Mariscal
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariscal (tamén frecuente no galego do século XX marechal) (do xermánico marh "cabalo" e scalc "servo"). Na antiga milicia, oficial de preeminente gradación inferior ao condestábel e que resumía en si toda a xurisdición militar, tanto na parte criminal como na económica. Este título conservouse posteriormente para os descendentes dos que antigamente o foron nos reinos de Castela, Andalucía, etc.
Tipos de mariscais [editar]
- Mariscal de Campo. Oficial xeral que ocupa na milicia o grao intermedio entre o brigadier e o de tenente xeral (nos exércitos franceses, ingleses e alemáns, así como nos latinoamericanos, o mariscal de campo é a máxima autoridade militar)
- Mariscal de logis. Chámase así o que nos exércitos tiña o cargo de aloxar á tropa de cabalería e arranxar o seu servizo.
- Mariscal do Rei. Título antigo en Alemaña e Francia que se introduciu en España no século XIV e equivalía a Mestre de campo.