Río Lérez, ría de Pontevedra
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Río Lérez.
| Río Lérez, ría de Pontevedra | |
|
Ponte de San Xurxo, río Lérez en San Xurxo de Sacos |
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | n/d |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 60 km |
| Caudal medio | |
| Conca | n/d |
| Desembocadura | Ría de Pontevedra |
O río Lérez pertence á vertente atlántica e na súa desembocadura forma a ría de Pontevedra. Nace na Serra do Candán, no monte de San Bieito, no lugar da Noveliza, na parroquia de Aciveiro (Forcarei). Percorre 60 km con abundante caudal, na dirección NL-SO, pasando polos concellos de Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade e, finalmente, Pontevedra.
Os seus principais afluentes son o Salgueiro, Cabaleiros, Grande, O Castro, Quireza, Tenorio e Almofrei.
Praia fluvial en Pontevedra, co mosteiro de Lérez ao fondo.
Pontes do río Lérez [editar]
| Denominación | Emprazamento | Data | Observacións |
| Ponte da Ría | Pontevedra-Poio | 1993 | AP-9 |
| Ponte da Barca | Pontevedra-Poio | século XIX | |
| Ponte das Correntes | Pontevedra | 2012 | |
| Ponte do Burgo | Pontevedra | século XII | Camiño portugués a Compostela |
| Ponte de Santiago | Pontevedra | século XX | N-550 |
| Ponte dos Tirantes | Pontevedra | 1995 | |
| Ponte do tren | Pontevedra | século XX | |
| Ponte do AVE | Pontevedra | en construción | |
| Ponte de Monteporreiro | Pontevedra | en construción | |
| Ponte Bora | Bora | ||
| Ponte colgante | Tenorio (Cotobade) | século XX | |
| Ponte de San Xurxo | San Xurxo de Sacos (Cotobade) | século XVIII | |
| Ponte de Pedre | Pedre (Cerdedo) | romana | antigo camiño de peregríns |
| Ponte de Vichocuntín | Pedre (Cerdedo) | ||
| Ponte das Valoutas | Cerdedo (Cerdedo) | ||
| Ponte Nova do Pego | Parada (Cerdedo) | ||
| Ponte de Parada | Parada (Cerdedo) | ||
| Ponte Gomail | Forcarei (Forcarei) | románica | |
| Ponte Nova | Forcarei (Forcarei) | século XX | |
| Ponte do Batán | Forcarei (Forcarei) | ||
| Ponte Maril | Forcarei (Forcarei) | ||
| Ponte de Valiñas | Forcarei (Forcarei) | ||
| Ponte do Crego | Dúas Igrexas (Forcarei) | ||
| Ponte Nova do Crego | Dúas Igrexas (Forcarei) | ||
| Ponte da Carballa | Dúas Igrexas (Forcarei) | ||
| Ponte Nova de Andón | O Aciveiro (Forcarei) | ||
| Ponte Vella de Andón | O Aciveiro (Forcarei) |
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Lérez
-
Ponte sobre o embalse de Bora, Pontevedra
-
Salto de Anllo, entre Campo Lameiro e Cerdedo