Brañas de Xestoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°40′58″N 8°22′09″O / 42.6827498, -8.369244

Brañas de Xestoso
Imaxe da lagoa con auga
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 1.077 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: A Estrada, Forcarei, Silleda
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

As brañas de Xestoso son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) situado nos concellos de Forcarei, Silleda e A Estrada, entre os ríos Ulla, Deza e Umia. O espazo acolle a lagoa Sacra de Olives[1] e o Monte San Sebastián.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

As brañas de Xestoso comprenden diversos ecosistemas. Nas matogueiras baixas dominan as ericáceas e as leguminosas higrófilas, nas herbeiras dominan as gramíneas, nas turbeiras abundan os liques e os xuncos, mentres que nas zonas de transición cara aos prados húmidos predominan as queirogas, carqueixas e pereiras. Tamén hai rochedos silíceos e carballeiras.

Fauna[editar | editar a fonte]

Entre a fauna destaca o miñato, o falcón, a aguia albela, o paporroibo, o sisón, a laverca, a cobra viperina, ademais de diversas especies de ras e sapos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Brañas de Xestoso". Consultado o 27 de outubro de 2017.