Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gran Enciclopedia Galega")

A Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada é unha enciclopedia de tema galego, editada en lingua galega. Dispón de versión en papel e en DVD.

A primeira edición, de corenta e tres tomos, en castelán e co nome de Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada foi no ano 1974, dirixida por Perfecto Conde, Arturo Reguera e Xosé Ramón Fandiño, coa implicación de Xesús Alonso Montero.

Índice

Versión en DVD [editar]

A versión en DVD é do ano 2005.

Ten 100.000 entradas, 25.000 fotografías, 2.500 gráficos e 500 mapas[1] (incluíndo un mapa individual por cada un dos 315 concellos de Galicia).

Dende a portada a información preséntase en cinco apartados:

  • Enciclopedia.
  • Biografías, con preto de 4.000 artigos.
  • Heráldica, máis de 2.000 entradas de apelidos e liñaxes.
  • Descubre Galicia, cun índice que chega ata o nivel das parroquias.
  • "Dossier", cartafol onde o usuario pode apartar a información que máis lle interese.

Ademais dispón dun apartado de anexos, unha función de procura avanzada, e un directorio de axuda.

Foi dirixida por Benxamín Casal e participaron cincocentos colaboradores. Membros do consello asesor foron, entre outros, Isaac Díaz Pardo, Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xaime Isla Couto, Alfonso Zulueta de Haz, Alfredo Conde, Víctor Fernández Freixanes, Manuel María, Basilio Losada, Xavier Alcalá, Antonio Bonet Correa, José García Oro, Manuel Lucas Álvarez, Xesús Alonso Montero ou Xaime Quessada.

No ano 2011 foi distribuída polo Grupo El Progreso polo prezo de 9,95 .[2]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]