Illa de Sálvora
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas illas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas praias de Galicia que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Coordenadas: 42°28′24.96″N 9°0′42.12″W / 42.4736°N 9.0117°W
A Illa de Sálvora está situada na boca da ría de Arousa. Pertence á parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Xunto cos illotes Vionta, Herbosa e Noro e as Sagres forma o arquipélago de Sálvora, integrado xunto cos de Cíes, Ons e Cortegada no Parque nacional das Illas Atlánticas no ano 2002.
Durante anos estivo poboada e tivo actividade agrícola, gandeira e pesqueira, pero está case deserta desde 1972. Na illa, de titularidade privada, atópanse, amais da aldea, oito hórreos, un lavadoiro e a fonte da Telleira ou de Santa Catalina, un almacén de finais do sec. XVIII ampliado cara 1963 con dúas torres con aire de pazo, unha antiga taberna reconvertida en capela, un faro, un peirao, un cruceiro, dous muíños e a estatua dunha serea. A parte do interior da ría conta con areais frecuentados por mergulladores deportivos.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes da Illa de Sálvora.
-
Peirao de Castiñeiras, ó fondo, Sálvora.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Fernández de la Cigoña, Estanislao (1991). Illas de Galicia. Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada. ISBN 84-7507-582-7.
- Xosé María Fernández Pazos (1998). Sálvora: memoria dun naufraxio.
|
||||||||||||||||||||