Lublin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lublin

Lublin é a maior cidade do leste de Polonia e a capital do Voivodato de Lublin, cunha poboación de 355.954 habitantes (2004), é a novena cidade polaca en poboación.

Historia[editar | editar a fonte]

Castelo de Lublin.

Os primeiros asentamentos permanentes no que hoxe é Lublin foron establecidos no inicio da Idade Media, entretanto, achados arqueolóxicos indican a presenza de varias culturas locais en épocas anteriores a esta. O máis antigo e significativo asentamento foi iniciado no século VI, nun outeiro localizado no suburbio de Czwartek (en galego: quinta feira ou xoves, moi probablemente debido ao día da semana en que tiña lugar a feira no poboado). É probable que os outeiros próximos, principalmente o lugar onde actualmente se localiza a Cidade Vella, tamén teñan sido poboadas nestas épocas.

Nos séculos X e XI o devandito poboado de Czwartek tornouse un importante centro de comercio. A localización de Lublin próxima á fronteira oriental das terras polonesas deulle unha importancia militar estratéxica. A primeira fortificación no lugar pode ter sido construída xa no século VIII, posiblemente no outeiro do Castelo. Con certeza ao término do século X xa había alí unha importante fortificación. Cando o castelo foi construído, o outeiro adxacente a el, a Cidade Vella, tornouse o foco principal dos novos asentamentos, e o poboado de Czwartek minguou en importancia. O castelo tornouse propiedade dun nobre, mencionado por primeira vez en fontes históricas en 1224, mais bastante posiblemente presente desde o comezo do século XII, ou até mesmo do século X. O documento histórico máis antigo que menciona Lublin data de 1198, e certamente o seu nome debe ter entrado no uso común algún tempo antes.

A Cidade Vella.

A aldea foi albo de ataques por parte de tártaros (1241, 1259 e 1287), rutenos, iotivinxianos e lituanos e foi destruída varias veces. Recibiu o título de cidade en 1317. Casimiro o Grande, avaliando a importancia estratéxica do lugar, mandou erguer con pedras un castelo en 1341 e cercou a cidade con murallas.

En 1392, a cidade recibiu do rei Władysław Jagiełło importantes privilexios na área de comercio, e co establecemento da paz entre Polonia e Lituania acabou transformándose nun grande centro comercial entre os dous países. En 1474 a área ao redor de Lublin foi escollida para formar a Provincia de Lublin.

Nos séculos XV e XVI a cidade tivo un rápido crecemento. En Lublin aconteceran as maiores feiras da República das Dúas Nacións. Durante o século XVI as reunións do parlamento (sejm) aconteceran en Lublin innúmeras veces. No día 26 de xuño de 1569, unha das máis importantes sesións do parlamento proclamou a Unión de Lublin, que uniu Polonia e Lituania.

Algúns dos artistas e escritores do Renacemento polonés viviran e traballaran en Lublin, inclusive Sebastian Klonowic e Jan Kochanowski, que morreran na cidade en 1584. En 1578 o Tribunal da Coroa estabeleceuse na cidade, e así pasou a contar co máis alto tribunal da rexión da Pequena Polonia (Małopolska).

Desde a segunda a metade do século XVI, movementos da Reforma Protestante xurdirán en Lublin, e unha grande congregación de Irmáns poloneses estivo presente na cidade. Unha das máis importantes comunidades xudaicas de Polonia tamén se estableceu en Lublin neste período. Esta comunidade continuou sendo unha parte vital da vida da cidade até que foi exterminada durante o Holocausto nazi. Entre 1580 e 1764 o Consello Xudeu das Catro Terras (Va'ad Arba' Aratzot) celebrouse en Lublin. Setenta delegados de comunidades xudaicas locais (kahals) xuntábanse para discutir asuntos de tributos e outros importantes temas de interese para as comunidades.

Viñan estudantes para Lublin de todas partes de Europa para estudar no yeshivá. O yeshivá tornouse un centro de aprendizaxe do Talmud e da Cabala. A grande bolsa de estudos para aqueles que estudaban aláí levaron á cidade a ser nomeada a Oxford xudía; o Rosh yeshivá recibía o título de reitor e dereitos iguais aos das universidades polonesas coa autorización do Rei en 1567.

