República Nacional de Ucraína Occidental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Західно-Українська Народна Республика
Zakhidno-Ukrayins’ka Narodna Respublika
República Popular de Ucraína Occidental

 

19181919
Bandeira Escudo
Capital Lviv
Lingua ucraíno
Goberno República
Presidente
 • 1918-1919 Evhen Petruchevych
Período histórico Primeira Guerra Mundial
 • Proclamación 1918
 • Unión coa República Popular de Ucraína 22 de xaneiro de 1919
 • Invasión polaca xullo de 1919
Poboación
 • 1910 est. 5.4 millóns 


A República Nacional de Ucraína Occidental ou República Popular de Ucraína Occidental (en ucraíno: Західно-Українська Народна Республика, Zakhidno-Ukrayins’ka Narodna Respublyka ou ЗУНР, ZUNR), foi unha república de curta vida entre finais de 1918 e comezos de 1919 en Galicia do leste, Bucovina e Rutenia subcarpática ou Transcarpatia, con capital en Lviv (Galicia, Polonia).

O censo austrohúngaro de 1910 daba 5,4 millóns de habitantes nos territorios do estado:

As cidades estaban poboadas maioritariamente por polacos e xudeus mentres que no campo predominaban os ucraínos. A maioría da poboación da cidade máis importante (Lviv) era polaca.[1]
É máis, esta era considerada unha importante cidade polaca, polo que os conflitos ente Ucraína Occidental e Polonia non tardaromn en aparecer.

Historia[editar | editar a fonte]

Proclamación de la Independencia[editar | editar a fonte]

O 19 de outubro de 1918 créase o Consello Nacional de Ucraína, que dirixe unha insurrección coa que logra o control do leste de Galicia, territorio que formaba parte do Imperio austrohúngaro, incluíndo a cidade de Lviv.[2]

O 1 de novembro de 1918 proclámase a República Popular de Ucraína Occidental.[2] Pouco despois da proclamación da independencia do Imperio austrohúngaro, podúcese un levantamento popular na cidade de Lviv, maioritariamente polaca,[2] xa que os seus habitantes non desexaban pertener a un estado nom polaco. Poucas semanas despois, a insurrección polaca de Lviv recibe o apoio de Polonia (a Segunda Repíblica de Polonia). Estes feitos levaron ao inicio da [guerra polaco-ucraína]].

A noite do 21 de novembro de 1918 os insurrectos polacos conseguen expulsar da cidade ás tropas ucraínas.[2]

Eleccións[editar | editar a fonte]

A República Popular de Ucraína Occidental gobernou aproximadamente un territorio con 4 millóns de persoas nos seus oito meses de existencia. As eleccións no territorio controlado polos ucranínos leváronse a cabo entre o 22 e o 25 de novembro de 1918, elixindo 150 membros do Consello Nacional de Ucraína para que servira de corpo lexislativo. Aproximadamente un terzo dos escanos estaban reservados ás minorías nacionaís (polacos, alemáns, xudeos e outros). Os polacos boicotearon as eleccións, mentres que os xudeus participaron, obtendo o 10 % dos delegados.

Acciónes de goberno[editar | editar a fonte]

Mapa anterior á I Guerra Mundial, dividida Ucraína entre o Imperio ruso, o austrohúngaro e Romanía.

Evhen Petrushevych, un antigo membro do parlamento austrohúngaro, foi elixdo presidente do Consello e, automaticamente, nomeado presidente da república. A pesar da guerra, a República Popular de Ucrania Occidental mantivo a estabilidade da administración austrohúngara anterior ao conflito, empreando a profesionais ucranínos e polacos. As frontieras territoriais interiores e as comunidades foron mantidas tal como estaban baixo o Imperio austrohúngaro. Os tribunais provinciais, rexionais e locais continuaron o seu funcionamento como nos tempos anteriores, e contuaron aplícándose as leis austrohúngaras.

Así mesmo, o goberno mantivo en xeral o sistema de recadación de impostos do Imperio austrohúngaro. Porén, o empobrecemento da poboación polas perdas orixinadas pola guerra fixo que a cantidade de impostos recadados fose mínima. A maioría dos ingresos do goberno viñan da exportación de petróleo e de sal.

O 15 de febreiro de 1919 apróbase unha lei que fai do ucraíno a lingua oficial do Estado. De acordo con esta lei, porén, as minorías tiñan o dereito de dirixirse á administración na súa propia lingua. Tamién se aprobou unha lei que confiscaba as grandes fincas aos terratenentes latifundistas e as distribuía entre os campesiños.

O 22 de xaneiro de 1919 a República de Ucraína Occidental uniuse á República Popular de Ucraína, unión máis ben simbólica, xa que os ucraínos occidentais conservaron o seu goberno e as súas forzas armadas (o exércitro ucraíno de Galicia).

Vitoria polaca e fin da república[editar | editar a fonte]

Situación en novembro de 1919.
Recoñecemento por parte da República Popular de Ucraína da anexión da República Popular de Ucraína Occidental por parte de Polonia, a cambio do apoio desta á conquista de Kiev.
Situación en 1919.
En verde escuro, zona controlada pola República Nacional da Ucraína Occidental; en verda claro, zona controilada pola República Popular de Ucraína; liña verde, límites das reclamacións da República Popular de Ucraína.

