Mazovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMazovia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 52°58′38″N 19°01′13″L / 52.977359, 19.020299Coordenadas: 52°58′38″N 19°01′13″L / 52.977359, 19.020299
EstadoPolonia
VoivodatosVoivodato de Mazovia Editar o valor em Wikidata
CapitalPłock (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Mazovia (en polaco: Mazowsze, en latín: Mazovia) é unha rexión xeográfica, histórica e cultural situada no leste de Polonia, que ten a súa capital en Varsovia.

A Mazovia limita ao norte coa Masuria (Mazury), ao leste coa Podlasia (Podlasie), ao sur coa Pequena Polonia (Małopolska) e ao oeste coa Gran Polonia (Wielkopolska).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Monumento a Frédéric Chopin en Żelazowa Wola.
Representación idealizada de Miecislao I.

A Mazovia é unha conca delimitada por zonas máis elevadas: outeiros morénicos no norte, a meseta de Roztocze ao sueste, as baixas montañas de Góry Świętokrzyskie ao sur, onde se encontra o cumio do Łysica con 612 m de altura, ao leste esténdense zonas pantanosas, e ao oeste tamén zonas pantanosas que foron na súa maioría desecadas a finais do século XIX.

Mazovia está atravesada pola súa metade de sueste a noroeste polo río Vístula, no que abocan numerosos cursos fluviais, entre os que destacan os ríos Narew, Bug do Norte, Wkra, Orzyc, Pilica, Wieprz e Radomca.

O clima é temperado fresco con prolongados invernos case sempre nevados. A vexetación orixinal constaba principalmente de bosques de bidueiros, salgueiros, ameneiros e faias, aínda que o territorio foi en gran parte tallado para dar lugar a unha agricultura intensiva de centeo, patacas e hortalizas ou a unha gandaría tamén intensiva de porcinos e bovinos.

A industrialización fíxose notoria tras a segunda guerra mundial.

Historia[editar | editar a fonte]

Mazovia foi probabelmente conquistada polo duque dos polanos, Miecislao I, o primeiro gobernante histórico de Polonia, no século X. Durante o caos que seguiu despois da morte de Miecislao II en 1034 e a subsecuente invasión polos bohemios, separouse temporalmente de Polonia e mantivo un goberno independente. Foi entón conquistada por Casimiro I en 1047 coa axuda de unidades rutenas.

Despois da morte de Boleslao III, Polonia sufriu un proceso de fragmentación e Mazovia foi gobernada polo fillo de Boleslao, Boleslao IV, o máis tarde gran duque de Polonia e outros duques de Mazovia da rama local da dinastía Piast. Mazovia non foi incorporada ao Reino de Polonia até a morte do último duque rexional en 1526.

Despois das particións de Polonia no século XVIII, Mazovia formou parte da Polonia do Congreso en 1815, e do Imperio ruso en 1831.

En 1918 Mazovia foi incluída na nova Segunda República de Polonia.

En 1999 creouse o voivodato de Mazovia como unha das dezaseis rexións administrativas de Polonia.

Principais cidades[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]