Alternativa Canguesa de Esquerdas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Advanced Composition Explorer.
Alternativa Canguesa de Esquerdas (PP)
ACEsquerdas.svg
Coalición política de Cangas (Galicia)
Líder Mariano Abalo
(Voceiro)
Fundación 2007
Ideoloxía Esquerda
Socialismo
Nacionalismo
Comunismo
Independentismo
Representación 3 concelleiros
Páxina web www.acesquerdas.org

A Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) é unha coalición política de Cangas do Morrazo que se presentou ás eleccións municipais do 27 de maio do 2007 e ás do ano 2011.

Índice

[editar] Etapas anteriores

Mariano Abalo Costa, funcionario do Servizo de Correos, encabeza a lista da ACE, foi presidente da Xestora Municipal, deputado provincial e leva de concelleiro en Cangas pola FPG dende 1999.

A FPG, acadou 645 e 967 votos nas eleccións municipais de 1999 e 2003 respectivamente, logrando un concelleiro en ambos casos.

O número dous na lista é Xosé Manuel Pazos Varela, profesor, ex-parlamentario e anteriormente cabeza de lista de INMO (Iniciativa Polo Morrazo), partido que acadou en Cangas 422 votos e ningún concelleiro nas eleccións municipais do 2003 e que este ano non se presenta alí (aínda que si en Moaña).

Pola súa parte, Esquerda Unida acadou 327 e 496 votos, en 1999 e 2003 respectivamente.

[editar] Estrutura interna

A ACE é un reagrupamento de xentes de esquerda de Cangas.

Está conformada polos seguintes grupos ou partidos políticos:

[editar] Resultados electorais

Nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 acadaron en Cangas 1.890 votos, sendo o 13,1% dos votos, e 2 concelleiros e 1 concelleira sobre un total de 21.

No ano 2011 acadarían 1.744 votos, o que supuxo o 12,77% dos sufraxios, mantendo 2 concelleiros e unha concelleira.

[editar] Goberno

Nas eleccións de 2007, por decisión da asemblea aberta de veciñas e veciños, a Alternativa Canguesa de Esquerdas negociou co BNG e co PSOE (que acadaran 6 e 4 edís, respectivamente) o goberno do municipio.

Mariano Abalo Costa ocuparía o posto de Concelleiro de Urbanismo, o número dous da Alternativa, Xosé Manuel Pazos Varela sería o encargado da Concellería de Cultura e Educación, mentres que a número tres da coalición, Maruchi Álvarez Barreiro tomaría a delegación da Concellería de Persoal.

O 28 de xaneiro de 2010 rompíase dito pacto (a decisión da mesma asemblea aberta) polos supostos ataques do BNG contra as competencias dos edís de ACE [1]. Ficaba, entón o bipartito nun goberno de minoría, non reclamado polo PP.

A Alternativa Canguesa de Esquerdas continua na oposición dende a ruptura do pacto de gobernoas até a actualidade, xa que nas eleccións de 2011, por mor da perda de votos do Bloque Nacionalista Galego e do PSOE, que repercutirían sobre o PP e UPAC, facilitouse o acceso ao goberno destas dúas forzas conservadoras.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas