Zona de especial protección para as aves
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Zonas de especial protección para as aves (ZEPA), son catalogadas polos estados membros da Unión Europea como zonas naturais de singular relevancia para a conservación da avifauna ameazada de extinción, dacuerdo co establecido na directiva comunitaria 79/409/CEE e modificacións subseguintes («Directiva das Aves» da UE).
Nas zonas de protección prohibese ou limítase a caza de aves, regúlase a posíbel comercialización; estando obrigados os a actuar para conservar as condicións medioambientais requeridas para o descanso, reprodución e alimentación das aves. A convención parte do recoñecemento de que as aves do territorio europeo son patrimonio común e han de ser protexidas a través dunha xestión homoxénea que conserve os seus hábitats.
As ZEPA galegas inclúen os seguintes espazos[1]:
- Illas Cíes (concello de Vigo), que tamén é Parque Nacional.
- Ribadeo e Trabada, zona húmida protexida.
- Ría de Ortigueira e Ladrido (concellos de Cariño e Ortigueira), zona húmida protexida.
- Complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira (concellos de Cambados, O Grove, Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia e Sanxenxo), que tamén é unha zona húmida protexida.
- Illa de Ons (concello de Bueu), que ademais é Parque Nacional.
- Serra da Enciña da Lastra (concello de Rubiá), Parque Natural.
- Costa da Morte Norte (concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso).
- Costa de Ferrolterra-Valdoviño (concellos de Ferrol, Narón e Valdoviño).
- Complexo dunar de Corrubedo (concello de Ribeira), zona húmida protexida.
- Costa da Mariña occidental (concellos de Cervo, O Vicedo, Viveiro e Xove).
- Ría de Foz (concellos de Barreiros e Foz).
- Serra dos Ancares (concellos de Cervantes e Navia de Suarna), que tamén é zona de especial protección para o oso pardo.
- Esteiro do Miño (concellos da Guarda e O Rosal).
- Baixa Limia - Serra do Xurés (concellos de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Quintela de Leirado e Verea), que tamén ten a protección de Parque Natural.
- Pena Trevinca