No século XVII, a cidade sufriu un declinio debido á invasión sueca durante as Guerras do Norte (1655-1661). Após a terceira partición de Polonia en 1795 Lublin pasou a ser dominio do Imperio Austríaco, despois, a partir de 1809 pasou ao Ducado de Varsovia, e desde 1815 á Polonia do Congreso baixo o goberno ruso. No comezo do século XIX leváronse a cabo varios desenvolvementos urbanos modernos, co xurdimento de novas prazas, rúas e edificios públicos. En 1877 foi construída unha conexión de camiño de ferro para Varsovia e Kovel, que impulsou o desenvolvemento industrial na cidade. A poboación de Lublin creceu de 28.900 habitantes en 1873 a 50.150 en 1897.

Parte do interior da catedral de Lublin.

O dominio ruso terminou en 1915, cando a cidade foi ocupada polos exércitos alemán e austrohúngaro. Despois da derrota da Tripla Entente en 1918, o primeiro goberno da Polonia independente operou en Lublin por un breve período de tempo. Entre a Primeira e a Segunda Guerra Mundial, a cidade continuou a se desenvolver. A poboación creceu de forma que a comunidade xudaica representaba case 40% dos habitantes da cidade. Realizáronse investimentos industriais importantes, inclusive a primeira fábrica de avións de Polonia - Zakłady Mechaniczne A. Plage i T. Laśkiewicz. A fábrica produciu aeronaves entre 1920 e 1935, cando foi nacionalizada como Lubelska Wytwórnia Samolotów - LWS.

A Universidade Católica de Lublin foi fundada en 1918. Despois da invasión de Polonia pola Alemaña nazi en 1939, a cidade pasou a depender do Goberno Xeral. Durante a ocupación alemá, a poboación da cidade foi albo de intensa represión por parte dos ocupantes, cun destino particularmente severo reservado para os habitantes xudeus. Os alemáns realizaron varios plans para transformar Lublin nunha cidade xermanizada e a proporción da poboación de etnia alemá pasou de 20-25% do total, en 1944, a un 30-40% no ano seguinte.

A cidade serviu como cuartel-xeral alemán para a Operación Reinhard, o principal esforzo alemán para exterminar os xudeus na Polonia ocupada. A poboación xudía de Lublin foi forzada a se estabelecer no gueto de Lublin, ao redor da área de Podzamcze. A maioría dos habitantes do gueto, aproximadamente 26.000 persoas, foi deportada para o campo de exterminio de Bełżec entre o 17 de marzo e o 11 de abril de 1942.

O restante foi enviado a instalacións arredor de Majdanek e un gran campo de concentración foi feito nos arredores da cidade. A maioría desas persoas morreron ao final da guerra.

O campo de Majdanek e a prisión establecida no castelo de Lublin, serviron tamén como os principais centros de medidas de terror contra a poboación non-xudía de Lublin e do distrito veciño.

Monumento do Holocausto en Lublin, coa Igrexa dos Dominicos ao fondo.

Despois da guerra, os poucos xudeus que sobreviviran, escondéndose ou fuxindo para territorio soviético, restableceron unha pequena comunidade xudaica na cidade, mais foi rapidamente reducida a case nada cando a maioría dos seus integrantes trocou Polonia por Israel e polo Occidente, nos primeiros anos logo da guerra.

En 1944, a cidade foi tomada polo Exército soviético e tornouse a capital do Comité de Liberación Nacional Polonés (polonés: Polski Komitet Wyzwolenia Narodowego, PKWN) tamén coñecido por Comité Lublin, con control comunista. A capital mudou para Varsovia en xaneiro de 1945.

Nos anos da posguerra, Lublin continuou a crecer, triplicando a súa poboación e expandindo grandemente o seu territorio. Unha importante base de investigación científica foi instalada en torno da recentemente fundada Universidade Marie Curie-Skłodowska. Tamén se fundou unha grande fábrica de vehículos (Fabryka Samochodów Ciężarowych - FSC) en 1950.

