto Mando do Exército Vermello que ordenase ás tropas cruzar a fronteira e coller baixo a súa protección as vidas e as propiedades da poboación do oeste de Ucraína e a Rusia Branca.

Ao mesmo tempo o goberno soviético propón tomar todas as medidas para sacar ao pobo polaco da infortunada guerra á que foron arrastrados polos seus imprudentes líderes, e permitir que vivan unha vida en paz.

Comisario do Pobo para Asuntos Exteriores da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas V. Molotov

Ese mesmo día Molotov declarou na radio que todos os tratados entre a Unión Soviética e Polonia non tiñan xavalor: o goberno polaco abandonara á súa xente e efectivamente deixara de existir. Tamén ese día o Exército Vermello cruzaba a fronteira e entraba en Polonia.

Invasión soviética[editar | editar a fonte]

Situación en Polonia o día da invasión[editar | editar a fonte]

Na mañá do 17 de setembro de 1939, a administración polaca aínda estaba activa no territorio completo de seis voivoados orientais, ademais de en partes doutros cinco voivoados; no leste de Polonia as escolas estaban abertas a mediados do mes de setembro. As unidades do exército polaco concentraron as súas actividades en dúas áreas, no sur (Tomaszów Lubelski, Zamość, Lwów) e no centro (Varsovia, Modlin e o río Bzura). Debido á forte defensa polaca e á falta de combustible, o exército alemán estancouse, e a situación estabilizouse nas áreas ao leste da liña Augustów (Grodno, Białystok, Kobryń, Kowel, Żółkiew, Lwów, Żydaczów, Stryj, Turka). As conexión por ferrocarril estiveron operativas nun terzo do territorio do páis, e tanto o tráfico de pasaxeiros como de carga levábase a cabo coas fronteiras de cinco países veciños (Lituania, Letonia, Unión Soviética, Romanía e Hungría). En Pińsk, os plans de fabricación de varios bombardeiros PZL.37 Łoś seguían adiante, nunha fábrica de PZL que se trasladara dende Varsovia. Un barco da armada francesa con carros de combate Renault R35 para Polonia achegouse ao porto romanés de Constanta, e outro barco, con equipo de artillería, acababa de deixar Marsella. En total, dazasete barcos franceses con material foron enviados aos portos romaneses de Constanta e Galati, levando cincuenta carros de combate, vinte avións e gran cantidade de munición e dinamita. As maiores cidades aínda estaban en mans polacas, como Varsovia, Lwów, Wilno, Grodno, Łuck, Tarnopol e Lublin (capturada polos alemáns o 18 de setembro). Segundo o historiador Leszek Moczulski, aproximadamente 750.000 soldados estaban aínda nas ringleiras do exército polaco (os historiadores polacos Czesław Grzelak e Henryk Stańczyk afirman que eran uns 650.000), incluídas dúas brigadas motorizadas e vinte e seis divisións de infantería.

O exército polaco, a pesar de estar decimado por semanas de loita, aínda era unha forza formidable. Como escribiu o historiador Leszek Moczulski, o 17 de setembro de 1939 o exército polaco aínda era máis grande que a meirande parte dos exércitos europeos, e suficientemente forte para poder loitar contra a Wehrmacht durante longo tempo. Na liña BaranowiczeŁuniniec - Równe, os ferrocarrís transportaban tropas da esquina nordeste do país cara a cabeza de ponte romanesa día e noite, e a segunda batalla máis grande da campaña de setembro, a batalla de Tomaszów Lubelski, comezou o día da invasión soviética. Segundo Leszek Moczulski, ao redor de 250.000 soldados polacos estaban loitando no centro de Polonia, 350.000 estaban preparándose para defender a cabeza de ponte romanesa, 35.000 estaban no norte de Polesia, e 10.000 loitando na costa do Báltico, en Hel e Gdynia. Debido ás continuas batallas na zona de Varsovia, Modlin, do río Bzura, Zamość, Lwów e Tomaszów Lubelski, a meirande parte das divisións xermanas recibiron a orde de regresar cara eses lugares. A área que quedaba en control das autoridades polacas era duns 140.000 quilómetros cadrados, aproximadamente 200 quilómetros de ancho e 950 de longo, dende o río Daugava aos Cárpatos. Polskie Radio Baranowicze e Polskie Radio Wilno deixaron de emitor o 16 de setembro, despois de ser bombardeadas pola Luftwaffe, pero Polskie Radio Lwów e Polskie Radio Warszawa II aínda traballaban o 17 de setembro.

Forzas en oposición[editar | editar a fonte]

O Exército Vermello entrou nas rexións leste de Polonia con sete exércitos terrestres, que contabilizaban entre 450.000 e 1.000.000 de soldados, divididos en dúas frontes. O komandarm de 2º rango Mikhail Kovalyov lideraba a invasión na fronte bielorrusa, mentres que o komandarm de 1º rango Semyon Timoshenko comandaba a invasión da fronte ucraína. En total os soviéticos estaban despregando non menos de 25 divisións de infantería, 16 de cabaleiría e 12 brigadas de carros de combate. O número de carros superaba á suma de carros e vehículos blindados de Polonia e Alemaña, cuns 3.700 carros de combate e 380 auto-metralladoras. Por aire os soviéticos contaban cuns 2.000 avións de combate, sendo un 60% deses avións cazas I-16 e I-152bis. Os bombardeiros medios, como o SB-2 supoñían outro 30%.

