Cidadanía
En termos de Dereito a cidadanía é a condición da persoa física (dita cidadán) pola cal o ordenamento xurídico dun Estado recoñécelle a plenitude dos dereitos civís e políticos. A cidadanía pode ser vista como un status do cidadán, ou como un contrato xurídico entre ese cidadán e o Estado. As persoas que carecen da cidadanía dun Estado son estranxeiros, se a teñen doutro Estado, ou apátridas se, por contra, non teñen ningunha cidadanía.
Índice |
Cidadán e súbdito [editar]
O concepto de cidadán difire do de súbdito, que se refire a aquel que é suxeito da soberanía dun Estado; a condición de súbdito implica, de por si, unha situación puramente pasiva (deberes e suxección), mentres que a de cidadán implica a titularidade dos dereitos e doutras situacións xurídicas activas.
Cidadanía é a relación que hai entre o cidadan é a súa comunidade política.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- GUIMARÃES, Francisco Xavier da Silva: Nacionalidade: Aquisição, Perda e Reaquisição, 1ª edição, Forense, 1995.