Comarca de Tabeirós - Terra de Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca de Tabeirós - Terra de Montes
ProvinciaProvincia de Pontevedra
Área450,39 km²
Poboación23.659 hab. (2020)
Densidade52,53 hab./km²
ConcellosA Estrada
Forcarei
Centro Comarcal de Tabeirós-Terra de Montes, situado na parroquia de Toedo (A Estrada).

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. Pertencen a esta comarca os concellos da Estrada e Forcarei. Tamén se inclúe nesta comarca o concello de Cerdedo malia a súa fusión no 2016 co concello de Cotobade, da comarca de Pontevedra. A comarca está formada por dúas bisbarras diferenciadas: por unha banda, Tabeirós (integrada polo concello da Estrada); e pola outra, unha gran parte da comarca histórica de Terra de Montes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Esta comarca de 450,39 km²[1] sitúase entre as Terras do Deza e as da costa e nela distínguense dúas unidades xeográficas distintas: a Terra de Tabeirós ao norte, que forma parte do val do Ulla, e a zona montañosa da Terra de Montes ao sur.

Demografía[editar | editar a fonte]

En 2020 a poboación era de 23.659 habitantes[1], dos cales 20.351 vivían no concello da Estrada,[2] o que é indicativo do carácter de núcleo reitor comarcal desta vila. As cidades máis importantes preto da comarca son Compostela e Pontevedra.

A comarca de Tabeirós - Terra de Montes está a ser unha zona onde a sangría demográfica é constante: entre 1981 e 2016 a comarca perdeu de 13.474 habitantes (un terzo da poboación).[3]

Padrón municipal 2020 23.659 habitantes[1]
Menores de 15 anos 2.611 (11,04 %)
Entre 16 e 64 anos 13.937 (58,91 %)
Maiores de 65 anos 7.111 (30,06 %)

Os lugares máis poboados da comarca no 2020 eran os seguintes:[4]

Lugar Poboación
A Estrada 8.386
Figueiroa de Arriba 963
Forcarei 468
Soutelo de Montes 405
Berres 156
Os Bolos 147
Godoi-Carricova e Fondevila 112
Renda e Traspedra 101

Historia[editar | editar a fonte]

A Terra de Montes conformouse desde a división parroquial que realizaran os reis suevos Teodomiro e Miro na segunda metade do século VI. A comarca consolidouse coa súa incorporación á sede arcebispal de Iria Flavia. En 1115 o arcebispo Xelmírez, por doazón de Dona Urraca, construíu a torre-fortaleza do Castro de Montes, desde a que os xuíces-meiriños gobernaban a comarca. En 1135 construíuse o mosteiro de Aciveiro, arredor do cal se creou unha importante actividade comercial e artesanal a partir do século XII.

Concellos[editar | editar a fonte]

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Escanos tras as eleccións de 2023[editar | editar a fonte]

Concello PPdeG PSdeG-PSOE BNG MOVETE
Forcarei
5 / 11
5 / 11
1 / 11
non presenta candidatura
Cerdedo-Cotobate
10 / 13
2 / 13
1 / 13
non presenta candidatura
A Estrada
13 / 21
5 / 21
2 / 21
1 / 21
Total
28 / 45
12 / 45
4 / 45
1 / 45

Alcaldías tras as eleccións de 2023[editar | editar a fonte]

Partido Número alcaldías Concellos no que goberna
PPdeG
2 / 3
Cerdedo-Cotobade, A Estrada
PSdeG-PSOE
1 / 3
Forcarei (en coalición có BNG)

Escanos tras as eleccións de 2019[editar | editar a fonte]

Tras as eleccións municipais do ano 2019, o PP gobernou o concello da Estrada[5] e o de Cerdedo-Cotobade mentres que o PSdeG-PSOE o de Forcarei[6].

Concello PPdeG PSdeG-PSOE BNG MOVETE BNG-Foro Forcarei Compromiso por Galicia
Forcarei
5 / 11
5 / 11
coalición con Foro Forcarei non presenta candidatura
1 / 11
non presenta candidatura
Cerdedo-Cotobate
9 / 13
3 / 13
1 / 13
non presenta candidatura non presenta candidatura non presenta candidatura
A Estrada
12 / 21
6 / 21
1 / 21
2 / 21
non presenta candidatura
0 / 21
Total
26 / 45
14 / 45
2 / 45
2 / 45
1 / 45
0 / 45

Alcaldías tras as eleccións de 2019[editar | editar a fonte]

Partido Número alcaldías Concellos no que goberna
PPdeG
2 / 3
Cerdedo-Cotobade, A Estrada
PSdeG-PSOE
1 / 3
Forcarei
Partidos na alcaldía dos concellos que formaban a Comarca de Tabeirós - Terra de Montes tras as eleccións municipais do ano 2015.     PPdeG

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Tabeirós - Terra de Montes

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-16. 
  2. "IGE - Información municipal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-16. 
  3. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-16. 
  4. "Instituto Nacional de Estadística. (Spanish Statistical Institute)". www.ine.es. Consultado o 2021-05-16. 
  5. "Estrada, A". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-16. 
  6. "Forcarei". www.fegamp.gal. Consultado o 2021-05-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]