Comarca do Morrazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca do Morrazo
Situación da comarca do Morrazo
Capital Cangas do Morrazo
Superficie 140,1 km2
Poboación 81228
Densidade 579,7 hab./km²
Concellos 4
Xentilicio morracense

A comarca do Morrazo, na provincia de Pontevedra, está formada polos concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co Océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galiza (140,1 km², o 0,47% de Galiza). Ten 81.228 habitantes (o 2,11% de Galiza), e é unha das cinco máis densamente poboadas (579,7 hab/km²).

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca do Morrazo


Concellos da Comarca do Morrazo Comarca do Morrazo
Bueu
Bueu
Cangas
Cangas
Marín
Marín
Moaña
Moaña
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas