Tempo central europeo de verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fusos horarios en Europa
Time zones of Europe.svg
Azul Horario de Europa Occidental
Horario de verán de Europa Occidental (UTC+0 / UTC+1)
Azul Claro Horario de Europa Occidental (UTC+0)
Vermello Hora Central Europeia
Hora Central Europea de verán (UTC+1 / UTC+2)
Vermello claro Hora Central Europea (UTC+1)
Amarelo Horario do Leste Europeo
Horario de verán do Leste Europeo (UTC+2 / UTC+3)
Laranxa Horario de Kaliningrado (UTC+3)
Verde Horario de Moscova (UTC+4).

É a zona horaria que se aplica en Galicia durante o verán. Equivale a 2 horas máis ca o UTC. A forma abreviada para referirse a esta hora é CEST (sacada das iniciais tal coma son escritas en inglés: Central European Summer Time). Tamén se usan outros nomes e acrónimos para referirse a el: por exemplo EST (Tempo Europeo de Verán) A zona horaria é utilizada por moitos países europeos, tamén durante o verán.

Este horario de verán se aplica dende as 01:00 UTC do último domingo de marzo, ata as 01:00 UTC do último domingo de outubro. No domingo de marzo adiántanse os reloxos unha hora ás 2:00 da mañá (ese día terá 23 horas), e no domingo de outubro retrásase 1 hora ás 3:00 da mañá (que pasarán a ser as 02:00), así que ese día durará máis de 24 horas.

Durante o inverno, en Galicia se aplica o CET.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

REAL DECRETO 236/2002, do 1 de marzal, no que se establece o horario de verán