En xullo de 1980, os traballadores de Lublin e da veciña Świdnik comezaron a primeira serie de folgas en masa contra o réxime comunista, a cal posteriormente conduciu á aparición do movemento Solidariedade. A primeira folga comezou o día 8 de xullo na fábrica WSK en Świdnik. Espallouse rapidamente a outras fábricas en Lublin e a rexión veciña. A rede ferroviaria e o tránsito da cidade pararan. Por fin, 150 fábricas que empregaban a 50.000 traballadores adherínranse á folga. Os folguistas usaron unha táctica moderna de ficar dentro de súas fábricas e ocupalas, en vez de marchar nas rúas, onde as autoridades facilmente usarían da forza contra eles. Os traballadores facían reivindicacións de natureza económica e política, tales como novas eleccións para o liderado dos sindicatos, cancelamento dos privilexios para a clase gobernante do Partido Comunista e redución da burocracia nas fábricas.

As folgas de xullo duraron dúas semanas. As autoridades comunistas conseguiran conducilas até un fin pacífico, facendo concesións basicamente económicas aos traballadores. Porén, o impulso xerado polas folgas de Lublin rapidamente deu orixe a unha nova serie de folgas na rexión de Gdańsk, en agosto de 1980. Nesta última os traballadores usaron tácticas semellantes ás usadas polos traballadores de Lublin un mes antes, e desta vez as autoridades comunistas tiveron que aceptar a exixencia dos folguistas de artellar un sindicato independente, que logo se transformaría no Solidariedade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Localización de Lublin.
  • Está situada á beira do río Bystrzyca, na ruta entre as cidades de Varsovia, Cracovia e a antiga URSS. Importante centro cultural e económico do SE polaco.
  • Altitude: 170 metros.
  • Latitude: 51º 21' N.
  • Lonxitude: 22º 21' E.
  • Distancia ás principais cidades de Polonia:

Varsovia - 161 km.

Kielce - 179 km.

Rzeszów - 205 km.

Cracovia - 273 km.

Łódź - 308 km.

Katowice - 323 km.

Gdańsk - 504 km.

Wrocław - 514 km.

Economía[editar | editar a fonte]

Destacan as súas industrias do automóbil, de maquinaria agrícola, ademais é unha fértil rexión que produce carne, trigo, fariña, azucre, tabaco, cervexa e aceites vexetais. Conta con dúas importantes universidades: a Universidade Católica (única do seu tipo en Polonia) e a Universidade María Curie Sklodowska. A súa Catedral é do século XVI. No suburbio de Majdanek existiu entre 1941 e 1944 un campo de concentración nazi.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

Casa do concello.
Tribunal da Coroa.
Catedral.
  • A nova Casa do concello (Goberno da Cidade).
  • Porta Krakowska ( Museo da Historia da Cidade de Lublin).
  • Porta Grodzka.
  • O castelo (Museo Lubelskie).
  • A catedral.
  • A Torre Trynitarska (Museo Archidiecezjalne).
  • A antiga Casa do concello - o Tribunal da Coroa.
  • O palacio dos Czartoryski.
  • O palacio dos Lubomirski.
  • O palacio Pogubernialny.
  • O teatro "Juliusz Osterwa".
  • O Teatro "Andersen" (de Bonecos e do Actor).
  • Igrexas.
    • A igrexa e o mosteiro dos Dominicos.
    • A igrexa baixo a advocación do Espírito Santo.
    • A igrexa e o mosteiro dos Bernardinos.
    • A igrexa pobrygidkowski.
    • A igrexa e o mosteiro dos Capuchinos.
    • A igrexa evanxélica.
    • A igrexa e o mosteiro dos Carmelitas Descalzos.
    • Antiga igrexa ortodoxa grega - actualmente Igrexa de San Jozafat.
    • A igrexa de San Nicolás en Czwartek.
    • Igrexa ortodoxa.
    • O Palacio Episcopal.
  • Monumentos.
    • O monumento á Unión Polonia - Lituana.
    • O monumento ó Mariscal J. Pilsudski.
    • O monumento ó Soldado Descoñecido.
    • O monumento á Constitución do 3 Maio.
    • O monumento a Jozef Czechowicz.
    • O monumento a Jan Kochanowski.
    • O monumento ás Vítimas do Gueto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lublin