Cidade Libre de Danzig
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Cidade Libre de Danzig (alemán: Free Stadt Danzig, polaco: Wolne Miasto Gdańsk) foi unha cidade-estado portuaria estabelecida o 10 de xaneiro de 1920, so os termos do Tratado de Versalles. A cidade estaba baixo a protección da Liga das Nacións, que concedía dereitos económicos especiais a Polonia. Foi ocupada e anexionada á Alemaña nazi o 2 de setembro de 1939. Tras a derrota alemá na Segunda Guerra Mundial, pasou a formar totalmente parte de Polonia co seu nome polaco, Gdańsk.