Serra do Cando
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A serra do Cando é unha serra galega pertencente á Cordilleira dorsal galega que ten montes a unha altura media de entre 600 e 1.000 metros sobre o nivel do mar. Esténdese polos concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Está unida á serra de Candán polos montes de Costoia.
A vexetación da serra son as xestas, o mato de toxos, breixos e carqueixas. Hai importante plantacións de piñeiro e eucalipto. Existe un ecosistema de gran valor nos altos da serra, así como nas carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.
Recibiu a distinción de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1