Alberto Núñez Feijóo
| Alberto Núñez Feijóo | |
Feijoo en 2008. |
|
|
|
|
|---|---|
| Actualmente no cargo | |
| Dende o 16 de abril de 2009 | |
| Precedido por | Emilio Pérez Touriño |
|
|
|
| 10 de setembro de 2004 – 2 de agosto de 2005 | |
| Sucedido por | Anxo Quintana |
|
Datos persoais
|
|
| Nacemento | 10 de setembro de 1961 (51 anos) Os Peares, A Peroxa, |
| Partido | Partido Popular de Galicia |
| Alcume | Feijoo |
| Profesión | avogado, político |
| Alma mater | Universidade de Santiago de Compostela |
Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012.
Índice |
Traxectoria[editar]
Formación[editar]
Naceu en Ourense, pero criouse nos Peares. Alberte Núñez Feijóo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
Cargos en empresas[editar]
Formou parte de diversos consellos de administración: Banco de Crédito Local, Empresa Nacional de Autopistas, Paradores de Turismo de España, Instituto Galego de Medicina Técnica, International Post Corporation, Fábrica Nacional de Moneda y Timbre e Chronopost Express. Tamén foi membro do Consello Asesor de Telecomunicacións e do Consello Asesor Postal.
Política[editar]
A súa entrada na alta política veu da man de José Manuel Romay Beccaría, quen, sendo conselleiro de Sanidade, o designou secretario xeral da consellería e secretario xeral do Sergas. Cando en 1996 Romay Beccaría foi nomeado ministro de Sanidade no primeiro goberno de José María Aznar, Núñez Feijóo pasou a ser presidente executivo do Insalud en 1996. De aí chegou a ser director xeral de Correos y Telégrafos, a empresa pública española de envíos postais.
En xaneiro de 2003 foi designado por Manuel Fraga como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e en setembro de 2004 vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, converténdose no primeiro vicepresidente que nomeaba Fraga mentres ocupou a cadeira de San Caetano. Colocábase así de primeiro nos postos de sucesión o xa daquela octoxenario Manuel Fraga.
Ao perder o Partido Popular a maioría absoluta nas eleccións do 19 de xuño de 2005, abriuse un período de rifas internas no PPdeG para acadar a presidencia do partido. Nesas eleccións, Núñez Feijóo encabezou a lista electoral por Pontevedra, e obviamente, converténdose en deputado. Dos catro candidatos, Xosé Cuíña Crespo, Xosé Manuel Barreiro e Henrique López Veiga, e Alberte Núñez Feijóo, foi este último quen conseguiu vencer nos comicios internos e a partir daquela ocupou o cargo de líder da oposición, presidente do Partido Popular de Galicia e voceiro parlamentario dos populares.
Por outra banda, é vogal electo do Comité Executivo Nacional do Partido Popular español.
Presidente de Galiza[editar]
Núñez Feijóo foi nomeado Presidente da Xunta de Galicia polo Parlamento de Galicia o 16 de abril de 2009, tomando posesión dous días despois.
Ao día seguinte ás eleccións ao Parlamento de Galicia, Feijóo deu a coñecer as súas prioridades: baixar impostos como o IRPF, eliminación de dúas Consellarías, a derrogación do decreto do galego no ensino e rematar coas galescolas[1]. Prometeu, ademais, que os pais ían ter liberdade de escolla da lingua vehicular no ensino dos seus fillos, máis tamén afirmou que non ía segregar por lingua e que non ía, polo tanto, duplicar o sistema educativo[2]. Ás súas declaracións reaccionaron con prontitude a Mesa pola Normalización Lingüística[3] e o STEG[4].
Estes anuncios motivaron asemade que a Real Academia Galega elaborase un comunicado moi crítico coa dirección que tomara o Goberno de Feijóo, acusándoo de "desprotexer a lingua"[5].
Xa en xuño, a Xunta anunciou[6] que se ía facer unha enquisa lingüística aos pais con fillos en idade escolar. Non houbo que agardar moito para ver as diferentes reaccións. En contra dela, posicionáronse galeguistas históricos como Avelino Pousa Antelo, quen cualificou a enquisa como unha "aberración pedagóxica e unha pallasada"[7]. O Bloque Nacionalista Galego anunciou que a denunciará ante a UNESCO[8].
| Predecesor: Xosé Cuíña |
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas 2003 - 2005 |
Sucesor: María Xosé Caride |
| Predecesor: non existía o cargo |
Vicepresidente da Xunta de Galicia 2004 - 2005 |
Sucesor: Anxo Quintana |
| Predecesor: Manuel Fraga |
Presidente do PP de Galicia 2006 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
| Predecesor: Emilio Pérez Touriño |
Presidente da Xunta de Galicia 18 de abril de 2009 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas[editar]
- ↑ Derrogar o decreto e converter as Galescolas en garderías, prioridades de Feijóo, en Vieiros, 2 de marzo de 2009.
- ↑ Feijoo garante agora que non vai haber segregación nas escolas por razón de idioma, en Vieiros, 5 de marzo de 2009.
- ↑ "O futuro presidente da Xunta promete unha involución lingüística histórica", en Vieiros, 6 de marzo de 2009.
- ↑ O futuro da lingua e o aumento de concertos educativos, principais preocupacións para STEG, en Vieiros, 6 de marzo de 2009.
- ↑ A RAG considera 'desprotectoras' as decisións lingüísticas da Xunta, en A Nosa Terra, 12 de maio de 2009.
- ↑ Feijóo anuncia 300.000 consultas a los padres sobre la lengua, en Xornal de Galicia, 3 de xuño de 2009.
- ↑ “A enquisa aos pais é unha aberración pedagóxica e unha pallasada”, en Galicia Hoxe, 22 de xuño de 2009.
- ↑ "Isto é un lingüicidio", en Galicia Hoxe, 21 de xuño de 2009.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||||