Illa de Cortegada
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cortegada (homónimos).
Coordenadas: 42°37′4.8″N 8°47′2.4″W / 42.618°N 8.784°W A illa de Cortegada é a meirande illa do arquipélago de Cortegada, situado na provincia de Pontevedra, preto do estuario do río Ulla na ría de Arousa, fronte ás costas de Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa. Este arquipélago contén, á parte da illa de Cortegada, outros grupos de illas, coma as illas Malveiras ou as illas Briñas, e está incluído no parque nacional das Illas Atlánticas.
Únese á terra na baixamar polos viveiros. Ten unha extensión de 5 hectáreas e unha superficie de 2,5 quilómetros cadrados con algunhas praias e dous pequenos outeiros de pouco máis de 20 metros de altura cubertos por unha abundante flora; o maior bosque de loureiros da Península Ibérica, piñeiros, e outra vexetación.
Índice |
[editar] Historia
Na Idade Media foi un lugar relacionado coas peregrinacións a Compostela que viñan polo mar. Había nela unha pequena poboación e unha ermida dedicada á Nosa Señora de Cortegada onde se celebra a famosa romaría.
Foi habitada ata principios do século XX (1910) e logo foi regalada a Afonso XIII con mente de construír nela unha residencia estival para o monarca, pero nunca chegou a construíla e o rei Xoan Carlos I devolveuna. Foi despoboada e así permanece. O 13 de xuño do 2002 foi incluída no parque nacional das Illas Atlánticas.
O 30 de agosto de 2007, cando foi expropiada pola Xunta de Galicia tralo pago dun xustiprezo de 1,8 millóns de euros, a illa volveu a ser de dominio público.[1][2][3]
[editar] Galería de imaxes
[editar] Notas
- ↑ A illa de Cortegada volve ser de dominio público. La Voz de Galicia (30-08-2007). Consultado o 31-08-2007.
- ↑ Cortegada recuperou hoxe a titularidade pública despois de cen anos en mans privadas. Xeración Web (31-08-2007). Consultado o 01-09-2007.
- ↑ Cortegada xa é dos cidadáns. Galicia Hoxe (3-09-2007). Consultado o 03-09-2007.
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Fernández de la Cigoña, Estanislao (1991), Illas de Galicia. Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada, Vigo. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-582-7.
[editar] Ligazóns externas
|
||||||||||||||||||||