Adalberto de Praga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prag Adalbert von Prag Schädelreliquie.jpg
Sanctus Adalbertus.jpg
Adalberto, parte do Monumento a Venceslao na Praza de Venceslao de Praga.

Adalberto de Praga ou Santo Adalberto (en checo Vojtěch), nado en Libice nad Cidlinou no 957 e finado no 997, foi relixioso de Bohemia, bispo da igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia nobre. Estudou durante dez anos con Adalberto de Magdeburgo, ao morrer este tomou o seu nome. Foi bispo de Praga (982) e entrou en conflito co duque de Bohemia, Boleslao II o que provocou a súa marcha a Roma en 990. Batizou a Geza de Hungría e o seu fillo; tamén traballou para converter aos poloneses.

Martirizado en abril de 997 na costa do Mar Báltico en territorio dos prusianos bálticos, canonizado no 999. A súa festa celébrase o 23 de abril. É o patrón de Prusia, Bohemia, Polonia e Hungría.