O goberno da república dividiu o territorio en 12 distritos militares, nos que os seus comandantes eran os responsábies do recrutamiento de soldados. O goberno foi capaz de mobilizar a 100.000 soldados na primavera de 1919, pero a falta de equipamento militar fixo que só 40.000 estivesen listos para a batalla.

En xeral, o goberno da República Popular de Ucraína Occidental foi máis maduro e organizado que o caótico da República Popular de Ucranína, erixido en territorios do antigo Imperio ruso.

Como consecuencia da Guerra Polaco-Ucranína, Polonia tomou a maior parte do territorio da República Popular de Ucraína Occidental xa en xullo de 1919, grazas ao uso das tropas do xeneral Józef Haller, chegadas de Francia en maio.[2] En xullo alcanzouse un alto ao fogo entre as tropas polacas e as ucraínas do Directorio de Ucraína, pero aa situación política era complexa ao mantense os dous gobernos ucraínos separados e con dúas políticas: mentres Petlyura trataba de lograr un acordo cos polacos para poder resistir aos bolxeviques, Evhen Petrushevych|Petrushevych]] rexeitaba cualquesa acordo cos polacos e confiaba nas potencias occidentais, que acabaron por apoiar o avance polaco co fin de deter o avance bolxevique.[3]

Parte do exército derrotado refuxiouse en Checoslovaquia, tomando o nome de Brigada Ucraína (checo: Ukrajinská brigáda). O groso do exército, con ao redor de 50.000 homes, cruzou ao territorio da República Popular de Ucraína e continuou a súa loita pola independencia ucraína, a pesar dos receos de Petrushevych e o seu desacordo político con Petlyura, que se mantivo a pesar de ingresar aquel no Directorio en marzo de 1919.[3] En agosto de 1919 unha delegación ucraína viaxou a Polonia e logrou un alto ao fogo entre ambos os exércitos, aceptándose a fronteira do río Zbruch como temporal (o 1 de setembro de 1919).[3]

En novembro, Petrushevych alcanzou un acordo con Denikin para acabar cos enfrontamentos entre as tropas deste e os exércitos ucraínos, que tomaran brevisimamente Kiev (o 31 de agosto de 1919) para seren expulsados por Denikin, pero só afectaba ás tropas da República Nacional de Ucraína Occidental, non ás do Directorio, ás que Denikin consideraba traidores rusos.[4] Acusado de traizón polo Directorio, Petrushevych exiliouse en Viena, desde onde continuou aa súas actividades políticas.[4]

En 1920 Polonia e Symon Petlura, en nome de Ucraína, acordaron establecer a fronteira provisional no río Zbruch, renunciando esta ao territorio de Ucraína Occidental (Galicia, Rutenia subcarpática e Bucovina), a cambio do apoio militar para a independencia da Ucraína que anteriormente pertencera ao Imperio ruso como país independente.

O goberno da República Popular de Ucraína Occidental exiliouse en Austria tras a toma de Lviv polo Exército polaco, e desde alí realizou xestións ante os países Aliados da Entente para o restablecemento do país. Aínda que obtivo algunhas vagas promesas como a declaración do territorio como ocupado por Polonia pero non integrado no seu territorio ou a realización dun plebiscito aos 25 anos, co Tratado de Trianón estableceuse a incorporación de Rutenia á Checoslovaquia e a anexión definitiva do resto do territorio a Polonia.

Goberno[editar | editar a fonte]

  • Poder lexislativo: Consello Nacional Ucraíno, 150 deputados. As eleccións tiveron lugar entre o 22 e o 25 de novembro de 1918. Case 50 escanos estaban reservados para as minorías (polacos, xudeus, alemáns), pero as eleccións foron boicoteadas polos polacos.
  • Poder executivo: Evhen Petrushevych foi o presidente da República. A pesar da inestabilidade provocada pola guerra con Polonia, a República Nacional de Ucraína Occidental mantivo a estabilidade interior que gozara nos tempos do Imperio austrohúngaro, os funcionarios eran escollidos entre profesionais de todas as minorías.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lviv en ucraíno, Lwów en polaco, Lemberg en alemán.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Latawski (1992), páx. 57.
  3. 3,0 3,1 3,2 Latawski, páx. 58.
  4. 4,0 4,1 Latawski, pag. 59.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • John Bulat, John (1973): Illustrated Postage Stamp History of Western Ukrainian Republic 1918-1919. Yonkers, NY: Philatelic Publications.
  • Latawski, Paul, editor (1992): "The reconstruction of Poland, 1914-23". London: Macmillan. ISBN 978-0-3335-3955-2.
  • Kubijovic, V., editor (1963): A Concise Encyclopedia. Toronto: University of Toronto Press.
  • Magocsi, Paul Robert (1996): A History of Ukraine. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-0830-5
  • Subtelny, Orest (1988): Ukraine: A History. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 0-8020-5808-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]