Serra do Candán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de Aciveiro, en plena Serra do Candán.

A serra do Candán é unha serra galega que se estende ao longo dos concellos de Forcarei, Lalín, Silleda, Beariz e O Irixo.

No outono do cerne Candán

deitan as fontes do Lérez:
no baixo, ao pé do regato
sorrí a Santiña de Montes

nun convento destellado

Avelino Cachafeiro

Características[editar | editar a fonte]

A maior parte das rochas da serra está constituídas por granitos e xistos, morfoloxicamente a superficie é achairada, a súa orientación é paralela á costa o que fai que sexa responsable do coñecido como efecto Föhn que fai que as frontes húmidas procedentes do Atlántico ascendan ao chegar á vertente occidental da serra do Candán, arrefriando ao ter que elevarse e como consecuencia condénsanse a auga, que descarga como chuvia antes de chegar ao cume, mentres a vertente do sotavento recibe o aire fresco que vai quecendo ao perder altura.

Cumes[editar | editar a fonte]

Os principais cumes son o Alto de San Bieito -tamén chamado monte de San Bento- (1017 metros), O Coco (969 metros), Seixiños Brancos (905 metros), Chamor (815 metros) e Alto de San Sebastián (750 metros). A serra do Candán está incluída na Rede Natura pola riqueza do seu ecosistema que varía desde os bosques de galería e as fragas nas zonas de menos altitude e nas ribeiras dos ríos ata o monte baixo de toxo, carqueixa, queiroga e xesta. Entre a fauna presente no Candán destacan especies en perigo de extinción como o bufo real e a aguia real, xunto con especies máis comúns como o azor, o miñato, a curuxa, o lobo, o gato bravo, a denosiña e o raposo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1

Outros artigos[editar | editar a fonte]