En virtude do plan Zachód de defensa polaco, Polonia asumía que a Unión Soviética manteríase neutral durante un conflito con Alemaña. Como resultado, os comandantes polacos despregarn a meirande parte das súas tropas no oeste, para encarar a invasión xermana. Nese tempo, non máis de 20 batallóns debilitados, formados por uns 20.000 homes dos Korpus Ochrony Pogranicza (corpos de protección de fronteiras), defendían as fronteiras do leste. A meirande parte desas tropas eran infantería lixeira on escaso apoio artilleiro. Cando o Exército Vermello invadíu Polonia o 17 de setembro, o exército polaco estaba no medio dunha retirada cara a cabeza de ponte romanesa para reagruparse e agardar a axuda francesa e británica.

Campaña militar[editar | editar a fonte]

Disposición das tropas tras a invasión soviética

Cando a Unión Soviética invadíu, Rydz-Śmigły estaba inicialmente inclinado a que as forzas fronteirizas do leste resistisen, pero foi disuadido polo primeiro ministro Felicjan Sławoj Składkowski e o presidente Ignacy Mościcki. Ás 4:00 do 17 de setembro, Rydz-Śmigły ordenou ás tropas polacas que se repregasen, estipulando que só se enfrontasen ás tropas soviéticas en defensa propia. Porén, a invasión alemá danara seriamente os sistemas de comunicación polacos, causando problemas de mando e control para as forzas de Polonia. Na confusión resultante, producíronse enfrontamentos entre polacos e soviéticos en toda a fronteira. O xeneral Wilhelm Orlik-Rückemann, que tomou o mando dos Korpus Ochrony Pogranicza o 30 de agosto, recibíu directivas non oficiais despois do seu nomeamento. Como resultado, el e os seus subo, antes de disolver o grupo o 1 de outubro.

O goberno polaco rexeitou renderse ou negociar a paz e ordenou a todas as unidades evacuar Polonia e reorganizarse en Francia. O día despois de que a invasión soviética comezase, o goberno polaco marchou a Romanía. As unidades polacas procederon a manobrar cara a zona da cabeza de ponte romanesa, aguantando os ataques alemáns dun flanco e enfrontándose ocasionalmente coas tropas soviéticas no outro. Nos días seguintes á orde de evacuación, os alemáns derrotaron aos exércitos Kraków e Lublin ba batalla de Tomaszów Lubelski.

Unidades soviéticas a miúdo atopábanse con unidades alemás avanzando dende a dirección contraria. Ocorreron destacados exemplos de cooperación entre os dous exércitos. A Wehrmacht pasoulle a fortaleza de Brest Fortress, que fora tomada despois da batalla de Brześć Litewski do 17 de setembro, á 29ª brigada de carros de combate soviética. O xeneral alemán Heinz Guderian e o brigadier soviético Semyon Krivoshein realizaron un desfile conxunto o día 22 na cidade. Lwów rendeuse o 22 de setembro, días despois de que os alemáns entregaran as operacións de asedio aos soviéticos. Forzas soviéticas tomaron Wilno o 19 de setembro despois dunha batalla de dous días, e tomaron Grodno o 24 de setembro despois de loitar durante catro días. Cara o 28 de setembro, o Exército Vermello alcanzara a liña formada polos ríos Narew, Western Bug, Vistula e San, a fronteira acordada anteriormente cos alemáns.

A pesar dunha vitoria táctica polaca o 28 de setembro na batalla de Szack, o resultado dun conflito máis longo nunca estivo en dúbida. Voluntarios civís, milicias e unidades en retirada reorganizadas resistiron contra as forzas alemás na capital polaca , Varsovia, ata o día 28, e a fortaleza de Modlin, ao norte da capital, rendeuse o día seguinte despois dunha intensa batalla de 16 días. O 1 de novembro tropas soviéticas levaron a unidades polacas aos bosques na batalla de Wytyczno, un dos derradeiros enfrontamentos directos da campaña. Varias garnicións polacas illadas lograron manter as súas posicións moito despois de ser rodeadas, como as da área fortificada de Sarny que resistíu ata o 25 de setembro. A derradeira unidade operacional do exército polaco en renderse foi Grupo Independente Operacional "Polesie" do xeneral Franciszek Kleeberg. Kleeberg rendeuse o 6 de outubro despois da batalla de Kock, rematando así a campaña. O 31 de outubro Molotov reportou ao Soviet Supremo: "Un pequeno golpe do exército alemán, e posteriormente do Exército Vermello, foi suficiente para que non quede nada desa fea criatura do Tratado de Versalles".